Clase Snipe
Número de tripulantes 2
Eslora 472 cm
Manga 152 cm
Peso 172,8 Kg
Superficie vélica 11,9 metros cadrados

O snipe é un barco de vela deseñado por William Crosby en 1931 e unha clase competitiva do deporte da vela. Na actualidade non é unha clase olímpica.

Historia editar

Nunha asemblea da Florida West Coast Racing Association celebrada en Sarasota (Florida), en marzo de 1931, xurdiu a idea de crear unha pequena embarcación de regatas que puidese transportarse facilmente nun remolque. William Crosby, enxeñeiro naval e director da revista "Rudder", que asistía á asemblea, comprometeuse a realizar o proxecto e a publicar os planos do barco na súa revista, para darlle a maior promoción posible. O nome de snipe (becacina cabra en galego), elixiuse seguindo o costume de Crosby de darlle nomes de aves acuáticas a todos os seus deseños. O resultado foi un éxito. No ano 1932 xa se fabricaran 150 unidades, e formouse a Snipe Class International Racing Association (SCIRA), converténdose en xullo de 1936 na clase co maior número de embarcacións do mundo.

O primeiro Campionato Mundial da Clase, que se denomina "'Trofeo Hub E. Isaacks'", disputouse en Long Island Sound (Nova York) en 1934, organizado polo New Rochelle Yacht Club. Pero cando se converteu realmente nun verdadeiro Campionato do Mundo con categoría internacional foi en 1946, na edición celebrada no Lago Chautauqua, tamén en (Nova York) . En 1947 celebrouse por primeira vez fóra dos Estados Unidos, no Lago Leman de Xenebra, en Suíza.

Na actualidade é unha das embarcacións de vela lixeira máis populares que existen, con preto de 900 frotas en 26 países, e converteuse na columna vertebral da vela de competición. O deportista galego máis destacado nesta categoría foi Cholo Armada, que en 1960 quedou subcampión de Europa e en 1961 cuarto do mundo nunha tripulación co tamén vigués Xulio Ribó.

 
Regata de snipes

Campionatos do mundo - Trofeo Hub E. Isaacks editar

O Trofeo Hub E. Isaacks, doazón do primeiro comodoro da SCIRA, e propiedade da SCIRA, concédeselle á frota do patrón gañador, que se responsabiliza de custodialo e conservalo, así como de enviarllo debidamente embalado ao lugar designado para o seguinte campionato. O nome do patrón gañador, o ano, o nome da súa frota e o do seu país de orixe gravaranse de forma uniforme sobre o trofeo. Desde 1949 despútase cada dous anos, no canto de anualmente. Durante 1943 e 1944 non se disputou, debido á segunda guerra mundial.

Palmarés editar

Ano Patrón e país Club
1934   William E. Bracey (EUA) Dallas Sailing Club
1935   Perry Bass (EUA) Wichita Falls, Texas
1936   Philip Benson, Jr. (EUA) Sea Cliff Yacht Club
1937   Arthur M. Deacon (EUA) Western Long Island Sound
1938   Charles Gabor (EUA) Lake Mohawk
1939   Walter Hall (EUA) Oakland
1940   Darby Metcalf (EUA) Los Angeles Yacht Club
1941   Darby Metcalf (EUA) Los Angeles Yacht Club
1942   Heinzerling (EUA) Lake Lakawanna
1945   Bob White (EUA) Balboa
1946   Bob Davis (EUA) Balboa
1947   Ted A. Wells (EUA) Wichita, Kansas
1948   Carlos Vilar Castex (ARX) Club Náutico San Isidro
1949   Ted A. Wells (EUA) Wichita, Kansas
1951   Jorge Vilar Castex (ARX) Club Náutico San Isidro
1953   António José Conde Martins (POR) Centro de Vela da Mocidade Portuguesa
1955   Mario Capio (ITA) Tugillio
1957   Juan Manuel Alonso Allende (ESP) Real Club Marítimo del Abra-Real Sporting Club
1959   Paul Bert Elvstrøm (DIN) Copenhague
1961   Alex Schmidt (BRA) Saco de São Francisco
1963   Alex Schmidt (BRA) Saco de São Francisco
1965   Alex Schmidt (BRA) Saco de São Francisco
1967   Nelson Piccolo (BRA) Río Grande do Sul (Clube dos Jangadeiros)
1969   Earl Elms (EUA) Mission Bay
1971   Earl Elms (EUA) Mission Bay
1973   Félix Gancedo (ESP) Real Club Mediterráneo
1975   Félix Gancedo (ESP) Real Club Mediterráneo
1977   Boris Ostergren (BRA) Río Grande do Sul (Veleiros do Sul)
1979   Dave Chapin (EUA) Island Bay
1981   Jeff Lenhart (EUA) Mission Bay
1983   Torben Grael (BRA) Río de Xaneiro (Rio Yacht Club)
1985   Santiago Lange (ARX) Club Náutico San Isidro
1987   Torben Grael (BRA) Río de Xaneiro (Rio Yacht Club)
1989   Ricardo Fabini (URU) Yacht Club Uruguayo
1991   Axel Roger (ARX) Club Universitario de Buenos Aires
1993   Santiago Lange (ARX) Club Náutico San Isidro
1995   Santiago Lange (ARX) Club Náutico San Isidro
1997   Mauricio Santa Cruz (BRA) Río de Xaneiro (Clube do Rio de Janeiro)
1999   Nélido Manzo (CUB) A Habana
2001   Alexandre Paradeda (BRA) Río Grande do Sul (Clube dos Jangadeiros)
2003   Augie Diaz (EUA) Miami (Coconut Grove Sailing Club)
2005   Augie Diaz (EUA) Miami (Coconut Grove Sailing Club)