Instituto Nacional de Industria

organismo empresarial español
(Redirección desde «INI»)

O Instituto Nacional de Industria (INI) foi unha entidade estatal española, creada como un soporte institucional para promover o desenvolvemento da industria en España.

INI
Instituto Nacional de Industria
TipoEntidade pública empresarial
Fundación1941
Disolución 1995
LocalizaciónMadrid
Na rede
http://www.sepi.es/es/conozca-sepi/organismos
BNE: XX141018
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
Imaxe do camión Pegaso II, lanzado en 1951 pola empresa ENASA, pertencente ao INI.

O INI foi fundado por Juan Antonio Suances, xeneral de división da rama de enxeñeiros navais, durante o período da autarquía franquista (1939-1959) por unha Lei do 25 de setembro de 1941, co obxectivo de promover a creación de novas empresas industriais dentro dunha visión autárquica da economía:

Segundo o artigo 1° da súa lei fundacional, o obxectivo era:

Propulsar e financiar, en servizo da Nación, a creación e rexurdimento das nosas industrias, en especial das que se propoñan como fin principal a resolución dos problemas impostos polas exixencias da defensa do país ou que se dirixan ao desenvolvemento da nosa autarquía económica

Para a súa creación seguiuse o modelo italiano do Istituto per la Ricostruzione Industriale (IRI). As primeiras actuacións acabaron en fracaso (Adaro, lousa betuminosa), pero co tempo converteuse na maior corporación industrial de España.

Entre 1939 e 1941 a política económica tendera a privilexiar os sindicatos verticais, concedendo ao mesmo tempo un papel aínda maior á iniciativa empresarial privada na reconstrución.

Para o historiador e hispanista Stanley G. Payne, a destitución do xerarca dos sindicatos Gerardo Salvador Merino, unida ao incremento da influencia militar, fomentaron a formación deste organismo que desenvolvería directamente o capitalismo de Estado.[1]

O INI creouse para reconstruír e dar impulso á economía española desde unha visión moi particular da economía, e encargábase de encauzar e poñer en marcha as cuantiosas inversións precisas para a industrialización do país, para atender as necesidades da defensa nacional e para financiar grandes proxectos industriais.

As principais críticas que se poden facer a súa actuación durante os seus primeiros anos son as seguintes:[2]

  • A súa intervención estivo guiada en moitas ocasións por criterios políticos.
  • Nunha situación de escaseza de recursos financeiros, os obxectivos fundamentais centráronse na maximización da cantidade producida e non na mellora da rendabilidade.
  • Os custos de produción e os seus prezos movíanse moi por riba dos existentes nos mercados internacionais, con moi pouca capacidade de competencia e restando eficiencia ao sistema económico español.
  • As súas empresas gozaron de grandes vantaxes na competencia co sector privado, con incentivos fiscais, arancelarios, cambiarios e financeiros.

A pesar de todas as súas ineficiencias e erros estratéxicos, o INI tivo un efecto positivo indubidábel e decisivo no paso da España subdesenvolvida e de economía fundamentalmente primaria dos anos 1940 á puxante e terciarizada dos 1970; pero coa apertura da economía española ao comercio internacional, e especialmente a Comunidade Económica Europea o INI perdeu todo sentido e as súas empresas foron privatizándose ao longo dos anos 1980.

Principais empresas do INI

editar

Entre os anos 1941 e 1980 constituíu de feito o grupo empresarial máis grande e importante de España. Durante a súa existencia as grandes empresas que se estableceron a iniciativa do INI foron SEAT, ENDESA, ENSIDESA, Empresa Nacional Bazán, Inespal e outras moitas dedicadas especialmente é produción de ferro, aceiro e aluminio, e tamén á industria petroquímica.

Desaparición

editar

En 1992 autorizouse ao INI para constituír unha Sociedade Anónima á que o Instituto achegaría a totalidade das súas accions no capital das compañías nas que aínda participaba. A nova Sociedade Anónima quedou constituída o 4 de xullo do mesmo ano, co nome de TENEO.

O INI desapareceu en 1995 e as súas funcións foron asumidas pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI). O SEPI desfíxose de practicamente todas as súas participacións industriais, salvo algúns casos como Hunosa, ou RTVE.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Castelló Traver, José Emilio: (2004): España siglo XX, 1939-1978. Madrid: Anaya. ISBN 978-84-2073-358-6.
  • Ortega Aguaza, Bienvenido e Núñez Carrasco, J. Aníbal (2009): "El proceso de crecimiento de la economía española (I): Los cambios que introduce el Decreto-Ley de Ordenación Económica de 21 de julio de 1959". En Economía Española. Barcelona: Editorial Ariel. ISBN 978-84-3444-557-4.
  • Payne, Stanley G. (2008): Franco y Hitler. España, Alemania, la Segunda Guerra Mundial y el Holocausto. Madrid: La Esfera de los Libros. ISBN 84-9734-709-9.
  • Tamames, Ramón (1973): Historia de España Alfaguara VII. La República. La era de Franco. Madrid: Ediciones Alfaguara, S. A. (Alianza Editorial, S. A.) ISBN 84-2062-031-3.