Posidoniáceas

familia de plantas

A das posidoniáceas, Posidoniaceae, é unha familia de plantas fanerógamas anxiospermas mariñas da orde das alismatales que se estenden polo mar Mediterráneo e pola costa sur de Australia.

A familia comprende un só xénero, Posidonia, con 9 especies admitidas na actualidade.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

Familia

editar

A familia foi descrita, segundo algúns autores, polo botánico británico Sydney Howard Vines,[2] ou, segundo outros, polo seu compatriota, tamén botánico e taxónomo, John Hutchinson.[3]

Xénero

editar

O xénero desribiuno en 1805 o paleontólogo e botánico alemán Karl Dietrich Eberhard König

Etimoloxía

editar

O nome Posidonia deriva de Poseidón (en grego antigo Ποσειδώνιος, Poseidōnios) deus, na mitoloxía grega, dos océanos e das augas.[4]

Especies

editar

A familia está constituída por un só xénero, Posidonia, que comprende, segundo a lista dos Reais Xardíns Botánicos de Kew, e máis o World Register of Marine Species,[2] as seguintes nove especies:[5]

Nota taxonómica

editar

A familia foi recoñecida polo APG II (2003), que lle asignou o número de familia 40.

Características

editar

Ecoloxía

editar

As especies desta familia están distribuídas no mar Mediterráneo e na costa sur de Australia. A única especie endémica do Mediterráneo é Posidonia oceanica.

En maio de 2006 achouse nas proximidades de Formentera, illas Baleares, un exemplar desta especie de 8 km de longo,[6] que é a planta máis grande coñecida, e o maior ser vivo (sen considerar os fungos); o seu ritmo de crecemento é de 2 cm por ano, e a súa idade estimouse en 100 000 anos.[7]

Esta especie esta en perigo a causa da Caulerpa taxifolia, xa que é velenosa e a pudre.

  1. Aires, T.; Marbà, N.; Cunha, R. L.; Kendrick, G. A.; Walker, D. I.; Serrão, E. A.; Duarte, C. M.; Arnaud-Haond, S. (17-01-2011). "Evolutionary history of the seagrass genus Posidonia". Marine Ecology Progress Series (Inter-Research Science Center) 421: 117–130. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Posidonia König, 1805 no WoRMS. Consultado o 12 de agosto de 2020.
  3. 3,0 3,1 Angiosperm Phylogeny Group (2009). "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III". Botanical Journal of the Linnean Society 161 (2): 105–121. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de maio de 2017. Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  4. "TRECCANI, LA CULTURA ITALIANA" (en italiano). Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  5. World Checklist of Selected Plant Families (WCSP) Arquivado 18 de agosto de 2020 en Wayback Machine.. Consultada o 12 de agosto de 2020.
  6. Localizan en Formentera el ser vivo más grande del mundo: una posidonia Arquivado 25 de abril de 2021 en Wayback Machine. en novaciencia.com (en castelán) Consultada o 12 de agosto de 2020
  7. As praderías submarinas do Mediterráneo absorben medio millón de toneladas de CO2 ao ano en El Mundo.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar