Alpheus Hyatt Verrill

escritor estadounidense

Alpheus Hyatt Verrill , nado o 23 de xullo de 1871 en New Haven, Connecticut, e finado o 14 de novembro de 1954 en Chiefland, Florida, coñecido como A. Hyatt Verrill ou soamente como Hyatt Verrill, foi un zoólogo, explorador, inventor, ilustrador e autor estadounidense.

Modelo:BiografíaAlpheus Hyatt Verrill

A. Hyatt Verrill contra 1927
Biografía
Nacemento23 de xullo de 1871
New Haven, Connecticut
Morte14 de novembro de 1954
Chiefland, Florida
Outros nomesRay Ainsbury
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónUniversidade Yale
Actividade
Campo de traballoZooloxía, literatura, ilustración e ciencia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, explorador, zoólogo, ilustrador, inventor
Período de actividade1912 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticodivulgación científica
ciencia ficción
Linguainglés
Familia
CónxuxeKathryn L. McCarthy (1892)
Lida Ruth Shawn (1944) Editar o valor en Wikidata
PaisAddison Emery Verrill Editar o valor en Wikidata  e Flora L. Verrill Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1220676 Find a Grave: 6925027 Editar o valor en Wikidata

Foi un dos seis fillos do primeiro profesor de Zooloxía da Universidade Yale, Addison Emery Verrill e da súa esposa Flora L. Verrill (nacida Smith), que lle deron o seu nome en honor dun compañeiro de estudos de seu pai, Alpheus Hyatt.

Foi o autor de moitos libros sobre historia natural e de numerosas obras de ciencia ficción.

Traxectoria

editar

A. Hyatt Verrill escribiu sobre unha ampla variedade de temas, que inclúen a historia natural, a literatura de viaxes, a radio e a caza de baleas. Participou en varias expedicións arqueolóxicas nas Antillas, Suramérica e América Central. Viaxou extensamente polas Antillas, e por todas as Américas, do norte, do centro e do sur. Theodore Roosevelt declarou: «Foi o meu amigo Verrill quen realmente puxo ás Indias Occidentais no mapa».

Durante 1896 se traballou como editor de historia natural do Webster's International Dictionary, e tamén como ilustrador de obras de divulgación científica e de moitos dos seus propios escritos. Interesado nestas artes gráficas (formouse na Escola de Belas Artes da Universidade Yale e, ademais, recibiu clases de zooloxía organizados polo seu propio pai). En 1902, A. Hyatt Verrill inventou un proceso autócromo de fotografía en cores naturais.

Entre os seus escritos encóntranse moitos traballos de ciencia ficción, incluíndo vint e seis delos publicados en Amazing Stories. Á súa morte, P. Schuyler Miller sinalou que Hyatt Verrill «foi un dos escritores máis prolíficos e exitosos do noso tempo», con 115 libros no seu haber, así como «artigos en innumerábeis periódicos».[1] E. F. Bleiler describiu as súas historias de "Mundos perdidos" como «non só máis instruídas que a maioría das da súa competencia, se non avasaladoras".[2]

A. Hyatt Verrill casaou dúas veces; primeiro, en 1892, con Kathryn L. McCarthy, coa que tivo polo menos catro fillos e, despois, en 1944, con Lida Ruth Shawn.

A súa obra When the Moon Ran Wild (1962) publicouse póstumamente usando o pseudónimo de Ray Ainsbury.

Críticas

editar

Os libros de A. Hyatt Verrill foron eloxiados polo seu entretido estilo de escritura, pero foron criticados por biólogos como Joel Hedgpeth, por conter "extravagantes mentiras" para atraer aos lectores máis xoves.[3] Especialistas en xenética tamén describiron o seu estilo como ameno, como H. Bentley Glass, pero que escribiu que Hyatt Verrill escribira unha serie de divertidas obras, como Strange Prehistoric Animals and Their Stories, que estaba pragada de erros e o que pasaba como feito nl libro era "dificilmente distinguíbel" da ficción.[4] Lionel Walford, biólogo mariño, escribiu nunha recensión sobre Wonder Creatures of the Sea de A. Hyatt Verrill, na que di que a cualidade literaria está "anulada pola súa falta de fiabilidade científica".[5]

Outras recensións foron positivas.[6][7] E, por exemplo, o seu Harper's Book for Young Naturalists foi descrito como un libro fidedigno e un "valioso manual para a biblioteca do fogar ou da escola".[8]

Algunhas publicacións

editar
 
Portada da revista Amazing Stories do mes de outubro de 1926, que incluíu unha primeira achega da obra de A. Hyatt Verrill, "Beyond the Pole"
 
O conto curto de A. Hyatt Verrill, "The Man Who Could Vanish", ilustrou a portada do número de xaneiro de 1927 de Amazing Stories
 
O conto de A. Hyatt Verrill, "The World of the Giant Ants" foi a portada deonúmero de outono de 1928 de Amazing Stories Quarterly
 
