Addison Emery Verrill

zoólogo estadounidense (1839–1926)

Addison Emery Verrill, nado en Greenwood (Maine) o 9 de febreiro de 1839 e finado en Santa Bárbara (California) o 10 de decembro de 1926, foi un zoólogo estadounidense.

Modelo:BiografíaAddison Emery Verrill

Fotografía de A. E. Verrill, e sinatura
Biografía
Nacemento9 de febreiro de 1839 Editar o valor en Wikidata
Greenwood, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte10 de decembro de 1926 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Santa Bárbara
EducaciónUniversidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónzoólogo, xeólogo, malacólogo, coleccionista de animais Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Yale
Membro de
AlumnosKatharine Jeannette Bush (pt) Traducir e Wesley Roswell Coe (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaVerrill Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeFlora L. Verrill (nada Smith) Editar o valor en Wikidata
Fillos6, entre eles Alpheus Hyatt Verrill Editar o valor en Wikidata
Premios
Membro da Academia de Artes e Ciencias de Connecticut
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1150750

Traxectoria

editar

Verrill estudou zooloxía baixo a dirección de Louis Agassiz na Universidade Harvard, na que se licenciou en 1862. Sendo aínda estudante fixo viaxes de recolección científica con Alpheus Hyatt e Nathaniel Shaler no verán de 1860 a Trenton Point e á illa de Mount Desert, ambas localizades no Maine,[1] e no verán de 1861 á illa de Anticosti e ao Labrador (Canadá).[2]

En 1861, mentres estaba baixo a dirección de Louis Agassiz en Harvard, foi enviado a Washington DC para obter exemplares da Smithsonian Institution e promover relacións e interese amigables entre os científicos de Washington e os de Harvard, para fornecer o Museum of Comparative Zoology (Museo de Zooloxía Comaparada) desta universidade.[3]

Xa graduado en Harvard, en 1864 realizou varios informes sobre propiedades mineiras ou minas potenciais nos estados de Nova Hampshire, Nova York e Pensilvania.[4] Nese mesmo ano aceptou un posto como primeiro profesor de Zooloxía na Sheffield Scientific School da Universidade Yale,[5] onde ensinou desde 1864 até a súa xubilación en 1907.

Baixo a dirección do profesor Spencer Fullerton Baird, Verrill estivo case tres meses traballando nas coleccións de corais da Smithsonian. O proceso de revisión da colección requiriu identificar varias especies, seleccionar exemplares tipo e constituír un conxunto de duplicados para seren enviados ao Museo de Harvard.[3] Mentres estivo en Washington, coñeceu e estableceu amizades con moitos científicos distinguidos.[6] A amizade que Verrill e o profesor Baird desenvolveron, levaron ao nomeamento de Verrill como axudante da United States Fish Commission (Comisión de Peixes dos Estados Unidos) en 1871.[7] Neste papel, que mantivo até 1887, Verrill foi o responsábel das investigacións mariñas e de todas as coleccións de invertebrados. Varios centenares de miles de exemplares recollidos entre 1871 e 1887 foron enviados a New Haven para que Verrill os clasificara, identificara, catalogara e etiquetara. Como compensación parcial polo seu traballo, despois de que o primeiro conxunto de exemplares tipo fose enviado á Smithsonian, autorizouse a manter o primeiro conxunto de duplicados como propiedade persoal. Á súa xubilación vendeu esta colección persoal ao Museo Yale Peabody de Historia Natural, onde agora forman parte da colección de Invertebrados.[8]

Entre 1868 e 1870 foi profesor de Anatomía e Entomoloxía comparadas na Universidade de Wisconsin. A partir de 1860, Verrill investigou a fauna invertebrada da costa atlántica, con especial referencia aos corais, anélidos, equinodermos e moluscos, e converteuse na máxima autoridade dos cefalópodos vivos, especialmente a lura xigante do Atlántico norte.

O seu informe sobre os Invertebrate Animals of Vineyard Sound (1874), con Sidney Irving Smith, con cuxa irmá casou, é un manual estándar da zooloxía mariña do sur de Nova Inglaterra.

Posteriormente, explorou cos seus alumnos a xeoloxía e os animais mariños das Illas Bermudas. Además de moitas outras memorias e artigos sobre os temas mencionados anteriormente, publicou The Bermuda Islands (1902; segunda edición, 1907).[9]


Verrill publicou máis de 350 traballos e monografías, e describiu máis de 1 000 especies de animais en practicamente todos os grandes grupos da taxonomía. Foi membro da Academia de Artes e Ciencias de Connecticut.

En 1959, o Museo Peabody de Yale estableceu a "Medalla de Addison Emery Verrill", concedida por logros en Ciencias Naturais.

Abreviatura

editar

As abreviaturas Verrill e A. E. Verrill, emprégase para recoñecer a Addison Emery Verrill como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Familia

editar

O seu fillo, Alpheus Hyatt Verrill, coñecido como Hyatt Verrill, (1871–1954) foi zoólogo, arqueólogo, explorador, inventor, ilustrador e autor.

  1. Verrill, George Elliot (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Santa Barbara, CA: Pacific Coast Publishing. p. 42. Consultado o 5 de febreiro de 2020. 
  2. Verrill, George Elliot (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Santa Barbara, CA: Pacific Coast Publishing. p. 55. Consultado o 5 de febreiro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Verrill, George E. (1958). The Ancestry, Life and Work of Addison E. Verrill of Yale University. Santa Barbara, California: Pacific Coast Publishing. pp. 43. 
  4. Verrill, George Elliot (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Santa Barbara, CA: Pacific Coast Publishing. p. 57. Consultado o 5 de febreiro de 2020. 
  5. Dingus, Lowell (2018). King of the Dinosaur Hunters : the life of John Bell Hatcher and the discoveries that shaped paleontology. Pegasus Books. ISBN 978-1-6817-7865-5.  p. 8.
  6. Verrill, George E. (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Pacific Coast Pub. Co. p. 45. OCLC 427636826. 
  7. Verrill, George E. (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Pacific Coast Pub. Co. p. 65. OCLC 427636826. 
  8. Verrill, George E. (1958). The ancestry, life and work of Addison E. Verrill of Yale University. Pacific Coast Pub. Co. p. 68. OCLC 427636826. 
  9. Verrill, Addison Emery (1902): "The Bermuda Islands: Their Scenery, Climate, Productions, Physiography, Natural History and Geology: With Sketches of Their Early History and the Changes Due to Man". Transactions of the Connecticut Academy of Arts and Sciences. Vol. 11.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Coe, Wesley R. (1927). "Addison Emery Verrill: Pioneer Zoologist". Science 66 (1697): 28–29. 
  • Coe, W. R. (1929). "Biographical memoir of Addison Emery Verrill 1839-1926". National Academy of Sciences of the United States of America. Biographical Memoirs. XIV (2): 19-66. PDF
  • Coe, Wesley R. (1932). "Addison Emery Verrill (1839-1926)" (PDF). Biographical Memoirs (National Academy of Sciences) 14 (2). 
  • Sterling, Keir B., ed. (1997). "Verrill, Addison Emery". Biographical Dictionary of American and Canadian Naturalists and Environmentalists. Greenwood Press. 
  • Verrill, George Elliot (1958). The Ancestry, Life and Work of Addison E. Verrill of Yale University. Santa Barbara, Calif.: Pacific Coast Pub. Co.