Pennatuláceos

(Redirixido desde "Pennatulacea")
Pennatuláceos
Pennatulacea
Pennatula phosphorea.jpg
Pennatula phosphorea
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Clase: Anthozoa
Subclase: Octocorallia
Orde: Pennatulacea
Verrill, 1865
Subordes e Familias
Véxase o texto

A dos pennatuláceos (Pennatulacea) é unha orde de cnidarios da clase dos antozoos, unha das tres que comprende a subclase dos octocoraliarios.[1][2]

Pennatuláceo no acuario de Vancouver

As súas especies son coñecidas vulgarmente na bibliografía internacional como plumas de mar, nome derivado do seu aspecto, similar ao dunha pluma de escribir antiga.

Parecen estaren presentes en todos os mares tropicais e temperados. Son os únicos octocoraliarios cuxo estilo de vida non é sedentario: o animal está ancorado no substrato mediante un pé carnoso. Algúns taxons son bioluminescentes.

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

A orde foi descrita en 1865 polo zoólogo estadounidense Addison Emery Verrill.

EtimoloxíaEditar

O nome científico Pennatula está formado polo nome do seu xénero tipo, Pennatula, coa adición do sufixo do latín científico -acea.[3] O nome Pennatula deriva do nome do latín clásico penna, "pluma", co sufixo -ula, indicando diminutuvo. Pola súa parte, o sufixo latino -acea é a forma plural de -aceus, indicado "aparencia", "semellanza". [4] Literalmente, "os que semellan pequenas plumas".

ClasificaciónEditar

Segundo o WoRMS a orde subdivídese e dúas subordes, incluíndo algunhas familias sen asignar a ningunha suborde:[1]

Segundo Williams, os xéneros e especies da orde necesitan revisións, probas e estudos para poder consolidar a actual clasificación.[5]

CaracterísticasEditar

Son animais coloniais, nos que a colonia (pluma) consta de numerosos zooides interconectados (pólipos. Fórmanse a partir dun pólipo axial altamente modificado, que desenvolve un talo, ou raque, que soporta os pólipos secundarios. Na base do pólipo axial teñen un bulbo ou pedúnculo que está ancorado na area ou na lama do fondo, mentres que os pólipos situados na parte superior encárganse de capturaren alimentos en suspensión cos seus tentáculos. As súas especies son os únicos octocorais adaptados para viviren en sedimentos areosos ou lamacentos.[6]

A colonia está sustentada normalmente por un eixe interno, en forma de vara, composto de calcita, pero sen escleritos, similar á estrutura dalgunhas gorgonias. Poden alcanzar máis de 1,5 m de altura, pero a maioría son máis pequenos.

As 14 familias de pennatuláceos actualmente consideradas válidas están caracterizadas en gran medida pola disposición dos pólipos secundarios ao redor do raque, con algunhas familias que mostran unha simetría bilateral na colonia.[7]

En acuariosEditar

Ás veces véndense no comercio de acuarios. Porén, xeralmente son difíciles de coidar porque precisan un substrato moi profundo e teñen necesidades alimentarias especiais.[Cómpre referencia]

En GaliciaEditar

As principais especies velenosas que habitan nas praias españolas no verán e que poden causar lesións aos bañistas son as medusas, os escarapotes, os ourizos de mar e algúns hidrozoos, segundo o biólogo mariño Josep María Gili, quen precisou, ademais, como tratar cada doenza. Estes animais mariños viven en augas abertas pero «no verán son arrastradas até as cálidas augas das zonas costeiras, onde causan cerca do 50 % das lesións que sofren as persoas nas praias». As medusas e os hidrozoos, de aspecto xelatinoso e transparentes, posúen unhas células urticantes que alcanzan a súa máxima concentración nos tentáculos e «poden causar lesións tanto a nivel cutáneo como sistémico» cando se contactan accidentalmente con elas durante un baño no mar. Ademais das medusas, flotantes, tamén se atopan no fondo das praias hidrozoos, especies de cnidarios con aspecto de pequenas plumas «que causan o mesmo tipo de efectos urticantes cás medusas, cando topamos con eles por erro». A dor é «parecida ao dunha queimadura» e para aliviar estes síntomas a primeira actuación ha ser «limpar a ferida con auga de mar, evitando a auga doce» e aplicar frío e vinagre na zona afectada». Se a dor persiste, «hai que acudir ao médico e utilizar antisépticos para evitar as infeccións e terminar cunha pomada con corticoides».[8]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Pennatulacea Verrill, 1865 no WoRMS.
  2. Pennatulacea Verrill, 1865 no ITIS.
  3. Pennatulacea no Merriam-Webster Dictionary.
  4. -aceus no Trésor de la Langue Française informatisé.
  5. Williams, G. C. (1995): "Living genera of sea pens (Coelenterata: Octocorallia: Pennatulacea): illustrated key and synopsis". Zoological Journal of the Linnean Society 113 (2): 93–140.
  6. Hughes, D. J. (1998): Sea pens and burrowing megafauna (vol. III): an overview of dynamics and sensitivity characteristics for conservation management of Marine SACs. Scottish Association of Marine Science (UK Marine SAC's Project).
  7. Daly, M.; M. R. Brugler; P. Cartwright; A. G. Collins; M. N. Dawson; D. G. Fautin; S. C. France; C. S. McFadden; D. M. Opresko; E. Rodríquez; S. L. Romano & J. L. Stake (2007): "The phylum Cnidaria: A review of phylogenetic patterns and diversity 300 years after Linnaeus". Zootaxa 1668: 127-182
  8. Axencia EFE (22 de xullo de 2019). "Cinco especies mariñas velenosas poden amargar o día aos bañistas deste verán". Diario de Pontevedra. Consultado o 7 de setembro de 2020. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar