Ledoira, Frades
San Martiño de Ledoira é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Frades. Segundo o IGE en 2018 tiña 146 habitantes (73 mulleres e 73 homes)[2]. Ten dez entidades de poboación.
Ledoira | |
---|---|
![]() Ledoira. | |
Concello | Frades[1] |
Provincia | A Coruña |
Área | 5,66 km² |
Poboación | 146 hab. (2018) |
Densidade | 25,8 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
SituaciónEditar
Situada ao sueste do concello de Frades, linda ao suroeste co Pino e ao sur con Arzúa. Dentro do termo municipal fai o propio con Vitre ao norte, con Céltigos ao nordés, con Añá ao sueste e con Gafoi ao oeste.
A súa orografía vai condicionada polo río Tambre, que polo sur fai as funcións de límite municipal, sendo o principal curso fluvial, ao que verten as súas augas os regatos do Pío e do Porto. Na zona norte da parroquia está o Monte de Vara, con cotas que roldan os 385 m, e as cotas máis baixas están no sur, nas beiras do río Tambre, que apenas alcanzan os 300 m.
DemografíaEditar
Gráfica de evolución demográfica de Ledoira, Frades entre 2000 e 2018 |
![]() |
CulturaEditar
PatrimonioEditar
A igrexa parroquial ten características construtivas similares ás da zona: planta rectangular con sancristía engadida nun lateral, e unha única nave; muros de carga de cachotería recebada e pintada de branco; vans escasos e de pequenas dimensións, cun esquema compositivo da fachada concentrando os elementos –porta, fiestra e espadana– nun mesmo eixo lonxitudinal central; cuberta de tella a dúas augas, e elementos ornamentais practicamente inexistentes. Estes últimos limítanse a unha serie de pezas de cantería rodeando a porta principal, unha moldura curva no cornixamento e unha espadana decorativa dun só corpo e dous arcos rematada en pináculos con bólas e cruz.
TurismoEditar
A area recreativa da Presa conta cunha praia fluvial, aproveitando a presenza dunha represa no río Tambre. O espazo conta con fonte, varias mesas e unha grella.
FestasEditar
As festas que se celebran son o Carme o primeiro domingo de agosto, o San Martiño a segunda fin de semana de novembro, e a xuntanza parroquial o primeiro domingo de xullo.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de LedoiraEditar
Lugares da parroquia de Ledoira no concello de Frades (A Coruña) | |
---|---|
O Covelo | A Figueira | Fonte Maior | A Igrexa | Ponte Carreira | As Quintás | Receá | Ribadas | O Vilar | Vilorín |
Parroquias de FradesEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Ledoira na web do concello de Frades