Pilar Farjas Abadía, nada en Samper de Calanda en 1959, é unha médica e política galega do PPdeG.

Infotaula de personaPilar Farjas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Samper de Calanda, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspañola
EducaciónUniversidade de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMédica e política
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Zaragoza, licenciada en Socioloxía pola UNED, diplomada en Estudos Avanzados pola Universidade da Coruña e ten un mestrado en Bioestatística.[1] Nos anos noventa traballa xa de doutora na Coruña, primeiro nos servizos de Sanidade Exterior (1992), e logo como subdirectora de Protección da Saúde da Xunta de Galicia. En 1997 pasa a ser directora xeral de Saúde Pública, pero catro anos máis tarde, en 2001, regresa á atención médica na unidade de vacinas do servizo de medicina preventiva do Complexo Hospitalario da Coruña.

Ao ano seguinte, en 2002, sendo Ana Pastor ministra de Sanidade, convértese en directora executiva da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición. En 2004 regresa á Xunta de Galicia como xefa de gabinete de Henrique López Veiga. Ao ano seguinte, logo da derrota electoral do PPdeG, volve ao seu posto como funcionaria, ao exercer de xefa de servizo de Produtos sanitarios da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais.

Foi tamén concelleira na cidade da Coruña e deputada provincial, cargos que desempeñou até o seu nomeamento como conselleira de Sanidade en abril de 2009, no primeiro goberno da Xunta de Galiza presidida por Alberto Núñez Feijóo.

O 30 de decembro de 2011 foi nomeada Secretaria Xeral de Sanidade de España polo consello de ministros do goberno de Mariano Rajoy, co que abandonou a consellería. Permaneceu nese posto até a destitución de Ana Mato como ministra de Sanidade, cando dimitiu e volveu a Galicia a traballar como médica.


Predecesor:
María Xosé Rubio
  
conselleira de Sanidade
 
2009-2011
Sucesor:
Rocío Mosquera

Vida persoal editar

Está casada e ten dous fillos.

  1. Secretaria General de Sanidad y Consumo(en castelán)