Libélula
Libélulas Rango fósil: Triásico - actualidade | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar macho da libélula Aeshna cyanea. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subordes, Superfamilias e Familias | |||||||||||
|
As libélulas son uns insectos carnívoros que pertencen á orde dos odonatos (Odonata). Esta orde inclúe, entre outras especies, as libélulas[1] e cabalos do demo.[2]
O grupo apareceu na Terra durante o Triásico.
Características
editarAs características distintivas das libélulas son as seguintes:
Hábitat e distribución
editarEste grupo ten unha distribución mundial e ten preferencia por hábitats nas inmediacións de cursos de auga estancada (pozas ou lagos temporais), zonas pantanosas ou preto de ribeiras e regatos.
Costumes
editarAs libélulas son predadoras, alimentándose doutros insectos, como mosquitos e moscas. As larvas de libélula (no estadio de ninfa) son acuáticas, carnívoras e extremadamente agresivas, e poden alimentarse non só de insectos senón tamén de peixes xuvenís.
Non teñen a capacidade de picar, porque as súas mandíbulas están adaptadas á mastigación. Dentro do seu ecosistema, son bastante útiles no control das poboacións de mosquitos e das súas outras presas, prestando así un servizo importante ao ser humano.
As libélulas adultas cazan baseándose no seu sentido da visión, extremadamente agudo.
Orixe
editarO grupo xurdiu no Triásico,[3] sendo bastante abundantes no período Carbonífero, e conserva ata hoxe as mesmas características xerais. As maiores libélulas de sempre pertencen ao xénero Meganeura, que floreceu no Permiano e podían atinxir envergaduras de 70 a 75 cm.
Taxonomía
editarDescrición
editarA orde foi descrita en 1793 polo naturalista, entomólogo e economista danés Johan Christian Fabricius (1745-1808).[4]
Etimoloxías
editarNome científico
editarFabricius cuñou o termo Odonata unindo o elemento odon-, derivado da palabra do grego antigo οδούς, οδόντoς odoús, odontos, "dente", coa forma sufixa do latín científico -ata, indicando substantivo neutro plural, porque aparentemente estes animais teñen dentes nas súas mandíbulas (aínda que a maioría dos insectos tamén teñen mandíbulas dentadas).[5][6]
Nome vulgar
editarLibélula vén do latín libellula, palabra coa que os antigos romanos designaban a estes animais. A palabra é un diminutivo de libella, "o nivel da balanza" que, á súa vez, é un diminutivo de libra, "balanza" (e tamén o nome da unidade de peso equivalente a 12 onzas). Segundo parece, estes insectos deben o seu nome á súa capacidade de permaneceren suspendidos e equilibrados no aire. O termo foi introducido na sistemática no século XVIII, cando Linneo creou o xénero Libellula na 10ª edición do seu Systema Naturae (1758).[7]
Clasificación
editarOrde Odonata
- Suborde Epiprocta
- Superfamilia Cordulegastroidea
- Familia Cordulegastridae
- Familia Neopetaliidae
- Familia Chlorogomphidae
- Superfamilia Cordulegastroidea
- Suborde Anisoptera
- Superfamilia Aeshnoidea
- Familia Aeshnidae
- Familia Austropetaliidae
- Familia Gomphidae
- Familia Petaluridae
- Superfamilia Cordulegastroidea
- Familia Chlorogomphidae
- Familia Cordulegastridae
- Familia Neopetaliidae
- Superfamilia Libelluloidea
- Familia Corduliidae
- Familia Libellulidae
- Familia Macromiidae
- Familia Synthemistidae
- Superfamilia Aeshnoidea
Nomes vulgares galegos
editarOs entomólogos galegos empregan diferentes nomes para distinguir os membros das distintas familias, entre eles:
Cabaliños, candís, donceliñas, emperadores, esmeraldas, gaiteiros, gaiteiriños, lavacús, libélulas (para os anisópteros), libeliñas, patexas, quitaollos e tizóns.[8][9][10][11]
Galería de imaxes
editar- Ver o artigo principal en Galería de imaxes de libélulas de Galicia
-
Libélula en repouso.
-
Libeliña.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para libélula. No dicionario da RAG considéranse anisópteros.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cabalo do demo. No dicionario da RAG considéranse zigópteros, pero tamén lle dan o significado xeral de odonatos.
- ↑ Hoell, H.V., Doyen, J.T. & Purcell, A.H. (1998). Introduction to Insect Biology and Diversity, 2nd ed. Oxford University Press. pp. 320. ISBN 0-19-510033-6.
- ↑ Odonata Fabricius, 1793 no ITIS.
- ↑ Mickel, Clarence E. (1934). "The significance of the dragonfly name "Odonata"". Annals of the Entomological Society of America 27 (3): 411–414. doi:10.1093/aesa/27.3.411.
- ↑ odonata no Merriam Webster Unabridged Dictionary.
- ↑ Etimología de libélula en etimologias.dechile.com.
- ↑ Libeliñas en Odonatos de Galicia].
- ↑ Algúns cabaliños do demo galegos: os gaiteiros e as libeliñas.
- ↑ Quitaollos común. Libeliñas (Libélulas)
- ↑ Libélulas[Ligazón morta] en Bolboretas galegas.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Libélula |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Libélula |
Bibliografía
editar- Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid. ISBN 0-87893-097-3.
- Chinery, Michael (1977): Guía de Campo de los insectos de España y de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0469-1.
- Cugno, Alain (2016): Libellules. Klincksieck. Col. De Natura Rerum. ISBN 978-2-252-04026-3.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Cosme D. Romay, Adolfo Cordero-Rivera, Anxos Romeo, Martiño Cabana, Darío X. Cabana e Miguel Á. Fernández-Martínez (2011): "Nomes galegos para as libélulas (orde Odonata) da Península Ibérica". Chioglossa, 3: 21-36.
- Libeliñas en Odonatos de Galicia (en galego).
- Algúns cabaliños do demo galegos: os gaiteiros e as libeliñas en Rios-galegos.com (en galego).
- Quitaollos común. Libeliñas (Libélulas) en Rios-galgos.com (en galego).
- Libeliña do ano 2016: Oxygastra curtisii en Bodiversidade ameaçada. Galiza-Norte de Portugal (en galego).
- Insect Identification Key. Order Odonata: the dragonflies and damselflies (en inglés).
- Odonata. Dragonflies and Damselflies Arquivado 30 de novembro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés).