Raque (cnidarios)

O raque é, nos cnidarios da clase dos antozoos e orde dos pennatuláceos, o bulbo ou pedúnculo situado na base do pólipo axial, ancorado no substrato, que soporta os pólipos secundarios que nacen deste eixe.[1]

Pennatula phosphorea
Na parte inferior vese o raque
Renilla reniformis

Na familia dos renílidos, constituída polo único xénero Renilla, o raque é moi ancho e de contorno circular ou reniforme (de aí o seu nome) e en forma de folla carnosa que soporta numerosos pólipos unicamente na cara superior, carecendo de eixe axial. En conxunto, a colonia parece un abano.[2][3]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar