Plack

antiga moeda escocesa de billón
½ plack de Xacobe VI (1567-1625)
· IACOBVS · 6 · D · G · R · SCOTORVM ·; o rei con armadura e de a cabalo. · SPERO · MELIORA ·, escudo coroado.
½ plack. BI. 17 mm. 0,63 g. [1]

O plack (inglés: plack; gaélico escocés: plang), foi unha moeda escocesa de billón introducida por Xacobe III de Escocia (1460-1488), inicialmente cun valor de 4 peniques escoceses (1/60 da libra escocesa).[2][3][4]

O seu nome deriva do dunha moeda miúda francesa, a plaque[5], chamada así por estar cuñada nunha fina placa de metal.[2][6]

Historia editar

O creador do plack dentro do sistema monetario do Reino de Escocia foi Xacobe III.[2][3][4] Tratábase dunha moeda de billón con valor de 4 peniques, cun peso de 31,41 grans (2,03 gramos) e unha lei da aliaxe de 500/1000, cuñada na casa de moeda de Edimburgo.[7]

Continuaron coa emisión desta moeda Xacobe IV (1488-1513) e Xacobe V (1513-1542), quen baixou o contido en prata ata unha lei de 250/1000, aínda que mantendo o mesmo peso e o mesmo valor.[8][9]

Baixo María Estuardo (1542-1567) rebaixouse o seu peso a 29,44 grans e a lei a 83/1000, conservando o valor de 4 peniques.[10]

En tempos de Xacobe VI (1567-1625) cuñouse entre os anos 1583 e 1590 cunha lei de 250/1000 e subíuselle o valor ata os 8 peniques.[11] No entanto, en 1594 foi substituído polo coñecido como saltire plack ("plack do sautor"), chamado así pola cruz de Santo André do seu anverso, cun peso similar, unha lei novamente abaixada a 83/1000 e o valor inicial de catro peniques.[12][13][14]

Xacobe VI cuñou tamén o valor de medio plack.[14][15]

Notas editar

  1. "1 Rider - James VI 7th coinage". Numista.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Plack". En Frey, A. R. (1916). Páxina 184.
  3. 3,0 3,1 "Plack". En Martinori, E. (1915) Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Páxina 395.
  4. 4,0 4,1 "Plack". En Dictionary of the Scots Language. 2004. Scottish Language Dictionaries Ltd.
  5. "Plaque de Tournai". En Martinori, E. (1915) Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Páxina 397.
  6. Klütz, K. (2004).
  7. "1 Plack - James III". Numista.
  8. "1 Plack - James IV". Numista.
  9. "1 Plack - James V". Numista.
  10. "1 Plack - Mary I". Numista.
  11. "1 Plack - James VI". Numista.
  12. "Fourpenny Plack - James VI". Numista.
  13. "Coin (Obverse), saltire plack, from reign of James VI". National Museums Scotland.
  14. 14,0 14,1 Murray, J. K. R. (1972).
  15. "½ Plack - James VI". Numista.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar