Na area da saúde, profilaxe, do grego prophýlaxis (προφὑλαζις), cautela, é a aplicación de medios tendentes a evitar as doenzas ou a súa propagación

Principios

editar

Unha doenza ten un ou máis axentes causantes. Estes necesitan dalgunha maneira interaccionar co organismo para xerar a doenza, e a doenza pode dar noutras doenzas. Por exemplo, a bulimia pode dar nunha perda da menstruación (amenorrea) ou a deterioración do esmalte dos dentes, así mesmo pode provocar pneumonías por aspiración do vómito ou alteracións gástricas, con dilatacións e mesmo rotura do esófago, así como alteracións no páncreas (pancreatite).

Calquera medida de saúde que procure impedir esta interacción ou estado anormal no organismo coñécese como medidas profilácticas ou medicina preventiva, mentres que o uso de medicamentos con efectos antimicrobianos co fin de previr a infección se chama profilaxe antimicrobiana.

Patóxeno

editar
 
Peste bubónica, doenza suxeita a profilaxe

Chámase patóxeno a un axente potencialmente agresivo ao ser humano. Por exemplo, unha bacteria ou un virus poden ser patóxenos. Tamén son, polo mesmo concepto, unha bala de revólver, un contaminante ambiental, un xene mal formado etc.

Hospedeiro

editar

O hospedeiro da doenza é o home. As medidas que tratan de evitar a agresión dos patóxenos tamén son exemplos de medidas profilácticas contra as doenzas.

Vacinación

editar
 
Varíola Doenza erradicada pola vacinación profiláctica

Un exemplo desta situación é a utilización de vacinas.

  • O sistema inmunitario humano recoñece algúns elementos externos e desencadea unha reacción de defensa contra eles. Isto é estudado pola inmunoloxía. Nun primeiro contacto cun destes elementos, ocorren unha serie de reaccións orgánicas, que adoitan demorarse en xeral algúns días, ata a eliminación ou neutralización do axente agresor. Nun eventual segundo contacto, o tempo de resposta diminúe, sendo ás veces de horas.
    • Doenzas como o sarampelo e a varíola ocorren só unha vez na vida do individuo, xa que esta resposta inmunolóxica mantense por tempo indeterminado.
    • Outras doenzas, como unha infección urinaria por certas bacterias, ou a malaria, non desencadean unha resposta definitiva, podendo repetirse varias veces na vida do individuo.
    • Noutras doenzas ocorre unha resposta prolongada, mais non definitiva. A difteria e o tétano son exemplos de doenzas deste grupo.
  • Cando o organismo é artificialmente exposto a un patóxeno debilitado ou morto, ou aínda a partes do patóxeno morto, coa finalidade de preparar o organismo para o contacto futuro co axente agresor natural, chámase vacinación. Só é posible vacinar as doenzas que desencadean resposta inmune prolongada ou definitiva.
    • Unha doenza que xa non existe grazas á vacinación, aínda que o virus se conserva nalgún laboratorio, é a varíola.
    • Unha doenza que diminuíu drasticamente foi a poliomielite, grazas a unha campaña de vacinación continua en practicamente todos os países do mundo.

Historia

editar

Moito antes de que a sociedade entendese os mecanismos da infección, a observación mostrou unha serie de medidas profilácticas eficientes:

  • Os primeiros libros da Biblia conteñen unha serie de recomendacións transmitidas por Moisés aos hebreos, pois segundo esta, recibe de Deus os Dez Mandamentos e un conxunto de leis relixiosas, sociais e alimentarias (Torá escrita e oral; en hebreo Toráh), o que fai que doenzas como a cisticercose diminúan ou deixen de ocorrer cando as persoas deixan de consumir carne de porco.
  • A circuncisión diminúe a doenza de cancro de pene, posiblemente por mellorar as condicións de hixiene íntima.
  • A observación da fidelidade conxugal, recomendada nas dúas táboas dos Dez Mandamentos, prevén doenzas sexualmente transmisibles do home á muller e viceversa.
 
Louis Pasteur, científico cuxos descubrimentos ampliaron moito as medidas de profilaxe nas infeccións
  • No principio da infectoloxía diminúe moito o número de infeccións puerperais, infeccións producidas no posparto inmediato debido a unha medida moi simple que é que os médicos pasaran a lavar as mans ao vir das salas de autopsia, antes de atenderen os partos. Mesmo descoñecendo a existencia de bacterias, estas primeiras medidas previron un gran número de mortes.

Non sempre as medidas profilácticas foron benvidas.

  • Un exemplo claro de gran diminución da incidencia de doenzas nunha poboación foi a reforma urbana ocorrida no inicio do Século XX, na cidade do Río de Xaneiro, coordinada polo prefecto Pereira Pasos e polo científico Oswaldo Cruz. As medidas, conducidas de maneira arbitraria, xeraron a chamada revolta da vacina.
  • Os defensores do Referendo sobre a prohibición da comercialización de armas de fogo e municións, ocorrido no Brasil o 23 de outubro de 2005, argumentaban que esta sería unha medida profiláctica contras as mortes por armas de fogo. Esta tese non foi suficiente para a aceptación desta medida por parte da poboación.
  • O filme Apocalipse Now, describe unha situación ficticia onde as forzas americanas promoven unha campaña de vacinación nos nenos nativos, o que provocou unha violenta reacción dos locais, con amputación dos membros vacinados. Aínda que ficticia, tal situación mostra a necesidade do respecto a cultura local cando da utilización de medidas profilácticas.

Durante o nazismo, debido aos conceptos de euxenesia que se cría na época, era considerada unha medida profiláctica "afastar" persoas consideradas incapaces física ou mentalmente, para que estas non fosen deixar descendentes coas súas mesmas taras, chegando inclusive ao punto da castración ou mesmo a morte destes individuos.

Exemplos de doenzas específicas suxeitas a profilaxe

editar

Profilaxe versus diagnóstico precoz

editar

Nun senso amplo, o diagnóstico precoz das doenzas é unha medida profiláctica, xa que permite iniciar un tratamento precoz, o que permite unha mudanza na evolución das mesmas.

Véxase tamén

editar