Outra achega dunha serie de A. Hyatt Verrill, The Inner World, na portada de xullo de 1935 de Amazing Stories

Non ficción

editar
  • A-B-C of Automobile Driving (1916)
  • Along New England Shores (1936)
  • America's Ancient Civilizations (con Ruth Verrill) (1953)
  • The Book of the West Indies (1917, 1919)
  • The Book of the Sailboat: How to rig, sail and handle small boats (1916)
  • The Boy Collector's Handbook (1915)
  • The Boy's Book of Buccaneeers (1927)
  • The Boy's Book of Whalers (1927)
  • Cuba Past and Present (1928)
  • Foods America Gave the World (1945)
  • Getting Together with Latin America (1918)
  • Great conquerors of South and Central America (1943)
  • Harper's Book for Young Gardeners (1914)
  • Harper's Book for Young Naturalists
  • Harper's Gasoline Engine Book (1914)
  • Harper's Wireless Book (1913)
  • The Heart of Old New England (1936)
  • The Home Radio: How to Use and Make It (1922)
  • The Incas' Treasure Cove (1932)
  • The Inquisition (1931)
  • Islands and Their Mysteries
  • Islands of Spice and Palm (1915)
  • Jamaica of Today (1931)
  • Knots, Splices and Rope Work (1912; 1946)
  • Lost Treasure: True Tales of Hidden Hoards (1930)
  • Minerals, Metals and Gems (1939)
  • My Jungle Trails (1937, 1941)
  • The Ocean and Its Mysteries (1917)
  • Perfumes and Spices (1940)
  • Precious Stones and Their Stories
  • Rivers and Their Mysteries
  • Romantic and Historic Virginia (1935)
  • Romantic and Historic Florida (1935)
  • Secret Treasure: Hidden Riches of the British Isles (1931)
  • Shell Collector's Handbook (1950)
  • Strange Animals and Their Stories (1939)
  • Strange Birds and Their Stories (1938)
  • Strange Creatures of the Sea (1955, 1959)
  • Strange Customs, Manners and Beliefs (1946, 1969)
  • Strange Fish and Their Stories (1938, 1948)
  • Strange Insects and Their Stories (1938)
  • Strange Monsters and Their Stories
  • Strange Prehistoric Animals and Their Stories (1948)
  • Strange Reptiles and Their Stories (1937)
  • Strange Sea Shells and Their Stories (1950 [pero titulada na edición de 1938 como "Strange Birds"])
  • The Strange Story of Our Earth: A Panorama of the Growth of Our Planet as Revealed by the Sciences of Geology and Paleontology (1962)
  • They Found Gold; True Stories of Successful Treasure Hunts
  • Thirty Years in the Jungle (1929)
  • Under Peruvian Skies (1930?)
  • West Indies of Today (1931, 1937)
  • Wonder Creatures of the Sea (1940)
  • Wonder Plants and Plant Wonders (1939)
  • The Young Collector's Handbook (1948)
  • Never a Dull Moment: The Autobiography of A. Hyatt Verill (2008)

Ficción

editar
  • Beyond the Pole, Amazing Stories (outubro de 1926)
  • The Man Who Could Vanish, Amazing Stories (Xaneiro de 1927)
  • Plague of the Living Dead, Amazing Stories (abril de 1927)
  • The Voice from the Inner World (1927)
  • The World of the Giant Ants, Amazing Stories Quarterly (Outono de 1928)
  • The Bridge of Light, Amazing Stories Quarterly (Outono de 1929)
  • The Inner World, Amazing Stories (Xullo de 1935)
  • When the Moon Ran Wild (1962)
  1. "The Reference Library", Astounding Science Fiction, marzo de 1955, p. 152.
  2. Bleiler, Everett Franklin; Bleiler, Richard (1990). Science Fiction, the Early Years. Kent State University Press. p. 772. ISBN 0-87338-416-4. 
  3. Hedgpeth, Joel W. (1956): "Reviewed Work: Strange Creatures of the Sea". The Quarterly Review of Biology 31 (1): 42.
  4. Glass, Bentley (1949): "Reviewed Work: Strange Prehistoric Animals and Their Stories". The Quarterly Review of Biology 24 (2): 146.
  5. Walford, L. A. (1940): "Wonder Creatures of the Sea". Copeia 1940 (3): 209.
  6. Ackerknecht, Erwin H. (1946): "Reviewed Work: Strange Customs, Manners and Beliefs". The Quarterly Review of Biology 21 (4): 421.
  7. Smith, Ella Thea (1953): "Reviewed Work: The Strange Story of Our Earth: A Panorama of the Growth of Our Planet as Revealed by the Sciences of Geology and Paleontology". The Quarterly Review of Biology 28 (1): 41.
  8. Anonymous (1914): "Reviewed Work: Harper's Book for Young Naturalists". The Sewanee Review 22 (2): 255.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar