Abrir o menú principal

Presidente do Goberno de España

Xefe do Goberno de España

O Presidente do Goberno é o Xefe do Goberno de España. A elección do presidente realízase no Congreso dos Deputados, mediante un proceso chamado Investidura, tras ser elixido polo Congreso, é nomeado polo Rei ante o cal toma xuramento.

Presidencia do Goberno de España
Escudo oficial de España.png
Escudo nacional
Pedro Sánchez in 2018.jpg
Titular
Pedro Sánchez
Dende o 1 de xuño de 2018

TratamentoExcelentísimo señor
ResidenciaPalacio da Moncloa, Madrid
ÁmbitoReino de España
Designado porCongreso dos Deputados
Nomeado porRei de España
DuraciónCatro anos, sen límite de mandatos
Precedido porMariano Rajoy
Salario78.185 €/ano
Sitio webwww.lamoncloa.gob.es

As funcións do Presidente do Goberno están establecidas na Constitución Española nos artigos 97 ao 116. A residencia oficial e sede do Goberno é o Palacio da Moncloa en Madrid.

ElecciónEditar

A elección do Presidente non se realiza de forma directa polos electores, senón que se realiza de xeito indirecto polo poder lexislativo. Segundo as eleccións lexislativas que teñen lugar cada catro anos, o líder do partido maioritario, é normalmente proposto polo Rei como Presidente do Goberno, e logo é elixido polo Congreso dos Deputados. O Vicepresidente é elixido polo Rei como unha proposta do Presidente do Goberno.

InvestiduraEditar

 
O Palacio da Moncloa, sede da Presidencia do Goberno de España

Tras a elección pola maioría do Congreso dos Deputados, o candidato é nomeado Presidente do Goberno polo Rei nunha cerimonia de investidura que se celebra no Salón de Audiencias do Palacio da Zarzuela. Nesta cerimonia, o Presidente xura ou promete o cargo ante a presenza do Rei de España e do Notario Maior do Reino (Ministro de Xustiza).

Moción de Censura e Cuestión de ConfianzaEditar

O Presidente do Goberno, despois de deliberación do Consello de Ministros, pode solicitar ao Congreso un voto de confianza no seu programa ou declaración de política xeral.O Congreso de Deputados lle dá confianza cando vota a favor u nonha maioría simple dos Deputados. O Congreso dos Deputados pode destituír en calquera momento ó Presidente do Goberno a través dunha moción construtiva de desconfianza, que require o apoio da maioría do Congreso (polo menos a metade máis un dos membros que compoñen a cámara).

Tras 4 mocións de censura sen éxito o PSOE gañou a primeira o día 1 de xuño do 2018, facendo así a Pedro Sánchez presidente de España.

Presidentes do Goberno de España (1977 - actualidade)Editar

Nesta lista soamente se recollen os Presidentes do Goberno do período democrático posterior á ditadura de Francisco Franco. Para ver a lista completa de Presidentes do Goberno e do Consello de Ministros de España vaia a Lista de presidentes de España.

Lexislatura Data Inicial Data Final Nome Partido Imaxe
Constituínte 15 de xuño de 1977 11 de marzo de 1979 Adolfo Suárez González UCD  
Primeira Lexislatura 11 de marzo de 1979 29 de outubro de 1982 Adolfo Suárez González e Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo UCD  
Segunda Lexislatura 28 de outubro de 1982 22 de xuño de 1986 Felipe González Márquez PSOE  
Terceira Lexislatura 22 de xuño de 1986 29 de outubro de 1989 Felipe González Márquez PSOE  
Cuarta Lexislatura 29 de outubro de 1989 6 de xuño de 1993 Felipe González Márquez PSOE  
Quinta Lexislatura 6 de xuño de 1993 3 de marzo de 1996 Felipe González Márquez PSOE  
Sexta Lexislatura 3 de marzo de 1996 12 de marzo de 2000 José María Aznar López PP  
Sétima Lexislatura 12 de marzo de 2000 14 de marzo de 2004 José María Aznar López PP  
Oitava Lexislatura 14 de marzo de 2004 9 de marzo de 2008 José Luis Rodríguez Zapatero PSOE  
Novena Lexislatura 9 de marzo de 2008 20 de decembro de 2011 José Luis Rodríguez Zapatero PSOE  
Décima Lexislatura 20 de decembro de 2011 21 de decembro de 2015 Mariano Rajoy Brey PP  
Undécima Lexislatura Goberno en funcións
Mariano Rajoy Brey
PP  
Duodécima Lexislatura 30 de outubro de 2016 1 de xuño de 2018[1] Mariano Rajoy Brey Cesado PP  
Duodécima Lexislatura 1 de xuño de 2018[2] Pedro Sánchez PSOE  

NotasEditar

  1. Alberola, Miquel (1-6-2018). "Pedro Sánchez, presidente del Gobierno tras ganar la moción de censura a Rajoy". elpais.com (en castelán). Consultado o 26-9-2019. 
  2. Balado, Fran (01-06-2018). "Pedro Sánchez, presidente del Gobierno más minoritario de la historia". lavozdegalicia.es. Consultado o 01-06-2018. 

Véxase taménEditar