Ponte Carreira, Gafoi, Frades

lugar da parroquia de Gafoi, no concello de Frades



Ponte Carreira é un lugar da parroquia de Gafoi no concello coruñés de Frades, na comarca de Ordes. Segundo o IGE[1], en 2022 tiña 174 habitantes (85 homes e 89 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 2009 cando tiña 201 habitantes. Sitúase xunto a Ponte Carreira (Ledoira, do outro lado do rego do Porto) e A Ponte Carreira (Pastor, O Pino, do outro lado do río Tambre).

Ponte Carreira

Ponte Carreira.
ParroquiaGafoi
ConcelloFrades
Coordenadas43°01′12″N 8°14′56″O / 43.02, -8.2488888888889Coordenadas: 43°01′12″N 8°14′56″O / 43.02, -8.2488888888889
Poboación184 hab. (2023)
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Situación editar

Atópase a 26 km de Santiago de Compostela, a 55 da Coruña e a 18 de Ordes. Sitúase nun lombo do val do río Tambre, a uns 290 m de altitude. Recibe o nome por unha ponte que cruza o río. Os seus habitantes están concentrados arredor da vella estrada N-634 en vivendas dos anos 1960 e 1970 principalmente, cando esta vila tivo o seu maior desenvolvemento debido ao paso da estrada e ao aumento de volume do tráfico rodado.

Demografía editar

Gráfica de evolución demográfica de Ponte Carreira[2] entre 2000 e 2023

     Poboación de dereito segundo o padrón municipal do INE

Economía editar

Na actualidade, a vila actúa como centro da actividade económica e social da poboación do sur do concello de Frades, norte do concello do Pino e leste do concello de Oroso, contando con diversos bares e restaurantes, supermercados, tendas, pequenas industrias, centro de saúde, centro educativo, polideportivo e taxi.

Historia editar

Desde a metade do século XX, cando Ponte Carreira tivo un desenvolvemento espontáneo, houbo unha importante presión social por trasladar a capital municipal desde Cimadevila, a actual capital, -onde só hai un grupo de vivendas, a casa do concello, un bar e un tanatorio- ao lugar de Ponte Carreira (caso similar ao ocorrido no concello veciño de Oroso co núcleo de Sigüeiro).

O desenvolvemento da vila viuse truncado na década de 1990, cando a N-634 foi desviada do centro da vila, decaendo a prosperidade do lugar.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Gafoi editar

Lugares da parroquia de Gafoi no concello de Frades (A Coruña)

O Alto | A Carballeira | Os Currás | A Igrexa | As Lapelas | Ponte Carreira | O Raselo | Sibío | O Vilar

Parroquias de Frades editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Frades

Abellá (Santo Estevo) | Aiazo (San Pedro) | Añá (Santa María) | Céltigos (San Xulián) | Frades (San Martiño) | Gafoi (Santa Mariña) | Galegos (San Martiño) | Ledoira (San Martiño) | Mesos (San Salvador) | Moar (Santaia) | Papucín (Santa María) | Vitre (San Xoán)

Notas editar

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  2. Datos do INE.