Perper montenegrino

antiga moeda de Montenegro

Perper montenegrino †
Billete de 20 perpera100 perpera (1910)
Ámbito:
Principado de Montenegro.
Reino de Montenegro.
Fracción:1 perper = 100 para.
Moedas:- 1, 2, 10, 20 para.
- 1, 2, 5, 10, 20, 100 perpera.
Billetes:1, 2, 10, 20, 50, 100 perpera.
Emisor:Banco de Montenegro

O perper (en montenegrino: crnogorski perper, pl. perpera; en serbio cirílico: Црногорски перпер, pl. перпери) foi a unidade monetaria de Montenegro entre 1906 e 1918, dividido en 100 para.[1]

Tomou a súa denominación dunha moeda habitualmente utilizada no Mediterráneo oriental a partir do século XVII, baseada na moeda bizantina hyperpyron, e que xa fora moeda do Imperio Serbio.[2] En 1918 foi substituída polo dinar iugoslavo cando Montenegro pasou a formar parte do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos.[3]

Na derradeira década do século XX, as autoridades montenegrinas consideraron a posibilidade de retomar o perper como moeda do novo Estado independente, logo da disolución de Iugoslavia. Porén, finalmente se adoptou no seu lugar o marco alemán, posteriormente substituído polo euro.[3][4]

En 2002, o Banco Central de Montenegro, en conmemoración do primeiro aniversario do seu establecemento, recuñou unha réplica da serie orixinal de moedas con valores en perper e para.[5]

Moedas editar

En 1906 cuñouse na Casa da Moeda de Viena unha serie de moedas montenegrinas cos valores divisionarios de 1, 2, 10 e 20 para; as dúas primeiras de bronce e as outras dúas de níquel. A esta serie sumáronselle en 1909 as moedas de prata de 1 e de 5 perpera, e en 1910 as de 2 perpera. Neste último ano emitíronse tamén moedas de ouro de 10 e de 20 perpera, e unha tiraxe moi reducida (300 exemplares) de moedas de 100 perpera. As moedas de bronce e de prata reemitíronse en varias ocasións ata 1914.[6]

 
10 para de 1906

A serie de ouro de 1910 emitiuse con dúas variantes: na primeira, as lendas aluden Nicolao I como príncipe e na segunda como rei de Montenegro. Isto débese a que o 28 de agosto de 1910 o príncipe Nicolao foi proclamado rei de Montenegro.[7] Esta segunda serie conmemora, así mesmo, os cincuenta anos de Nicolao I ao principado.[1][6]

Actualmente, as moedas de 100 perpera están consideradas como a expresión máis refinada da numismática montenegrina. Descoñécese que cantidade destas moedas se conserva, aínda que os numismáticos estiman que son arredor de 150 exemplares, entre os que se inclúen os existentes en coleccións tan importantes como as do Ermitage, a American Numismatic Society, o Departamento de Moedas e Medallas do British Museum ou a Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos.[8] Estímase que deben conservarse varios exemplares en coleccións privadas montenegrinas e outras dúas están expostas no Museo do Diñeiro do Banco Central de Montenegro.[9] Nas poxas numismáticas, estas moedas acadan valores de entre 20.000 e 35.000 euros, en función do seu estado de conservación.[10][11][12]

Todas as moedas montenegrinas de prata e de ouro con valor de 1 perper e superiores son obra do gravador Stephan Schwartz.[6]

Valor Imaxe Metal Diámetro Peso Canto Anos
Principado de Montenegro
1 para

[13]

    BR 17 mm 1,66 g Liso 1906
2 para

[14]

    BR 19 mm 3,3 g Liso 1906

1908

10 para

[15]

    NI 19 mm 3 g Estriado 1906

1908

20 para

[16]

    NI 21 mm 4 g Estriado 1906

1908

1 perper

[17]

    AG 835 24 mm 5 g Estriado 1909
2 perpera

[18]

    AG 835 27 mm 10 g Lenda: *** БОГ * ЧУВА * ЦРНУ * ГОРУ 1910
5 perpera

[19]

    AG 900 34 mm 24 g Estriado 1909
10 perpera

[20]

    AU 900 19 mm 3,38 g 1910
20 perpera

[21]

    AU 900 21 mm 6,77 g 1910
100 perpera

[22]

  AU 900 34,5 mm 33,87 g 1910
Reino de Montenegro
1 para     BR 17 mm 1,66 g 1913

1914

2 para     BR 19 mm 3,33 g 1913

1914

10 para     NI 18,5 mm 3 g Estriado 1913

1914

20 para     NI 21 mm 4 g Estriado 1913

1914

1 perper     AG 835 23 mm 5 g Estriado 1912

1914

2 perpera     AG 835 27 mm 10 g Con lenda 1914
5 perpera     AU 900 36 mm 24 g 1912

1914

10 perpera     AU 900 19 mm 3,38 g 1910
20 perpera     AU 900 21,1 mm 6,77 g Con lenda 1910
100 perpera     AU 900 37 mm 33,87 g 1910

Billetes editar

En 1912 produciuse a emisión de billetes por parte do Tesouro de Montenegro composta polos valores de 1, 2, 5, 10, 50 e 100 perpera.[23] En 1914, o Goberno emitiu unha segunda serie, composta polos mesmos valores, aos que se lles engadiu o de 20 perpera.[24]

No transcurso da ocupación austríaca durante a primeira guerra munidal, as series emitidas anteriormente foron contraestampadas con cuños postos á man polos mandos do goberno do distrito militar.[25] En 1917, o exército austríaco emitiu vales convertibles con denominacións en perpera (1, 2, 5, 10, 20, 50 e 100 perpera) e en coroas (kronen), coa taxa de cambio de 2 perpera = 1 krone.[26]

O perper como moeda dixital editar

Artigo principal: Criptomoeda.

O perper dixital é unha moeda dixital descentralizada, carente dun banco central, e pode ser enviada de usuario a usuario na rede Peper peer-to-peer sen necesidade de intermediarios. As operacións son verificadas por nodos de rede a través da criptografía e rexístranse nun libro público distribuído chamado "cadea de bloques".[27][28][29]

O perper dixital creouno en 2019 Aleksandar-Sasha Kapisoda, un científico especializado na tecnoloxía dixital pertencente a unha empresa farmacéutica alemá. Kapisoda decidiu retomar a antiga moeda do Reino de Montenegro actualizada á tecnoloxía do século XXI e cedeu ao Estado de Montenegro os dereitos da propiedade intelectual. [27][28]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Perper". En Frey, A. R. (1916).
  2. "Perper". En Münzen Lexikon (Reppa.de)
  3. 3,0 3,1 "Money in Montenegro through history". Central Bank of Montenegro.
  4. "O euro fora da Europa". Banco Central Europeu.
  5. "Commemorative Montenegrin coins issued on the occasion of celebrating the first anniversary of the CBCG establishment (2002)". Central Bank of Montenegro.
  6. 6,0 6,1 6,2 "Coins from Montenegro: Perper (1906-1918)". Numista.com
  7. "King Nicholas I of Montenegro". Royal.myorigins.org
  8. "100 Perpera, Montenegro, 1910". National Museum of American History.
  9. "Permanent exhibition „From Perper to Euro”". Money Museum. Central Bank of Montenegro.
  10. "Priča o crnogorskim perperima: Više od novca!": En Mondo. 26 de outubro de 2016.
  11. Brzić, Aleksandar N. (2001). "Rariteti jugoslovenske moderne numizmatike na stranim aukcijama: 100 perpera iz 1910 god". En Dinar 16. Páxinas 14-16.
  12. "Lot 251: Nicola I, 1910-1918. 100 Perpera 1910". Numisbids.com
  13. "1 Para - Nikola I". Numista.com
  14. "2 Pare - Nikola I". Numista.com
  15. "10 Para - Nikola I". Numista.com
  16. "20 Para - Nikola I". Numista.com
  17. "1 Perper - Nikola I". Numista.com
  18. "2 Perpera - Nikola I". Numista.com
  19. "5 Perpera - Nikola I". Numista.com
  20. "10 Perpera - Nikola I". Numista.com
  21. "20 Perpera - Nikola I". Numista.com
  22. "100 Perpera - Nikola I". Numista.com
  23. Serie de 1912: 1, 2, 5, 10, 50 e 100 perpera. Banknote.ws
  24. Serie de 1914: 1, 2, 5, 10, 20, 50 e 100 perpera. Banknote.ws
  25. "Montenegro: Military - WWI". Banknote.ws
  26. Billetes convertibles (emisión militar de 1917): 1, 2, 5, 10, 20, 50 e 100 perpera. Banknote.ws
  27. 27,0 27,1 "Montenegrin Perper Becomes Digital Currency". En Total Montenegro News. 6 de xaneiro de 2019.
  28. 28,0 28,1 "Perper has become a digital currency". En CDM. 1 de xuño de 2019.
  29. "Perper. The Cryptocurrency of Montenegro". www.perper.digital

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar