Placopecten magellanicus

especie de molusco

Placopecten magellanicus

Placopecten magellanicus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Ostreida
Suborde: Pectinina
Superfamilia: Pectinoidea
Familia: Pectinidae
Subfamilia: Palliolinae
Tribo: Palliolini
Xénero: Placopecten
Verrill, 1897
Especie: P. magellanicus
Nome binomial
Placopecten magellanicus
(Gmelin, 1791)
Sinonimia
Véxase o texto

Placopecten magellanicus é unha especie de molusco bivalvo mariño da subclase dos pteriomorfios, orde dos ostreidos, superfamilia dos pectinoideos, familia dos pectínidos, subfamilia dos paliolinos e tribo dos paliolininos, a única integrante do xénero Placopecten.[1][2][3]

Valva inferior de Placoplecten magellanicus.
Cuncha de Placoplecten magellanicus de 95 mm de lonxitude.

Trátase dunha especie comercialmente importante propia do noroeste do océano Atlántico.[4]

Taxonomía editar

Descrición editar

Xénero editar

O xénero foi descrito en 1897 polo zoólogo estadounidense Addison Emery Verrill.[1][2][3]

Especie editar

A especie foi descrita en 1791 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin, baixo o nome Ostrea magellanica,[1][2][5] nas páxinas 3317-3318 da súa obra Caroli a Linné systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis ... Editio decima tertia, aucta, reformata. Georg Emanuel Beer, Leipzig 1788–1793. Volume 1. Parte 6: Vermes.

Etimoloxía editar

Xénero editar

O nome do xénero, Placopecten, está formado polo elemento do latín científico placo-, derivado do grego antigo πλακ-, tirado do subatantivo πλάξ, πλακός pláks, plakós, "planicie", "chaira", unido ao nome do xénero Pecten, en alusión á que en forma e tamaño é semellante a outras especies grandes do xénero Pecten, especialmente a Pecten maximus,[6] pero coa cuncha moito menos estriada, máis plana.

Especie editar

O epíteto específico, magellanicus, está formado sobre a raíz do xenitivo magellanicī, do apelido latinizado, magellanicus, do navegante portugués Fernão de Magalhães (1470–1521) engadindo o sufixo do latín científico -icus, "referido a".

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1][2]

  • Ostrea magellanica Gmelin, 1791 (protónimo)
  • Pecten magellanicus (Gmelin, 1791)
  • Pecten tenuicostatus Mighels & C. B. Adams, 1842

Especie editar

O xénero Placopecten é un taxon monotípico, é dicir que, como quedou dito, está integrado por unha soa especie:

  • Placopecten magellanicus.

Características editar

A cuncha desta vieira ten unha forma clásica, pero cos bordos lisos, a diferenza de Pecten maximus, que ten estrías e os bordos ondulados. O seu tamaño é de ao redor de 80 mm, pero hai individuos de até os 170 mm de diámetro. A cuncha é xeralmente de cor vermella rosada, cuns debuxo raiado con tonalidases máis escuroa que aparecen en moitos espécimes. O músculo adutor (a "carne" propiamente dita deste molusco) é grande, moitas veces de 30 a 40 mm de diámetro. Como todas as vieiras, P. magellanicus ten numerosos ollos fotorreceptores ao longo do bordo do seu manto rosado.[7]

Distribución e hábitat editar

Placopecten magellanicus encóntrase na plataforma continental do Atlántico noroeste, desde a costa norte do golfo de San Lourenzo até o cabo Hatteras, en Carolina do Norte.[8]

Estas vieiras mariñas xeralmente atópanse a profundidades que oscilan entre os 18 e os 110 m, pero tamén poden encontrarse en augas tan pouco profundas como até os 2 m en estuarios ao longo da costa de Maine e no Canadá. Na zonas máis ao sur encóntranse principalmente a profundidades entre os 45 e os 75 m, e son menos comúns en augas pouco profundas (25–45 m) debido á alta temperatura. Aínda que e especie non é común a profundidades maiores dos 110 m, encontráronse algunhas poboacións tan profundas como 384 m, e se comunicaron poboacións de augas profundas a 170–180 m no golfo de Maine. Esta vieira a miúdo podn encontrarse en agregados de numerosos individuos, chamadas leitos. Estas camas poden seren esporádicas (quizais duran algúns anos) ou esencialmente permanentes (por exemplo, camas comerciais na pescaría Georges Bank). A concentración máis alta de moitos leitos permanentes parece corresponder a áreas de temperaturas adecuadas, dispoñibilidade de alimentos, substrato adecuado e onde as características oceanográficas físicas poden manter estadios larvais na veciñanza da poboación de desova.[8]

