Pegaso (automoción)

marca española de automóbiles, camións, autobuses, tractores e vehículos blindados

Pegaso foi a marca comercial da empresa española ENASA (Empresa Nacional de Autocamiones, S. A.) utilizada nos seus automóbiles, camións, autobuses e tractores.

Pegaso
Logotipo de Pegaso

Entrada á factoría de Iveco
(anteriormente Pegaso) en Madrid
TipoEmpresa pública
Fundación1946
Desaparición 1990
MatrizENASA (INI)
LocalizaciónEspaña Barcelona, España
FundadorWifredo Ricart
Industriaautomobilística
Produtosautomóbiles, camións, autobuses e tractores
editar datos en Wikidata ]

Foi un dos principais fabricantes europeos de vehículos industriais. En 1990 foi vendida ao grupo italiano Iveco, pertencente ao grupo Fiat, integrando o consorcio os seus automóbiles e camións.

Historia editar

ENASA (Empresa Nacional de Autocamiones, S.A.) foi unha empresa española dedicada á fabricación de vehículos industriais, principalmente camións, que durante a década de 1950 tamén produciu os automóbiles deportivos Pegaso. ENASA foi fundada polo Instituto Nacional de Industria (INI) en 1946, da man de Wifredo Ricart, quen recibiu o encargo do presidente do INI Juan Antonio Suances, xeneral de división da rama de enxeñeiros navais.

Para a fundación de ENASA utilizouse a división de automóbiles de Hispano-Suiza, que fora nacionalizada polo Estado español en 1946.[1] Poucos anos despois inaugúrase a colonia Cidade Pegaso en Madrid, para os traballadores da empresa.

Con ENASA sentábase a base dunha industria automobilística nacional nun momento de total illamento económico e político de España. As necesidades daquel momento eran primarias: camións, tractores e tecnoloxía. Así, sobre os restos de Hispano-Suiza naceu ENASA, cuxa prioridade era a produción de vehículos de transporte pesado e público.

Contra 1968 ENASA conseguiu facerse co control da empresa rival SAVA. Adquiriu a súa fábrica de Valladolid e herdou desta o seu modelo J4, á vez que eliminou da súa gama todos os modelos de camións que facían a competencia.​[2]

A empresa mantivo a súa sede central nas antigas instalacións de Hispano-Suiza en La Sagrera, até que en 1980 se trasladou á Zona Franca de Barcelona. En marzo de 1984 adquiriu a empresa británica Seddon Atkinson polo simbólico prezo de unha libra esterlina ao seu anterior socio International Harvester.​

En 1990 foi vendida ao consorcio Iveco, pertencente ao grupo Fiat, aínda que a produción de camións e motores para autobuses Pegaso non cesaría até 1995.

Volume de vendas editar

 
Camións Pegaso da Infantaría de Mariña do Perú
1967 1968 1969 1970 1971 1972 1973
Camións en España 7 133 7 900 8 855 9 070 12 759 15 091 18 160
Autobuses en España 1 576 1 781 1 569 1 454 2 022 2 037 2 139
Camións exportados 517 217 516 477 1 120 643 2 066
Autobuses exportados 322 111 85 278 442 327 815
Fonte [3]

Venda a Iveco editar

Coa entrada de España na por entón Comunidade Económica Europea, Pegaso decidiu abrirse a novos mercados no continente. Para iso debía actualizar a súa gama, que daquela estaba anticuada. Porén, a situación económica da empresa non era a ideal, polo que estas reformas serían difíciles de aplicar. Ademais, tamén se necesitarían actualizar os motores pola entrada en vigor da normativa europea sobre emisións.

O proceso de venda desta empresa nacionalizada comezou en 1989. Presentáronse varias compañías de orixe europea e xaponesa, aínda que as niponas foron descartadas por non pertenceren ao Espazo Común. O comprador elixido foi un consorcio formado polas empresas MAN e Daimler-Benz, que estarían dispostas a pagar un total de 28 800 millóns de pesetas polo 80 % da empresa e polas súas instalacións co compromiso de manter a marca.[4] Porén, a Comisión Europea vetou a compra por motivos de competencia, ofrecendo como alternativa que só unha das dúas (Daimler-Benz ou MAN) compraran Pegaso e ambas as dúas desistiron.

En primeira instancia a elección destas empresas obrigou ao Instituto Nacional de Industria a rexeitar ofertas dos fabricantes Volvo Trucks, DAF e Iveco. Porén, dada a negativa por parte dos fabricantes alemáns, os propietarios de ENASA tiveron que aceptar a menos mala do resto das ofertas, sendo Iveco quen ofreceu unha suma de 1 200 millóns de pesetas por un paquete do 60 % das accións da empresa.[5]

Logotipo editar

Desde 1936, Ricart estivo traballando no departamento de aviación de Alfa Romeo, onde era o encargado do mantemento dos motores Bristol Pegasus de orixe británico. Á súa vuelta a España, en 1946, decidiu utilizar o nome do cabalo alado para as súas creacións.

O deseño do escudo foi realizado polo propio Ricart tras varios esbozos, elixindo a figura equina en salto. Este cabalo encóntrase inscrito nun círculo de cor escura para simbolizar a dimensión global do procecto. Ademais, por detrás de toda esta figura, se pode encontrar unha gran V metálica sinalando os motores V8 que equipaban os seus modelos.[6] Porén, este pegaso non dispón de ás, xa que a figura do cabalo alado no mundo da automoción xa era unha marca rexistrada da |petroleira estadounidense Mobil.

Este feito tamén se pode comprender como un ataque cara ao Cavallino Rampante de Enzo Ferrari, con quen non tivo unha boa relación durante a súa etapa en Italia. Segundo a propia cita de Ricart:

Quen pode querer un cavallino rampante podendo ter un que voa?[7]

Galería editar

Notas editar

  1. "Historia de Hispano Suiza". Web Autopasión 18. 
  2. "SAVA J4, el furgón de reparto más popular". Camión Actualidad. 4 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2013. Consultado o 16 de maio de 2020. 
  3. "Pegaso al servicio de las Fuerzas Armadas" (PDF). Consultado o 16 de maio de 2020. 
  4. "MAN-Daimler Benz pagará 28.800 millones de pesetas para comprar el 80 % de ENASA-Pegaso". El País. 2 de decembro de 1989. Consultado o 16 de maio de 2020. 
  5. "Pegaso es italiana". El País. 15 de setembro de 1990. Consultado o 16 de maio de 2020. 
  6. "Pegasos". Webcindario. 
  7. "Historia de Pegaso. Pelayo Ricart". noticias.choches.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 16 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ariño Planchería, César (2008): De Hispano a Pegaso. 100 años de transporte público en España Barcelona: MAF Editor. ISBN 978-84-8675-862-2.
  • Lage, Manuel (1992): Hispano-Suiza/Pegaso. Un siglo de camiones y autobuses. Barcelona: Lunwerg Editores. ISBN 978-84-7782-236-3.