Nezara viridula

especie de insecto

Zapateiro
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Dermaptera
Suborde: Heteroptera
Infraorde: Pentatomomorpha
Superfamilia: Pentatomoidea
Familia: Pentatomidae
Xénero: Nezara
Especie: N. viridula
Nome binomial
Nezara viridula
L. 1758
Sinonimia
  • Cimex smaragdulus Fabricius, 1775
  • Cimex viridulus Linnaeus, 1758
  • Nezara approximata Reiche & Fairmaire, 1848
  • Nezara aurantiaca Costa, 1884

O zapateiro[1], de nome científico Nezara viridula, é un insecto hemíptero da familia Pentatomidae.

Descrición editar

O macho adulto pode acadar unha lonxitude corporal (da fronte ó extremo elitral) de preto de 12,1 mm, mentres que as femias son de maior tamaño, alcanzando un tamaño de aproximadamente 13,1 mm. O corpo en forma de escudo é verde brillante, o extremo das antenas de tonaidades castañas e os ollos son en xeral avermellados, pero tamén poden ser de cor negra.

Nalgúns exemplares, pero non sempre, na parte anterior do peito, da cabeza e no abdome son de cor palido amarela. Coa idade o corpo pode escurecer de verde a marrón. Difire doutras especies similares polas tres pequenas manchas amarelo pálido aliñadas entre dous puntos de cor negra no vértice do escudo.

Estes insectos posúen unhas glándulas que expelen un cheiro desagradable cando se senten ameazados[2].

Distribución e hábitat editar

Nezara viridula é unha especie cosmopolita, que vive nas rexións tropicais e subtropicais de América, África, Asia, Australasia e Europa entre 45 graos norte e 45 graos sur[3].

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Cui, Javi (2017). "Insectos". Biodiversidade do Deza. 
  2. Insectos – Nezara viridula Arquivado 14 de abril de 2015 en Wayback Machine., na web da Institució Catalana d’Història Natural.
  3. Todd J.W. (1989). «Ecology and behavior of Nezara viridula». Annu. Rev. Entomol. 34: 273-292. doi 10.1146/annurev.en.34.010189.001421

Véxase tamén editar