As vieiras adultas encóntranse xeralmente sobre fondos de area firme, grava, cuncheiros e rochas. Entre os invertebrados asociados ás camas de vieiras están esponxas, hidrozoos, anemones, briozoos, poliquetos, mexillóns, cornos, anfípodos, cangrexos, lagostas, estrelas de mar, holoturias e tunicados.[8]

Sostibilidade da pesca editar

Segundo a National Oceanic and Atmospheric Administration dos Estados Unidos (NOAA), a pesca desta vieira do Atlántico goza de boa saúde e recóllese a niveis sostíbeis. A pesca desta vieira é a maior pesca de vieiras salvaxes para acuicultura do mundo. En 2008 colleitáronse nos Estados Unidos 53,5 millóns de libras de carne de vieira por valor de 370 millóns de dólares. Massachusetts e Nova Jersey son os estados onde se produciu a maioría da colleita dos Estados Unidos.[9]

O Seafood Watch (Observatorio de mariscos) do Monterey Bay Aquarium enumera estas vieiras como unha "boa alternativa", a súa segunda mellor clualificación.[10] Porén, esta especie está na lista vermella de Greenpeace porque afirma que se están a pescar excesivamente as existencias de vieiras, e que os métodos de pesca empregados están destruíndo os corais e as esponxas. Ademais, segundo Greenpeace, a pesca de vieiras mata case 1 000 tartarugas mariñas ao ano.[11]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Placoecten Verrill, 1897 no WoRMS. Consultado o 4 de febreiro de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Placopecten magellanicus (Gmelin, 1791) no WoRMS.
  3. 3,0 3,1 Placopecten Verrill, 1897 no ITIS.
  4. Barucca, M.; Olmo E.; Schiaparelli, S. & Canapa, A. (2004): "Molecular phylogeny of the family Pectinidae (Mollusca: Bivalvia) based on mitochondrial 16S and 12S rRNA genes". Mol. Phylogenet. Evol. 31 (1): 89-95.
  5. Placopecten magellanicus (Gmelin, 1791) no ITIS.
  6. Percy A. Morris (2001): A Field Guide to Shells: Atlantic and Gulf Coasts and the West Indies. Boston, Massachusetts, EE. UU.: Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 0-618-16439-1, p. 28.
  7. Mullen, D. M. & J. R. Moring (1986): Species profiles: life histories and environmental requi rernents of coastal fishes and invertebrates (North Atlantic) - sea scallop. U. S. Fish Wildl. Serv. Biol. Rep. 82 (11.67). U.S. Army Corps of Engineers, TR EL- 82-4. 13 pp.
  8. 8,0 8,1 8,2 NOAA (2004). Sea Scallop, Placopecten magellanicus, Life History and Habitat Characteristics (PDF) (2 ed.). U. S. DEPARTMENT OF COMMERCE. pp. 1–6. Consultado o 08/11/10. 
  9. Atlantic sea scallop NOAA FishWatch. Consultada o 4 dee febreiro de 2020.
  10. Monterey Bay Aquarium. Seafood Watch. Scallop Recommendations Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine..
  11. Greenpeace. Org. USA.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Abbott, R. T. & Morris, P. A. (1995): A Field Guide to Shells: Atlantic and Gulf Coasts and the West Indies. Nova York, [[Estado de Nova York|NY], USA: Houghton Mifflin. ISBN 978-0-3956-9779-5.
  • Raines, B. K. & Poppe, G. T. (2006): "The Family Pectinidae". En: Poppe, G. T. & Groh, K.: A Conchological Iconography. , Hackenheim: ConchBooks. ISBN 3-9259-1978-3.
  • Bieler R., Carter J. G. & Coan E. V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184, pp. 113–133,.
  • Dijkstra H. H. & Maestrati P. (2012): "Pectinoidea (Mollusca, Bivalvia, Propeamussiidae, Cyclochlamydidae n. fam., Entoliidae and Pectinidae) from the Vanuatu Archipelago". Zoosystema 34 (2): 389-408.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar