Ninfa (bioloxía)

Ninfa é a fase inmatura da metamorfose dos insectos con metamorfose sinxela (hemimetabolismo), na que se presentan case todas as características do individuo adulto[1]. A diferenza das larvas, as ninfas son semellantes aos adultos, dos que difiren pola falta de madureza das gónadas (órganos sexuais produtores dos gametos), pola miudeza dos apéndices que se atopan onde están as ás nos adultos -"esbozos alíxeros", nos insectos alíxeros-, e no tamaño, máis pequeno. Cando estes estadios inmaturos non amosan os esbozos alíxeros, denomínanse neánidas.[2]

Ninfas e imagos de Lygaeus turcicus (Hemiptera).
Ninfa temperá do saltón Caedicia simplex (Orthoptera).

O termo larvas resérvase para as fases xuvenís dos grupos nos que existe metamorfose completa, ou holometabolismo. As larvas distínguense profundamente dos adultos, con anatomías internas e externas diferentes e ás veces tamén hábitos alimentarios, etc., e pasan polo estadio de pupa antes de chegar a adultos.

As ordes de insectos con ninfas nas súas fases xuvenís son:

Notas  editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ninfa. Consultado o 8 de febreiro de 2017.
  2. Sociedad Española de Ciencias Hortícolas (1999). Diccionario de ciencias hortícolas (en español). Mundiprensa. p. 295. ISBN 8471148188. Consultado o 1 de agosto de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

  • Larvas de insectos
  • Casulo
  • Imago, insecto que experimentou a súa derradeira metamorfose, alcanzando polo tanto o seu desenvolvemento completo.
  • Crisálide, fase da metamorfose dos insectos da orde dos lepidópteros caracterizada por un estado quiescente inactivo.
  • Pupa