Pedro Campos Calvo-Sotelo

regatista galego

Pedro Campos Calvo-Sotelo, nado en Cuntis o 6 de marzo de 1950, é un regatista galego, o máis laureado de España e un dos máis laureados do mundo. Foi 17 veces campión do mundo e 10 veces campión de España en diferentes modalidades de vela, ademais de conquistar ata en 11 ocasións a Copa do Rei de Vela, sendo o regatista con máis títulos desta competición.[1][2]

Infotaula de personaPedro Campos
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1950 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Cuntis, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeportista , empresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportevela Editar o valor em Wikidata
Premios

Desde 1999 é o presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo e director deportivo do equipo Team Telefónica.

Traxectoria

editar

É fillo de Marcial Campos, empresario do mundo dos balnearios, e de Enriqueta Calvo-Sotelo, irmá do que fora presidente do goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo.[3]

Aos tres anos comezou a navegar co seu pai nun galeón pola ría de Arousa,[3] e posteriormente ingresou no Real Club Náutico de Sanxenxo. Adxudicouse o seu primeiro título nacional na clase Snipe en 1968, en categoría xuvenil, e en 1970 proclamouse campión de España de Vaurien, título que conseguiu de novo en 1971, 1972, 1973, 1974, 1976 e 1978.[4] En 1976 sumou tamén ao seu palmarés o campionato de España de 470.

O seu primeiro cetro mundial chegou en Mónaco, onde conquistou xunto a Juan Santana o Mundial de Vaurien en 1976.[5] Tras varias pratas mundiais nos seguintes anos, en 1990 conseguiu de novo un título mundial, esta vez na clase de 3/4 de tonelada. Revalidou o título catro veces nos seguintes catro anos, converténdose no único patrón da historia da vela mundial en logralo, e sumou ademais o título mundial de media tonelada de 1992.[6]

Foi o patrón do primeiro equipo español que participou na Copa Louis Vuitton, na edición de 1992, buscando praza para a Copa América, co equipo Desafío Español do Monte Real Club de Yates de Baiona. Ademais, gañou co Bribón Telefónica Movistar a regata offshore na Admiral’s Cup de 2003, acabando a competición como o mellor español clasificado na historia da competición, cun segundo posto. En 2004 iniciou o proxecto do equipo Movistar para a Volvo Ocean Race 2005-06, repetindo con éxito na edición 2008-09. Foi ademais o patrón do Telefónica Negro nas regatas inshore da competición.

Ademais é o regatista con máis títulos da Copa do Rei de Vela, edición na que participou por primeira vez en 1986, a bordo do Atlántico. A súa primeira vitoria logrouna en 1993, xunto ao rei Xoán Carlos I no Bribón VIII.[2] No ano 2017 proclamouse en Vancouver, xunto a Xoán Carlos, campión do mundo de 6 metros, na modalidade de clásicos, título que revalidaron en 2019 en Hanko, Finlandia.[7][8]

Dende 1999 preside o Real Club Náutico de Sanxenxo.[9]

Recoñecementos

editar

Durante todo este tempo recibiu numerosos premios e condecoracións, entre os que destacan a Medalla de Prata de Galicia en 1992, a Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo (máxima distinción deportiva en España), o Premio Nacional ao Mellor Regatista de 1999, o premio especial da Real Federación Española de Vela de 1999, o Premio Nacional ao Equipo do Ano en 2000 e 2001, o Premio Nacional de Vela como mellor patrón en 2002 e a Orde ao Mérito Olímpico e a Medalla Castelao en 2003.[10]

Persoal

editar

Casou con Begoña Gil de Barroeta primeiro e con Cristina Franze despois, e ten dúas fillas. Mantén unha gran amizade co rei emérito Xoán Carlos de Borbón, xunto o que ten competido en numerosas ocasión.[3][11]

Palmarés internacional

editar
Campionato Mundial de Vaurien
Ano Lugar Medalla Clase
1976   Montecarlo   Ouro Vaurien
1979   Donostia   Prata Vaurien
Campionato Mundial de 3/4 Tm
Ano Lugar Medalla Clase
1985   Marstrand   Prata 3/4 Tm
1988   Elba   Prata 3/4 Tm
1990   Alemaña   Ouro 3/4 Tm
1991   Dinamarca   Ouro 3/4 Tm
1992   Baiona   Ouro 3/4 Tm
1993   Palma   Ouro 3/4 Tm
1994   Santa Ponsa   Ouro 3/4 Tm
Campionato Mundial de 1 Tm
Ano Lugar Medalla Clase
1987   Kiel   Prata 1 Tm
Campionato Mundial de 1/2 Tm
Ano Lugar Medalla Clase
1992   Italia   Ouro 1/2 Tm
1993   Baiona   Prata 1/2 Tm
Campionato Mundial de ILC-30
Ano Lugar Medalla Clase
1998   Baiona   Prata ILC-30
Campionato Mundial de IMS/ORC
Ano Lugar Medalla Clase
2001   Valencia   Prata IMS A
2002   Baiona   Ouro IMS 600
2003   Capri   Ouro IMS A
2005   Neustadt   Ouro IMS 600
2008   Lanzarote   Ouro ORC 670
2009   A Coruña   Ouro ORC 670
2015   Barcelona   Ouro ORC B
Campionato Mundial de Offshore por Equipos
Ano Lugar Medalla Clase
2004   Sardeña   Ouro Offshore
2008   Sardeña   Ouro Offshore
Campionato Mundial de 6 metros
Ano Lugar Medalla Clase
2017   Vancouver   Ouro Clásicos
2019   Hanko   Ouro Clásicos
  1. Rivera, Almudena (30 de xullo de 2018). "Pedro Campos, el rey de Copas". Marca (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Pedro Campos, ganador de once Copas del Rey, el gran ausente en Palma" (en castelán). 28 de xullo de 2019. Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Así es Pedro Campos, el hombre en el que se ha apoyado don Juan Carlos en los momentos más duros" (en castelán). 21 de setembro de 2018. Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  4. "«Teje-Cuero» campeón nacional de «vaurien»". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de setembro de 1978. p. 38. 
  5. "Pedro Campos, campeón mundial de vela de la clase "Vaurien"". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de setembro de 1976. p. 36. 
  6. "Mar tranquila y buen viento en la presentación de Nauta360º". Expansión (en castelán). 28 de marzo de 2011. Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  7. "Dos años de esfuerzo llevan al triunfo al rey Juan Carlos y a Pedro Campos". Diario de Pontevedra (en castelán). 22 de setembro de 2017. Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  8. "Don Juan Carlos y Pedro Campos firman otro título mundial" (en castelán). 9 de agosto de 2019. Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  9. "El regatista Pedro Campos es el nuevo presidente del Club Náutico de Sanxenxo". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 21 de agosto de 1999. p. 46. 
  10. "DECRETO 167/1995, do 16 de xuño, polo que se concede a Medalla de Castelao no ano 1995." (116). 19 de junio de 1995: 4.596. 
  11. "Así es Pedro Campos, el íntimo de don Juan Carlos que triunfa en las regatas de Sanxenxo" (en castelán). 19 de xullo de 2021. Consultado o 2 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar