Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos

museo numismático nacional dos EEUU

A Colección Numismática Nacional é un gabinete de moedas e medallas de titularidade pública dos Estados Unidos, que forma parte da parte do Museo Nacional de Historia Americana, do Instituto Smithsoniano.[1][2]

Colección Numismática Nacional dos EEUU
National Numismatic Collection
Esbozo dunha moeda de Christian Gobrecht
gravador xefe da US Mint.
Coordenadas38°53′15″N 77°01′48″O / 38.88750, -77.03000
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
CidadeWashington, D.C.
DirectorEllen Feingold (conservadora do museo)
Na rede
http://americanhistory.si.edu/collections/numismatics/
editar datos en Wikidata ]

Fondos e exposición editar

Trátase dunha das coleccións numismáticas máis grandes do mundo e abrangue non só moedas e medallas senón tamén billetes, probas numismáticas, documentos e outros elementos relacionados. Ten un fondo de arredor de 1.600.000 obxectos, entre eles 450.000 moedas, medallas e condecoracións, e 1.100.000 exemplares de billetes.[1][2]

Uns 26.000 obxectos dos que compoñen a colección foron doados á Colección Numismática Nacional o 16 de xaneiro de 1978 polo banco Chase Manhattan, logo da clausura do museo numismático desta institución bancaria (Chase Manhattan Money Museum) en 1977.[3][4]

Ata 2004, a exposición na que se integraba a colección era a única sobrevivente da disposición orixinaria do Museo Nacional de Historia Americana de 1964. A finais de 2004, aquela exposición foi clausurada e a colección regresou ás cámaras acoirazadas do Instituto Smithsoniano. Hoxe só se amosan ao público unhas poucas decenas das súas pezas máis representativas.[5]

Pezas máis salientables editar

 
Dólar Continental de 1776, que forma parte da colección

Entre as pezas que forman parte da colección cómpre destacar as seguintes:

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "The National Numismatic Collection". National Museum of American History.
  2. 2,0 2,1 "National Numismatic Collection". The Smithsonian Institution.
  3. "Chase Manhattan Bank Money Museum". American Numismatic Society.
  4. "Chase Manhattan Money Museum History". En E-Sylum. Vol. 7. Nº 31. Agosto de 2004.
  5. "Galleries and Exhibitions". The National Numismatic Collection.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar