Pennatúlidos

(Redirección desde «Pennatulidae»)

A dos pennatúlidos (Pennatulidae) é unha familia de cnidarios da clase dos antozoos, subclase dos octocoraliarios, orde dos pennatuláceos e suborde dos subseliforos.[1][2]

A ​familia comprende, segundo o WoRMS, 7 xéneros, que conteñen unhas 58 especies. O seu xénero tipo é Pennatula.

Taxonomía editar

Descrición editar

A familia foi descrita en 1834 polo naturalista, explorador, zoólogo, botánico, anatomista, xeólogo e microscopista alemán Christian Gottfried Ehrenberg.[1][2]

Xéneros editar

A familia comprende na actualidade (2020), segundo o WoRMS, os seguintes xéneros:[1]

Porén, o ITIS só admite etras dúas:[2]

Características editar

As súas especies encádranse entre os corais brandos, xa que carecen de esqueleto calcario, como os corais verdadeiros da orde dos escleractinios, polo que non son corais hermatípicos.

Forman colonias de pólipos, de oito tentáculos, unidos por unha masa carnosa de tecido común xerado por eles, o chamado cenénquima,[3][4] que recobre un raque ou eixe sen ramificar,[3] para sustentar a colonia. De simetría bilateral, os pólipos aliñéanse regularmente nas marxes das follas, ao redor do raque.[5]

Non posúen zooxantelas, xa que habitan maioritariamente en augas profundas.

Distribuíndose por todos os océanos.[6]


Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Pennatulidae Ehrenberg, 1834 no WoRMS. Consultado o 10 de setembro de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 Pennatulidae Ehrenberg, 1828 no ITIS. Consultado o 10 de setembro de 2020.
  3. 3,0 3,1 Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.
  4. Marshall, A. J. e Williams, W. D. (1985): Zoología Invertebrados. Volumen 1. Barcelona: Editorial Reverté. ISBN 84-2911-833-0.
  5. Daly, M. et al. (2007): "The phylum Cnidaria: A review of phylogenetic patterns and diversity 300 years after Linnaeus". Zootaxa 1668: 127-182.
  6. "Pennatulidae". Ocean Biogeographic Information System (OBIS). Consultado o 10 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • George, John David & Jennifer George (1979): Marine Life: An Illustrated Encyclopedia of Invertebrates in the Sea. Nova York, NY, USA: John Wiley and Sons. ISBN 978-0-4710-5675-1, pp. 18-21.
  • Veron, J .E. N. (2000): Corals of the World. Vol. 3. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Sciences.

Outros artigos editar