Pentatómidos
Rango fósil: Paleoxeno-Recente

Nezara viridula
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hemiptera
Suborde: Heteroptera
Infraorde: Pentatomomorpha
Superfamilia: Pentatomoidea
Familia: Pentatomidae
Leach, 1815
Subfamilias

Ver texto

Os pentatómidos (Pentatomidae) son unha familia de insectos hemípteros. A Pentatomidae é a familia máis grande dentro da superfamilia Pentatomoidea e contén uns 900 xéneros e unhas 4.700 especies.[1][2] Como hemípteros que son, os pentatómidos teñen pezas bucais perforadoras e chuchadoras e a maioría son fitófagos, incluíndo varias especies que son graves pragas agrícolas. Porén, algunhas especies, especialmente as da subfamilia Asopinae, son predadoras e poden considerarse beneficiosas.

O nome "Pentatomidae" procede do grego penta, que significa 'cinco', e tomos, que significa 'sección', e refírese aos cinco segmentos característicos das súas antenas.[1][3][4][5]

Os pentatómidos teñen a capacidade de liberar un spray defensivo picante cando están ameazados, alterados ou son esmagados. A composición deste spray pode variar entre especies e entre sexos e idades,[6] pero xeralmente inclúe aldehidos e alcanos. As descricións do seu cheiro varían amplamente, e pode ser a aceite, a po, a madeira, a terra e a coandro.[7][8] Nalgunhas especies o líquido contén compostos de cianuro e un aroma a améndoas rancias, usado para protexelos e disuadir a depredadores.[7]

Descrición

editar

Todos os pentatómidos teñen antenas con 5 segmentos e 3 segmentos tarsais en cada pé. Xeralmente teñen un grande escutelo triangular no centro do dorso. A forma do corpo do adulto é xeralmente de escudo cando se ve desde arriba, mais isto varía entre especies e non se cumpre nos estadios ninfais inmaturos. As ás anteriores denomínase hemiélitros, que teñen unha metade basal engrosada e máis dura e un ápice membranoso. En repouso, as ás colócanas sobre o dorso do insecto cos extremos membranosos solapándose. As ás posteriores son enteiramente membranosas.

Impacto económico

editar
 
A anatomía do aspecto dorsal dun pentatómido. A: cabeza; B: tórax; C: abdome. 1: garras; 2: tarso; 3: tibia; 4: fémur; 8: ollo composto; 9: antena; 10: clípeo; 23: lateroterxitos (connexivum); 25: pronoto; 26: escutelo; 27: clavus; 28: corium; 29: embolium; 30: membrana hemelitral.

Varias especies considéranse pragas agrícolas porque poden crecer formando grandes pobaocións que se alimentan de cultivos, danando a produción e son resistentes a moitos pesticidas. Son unha ameaza para o algodón, millo, sorgo, soia e outras colleitas, árbores nativos e ornamentais, arbustos, viñas, plantas silvestres.[9]

En México comen algunhas especies, chamadas alí jumil, chinche de monte, xotlinilli ou chumil (por exemplo, Edessa mexicana). Cómense principalmente nos estados de Morelos e Guerrero. O seu sabor dise que é parecido á canela ou ás veces teñen un sabor amargo a medicina. Os jumiles poden utilizarse para facer prebes ou como recheo de taco.[10]

Nos Estados Unidos as poboacións da especie de orixe asiática Halyomorpha halys creceron de forma importante e en 2014 estendéranse por 41 dos 50 estados, constituíndo pragas agrícolas.[11] En 2016 en Nova Zelandia estableceuse unha alerta para impedir a entrada desta especie en cargamentos comerciais.[12]

 
Acoloba lanceolata

Taxonomía

editar

Hai varias subfamilias, das cales Aphylinae recibe a miúdo o status de familia propia, pero aquí será mantida como subfamilia, seguindo a clasificación de Grazia et al. (2008).[13] As subfamilias inclúen:[14]

  • Aphylinae Bergroth, 1906 – Australia
  1. Aphylus Bergroth, 1906
  2. Neoaphylum Štys & Davidová-Vilímová, 2001
  1. Ceratozygum Horváth, 1916
  2. Cyphothyrea Horváth, 1916
  3. Cyrtocoris White, 1842
  4. Pseudocyrtocoris Jensen-Haarup, 1926
  1. Anisoedessa Nunes & Fernandes, 2019
  2. Brachystethus Laporte, 1833
  3. Doesburgedessa Fernandes, 2010
  4. Edessa (insecto) Fabricius, 1803
  5. Grammedessa Correia & Fernandes, 2016
  6. Lopadusa Stål, 1860
  7. Mediocampus Thomas, 1994
  8. Neopharnus Van Duzee, 1910
  9. Olbia (insecto) Stål, 1862
  10. Pantochlora Stål, 1870
  11. Paraedessa Silva & Fernandes, 2013
  12. Peromatus Amyot & Serville, 1843
  13. Pharnus Stål, 1867
  14. Plagaedessa Almeida & Fernandes, 2018
  15. Platistocoris Rider, 1998
  16. Praepharnus Barber & Bruner, 1932
  1. Serbana borneensis Distant, 1906
  • Stirotarsinae (monotípico)
  1. Stirotarsus Bergroth, 1911
  1. Antillosciocoris Thomas, 2005
  2. Asopus Burmeister, 1834
  3. Jostenicoris Arnold, 2011

Especies europeas

editar

As especies europeas desta familia son:[15]

  1. 1,0 1,1 "Family Pentatomidae – Stink Bugs". Bugguide.net. Consultado o 26 de febreiro de 2018. 
  2. Robert G. Foottit, Peter H. Adler Insect Biodiversity: Science and Society, John Wiley and Sons, 2009,ISBN 1-4051-5142-0
  3. Nau, Bernard (2004). Guide to Shieldbugs of the British Isles. Field Studies Council. ISBN 1851538984. 
  4. Chinery, Michael (1993). Insects of Britain & Western Europe. London: Harper/Collins. p. 72. ISBN 0-00-219137-7. 
  5. "ITIS Report, Pentatomidae Leach, 1815". 
  6. Pareja, Martín; Borges, Miguel; Laumann, Raúl A.; Moraes, Maria C.B. (2007). "Inter- and intraspecific variation in defensive compounds produced by five neotropical stink bug species (Hemiptera: Pentatomidae)". Journal of Insect Physiology 53 (7): 639–648. PMID 17574569. doi:10.1016/j.jinsphys.2007.04.004. 
  7. 7,0 7,1 Raver, Anne (21 de abril de 2011). "Stink Bugs: It Could Be Worse". New York Times. 
  8. "What's in a name – do stink bugs stink?". Terminix Website. 
  9. "Brown marmorated stink bug". Pennsylvania State University. Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  10. "How to Eat Living Stink Bugs...". Softpedia. 4 de xullo de 2007. 
  11. Jason Bittel (18 de outubro de 2014). "Stinkbugs Have Spread to 41 States; Can We Stop Them?". National Geographic. Consultado o 28 de febreiro de 2015. 
  12. Ministry for Primary Industries New Zealand. "MPI on high alert for stink bug". MPI. Consultado o 12 de xullo de 2017. 
  13. Grazia, Jocelia; Schuh, Randall T.; Wheeler, Ward C. (2008). "Phylogenetic relationships of family groups in Pentatomoidea based on morphology and DNA sequences (Insecta: Heteroptera)" (PDF). Cladistics 24 (6): 932–976. PMID 34892882. doi:10.1111/j.1096-0031.2008.00224.x. 
  14. BioLib.cz: family shield bugs, Pentatomidae Leach, 1815 (consultado o 30 de novembro de 2021)
  15. "Species list in Fauna europaea". Arquivado dende o orixinal o 2016-03-04. Consultado o 2015-11-13. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar