Abrir o menú principal
Tongóbriga (Marco de Canaveses, Portugal).

Unha pedra formosa[1] (ás veces galeguizado como pedra fermosa[2]) é un monólito de grandes dimensións da arquitectura do período da cultura castrexa. Estaba localizado no interior dos balnearios (saunas castrexas) dos castros, e permitía o acceso dos baños e vapores quentes ao compartimento a través dunha pequena abertura.

ExemplosEditar

As saunas castrexas aparecen en toda a zona de cultura castrexa, especialmente no que hoxe é Portugal e no norte de España (norte da Coruña, Lugo e Asturias).

En GaliciaEditar

 
Pedra Formosa da sauna de Castañoso (A Fonsagrada).

Existe unha sauna castrexa nun souto de difícil acceso no Castelón de Casteñoso en Maderne (A Fonsagrada), un dos poucos exemplos desta construción no actual territorio galego. A pedra formosa atopouse fracturada e a construción, cunha gran falsa bóveda, corría perigo de derrubamento. No verán de 2015 comezaron os traballos de restauración da sauna polo Museo da Fonsagrada por mor do seu perigo de derrubamento. A construción consta dunha cámara de combustión (forno), unha sala de valores e unha vivenda compartimentada, máis alta e complexa do habitual. Ademais da pedra formosa atopáronse unha fíbula de bronce e cerámica. Crese que estas construcións, de orixe prerromana, eran de uso ritual e non lúdico ou hixiénico.[3]

Outra pedra formosa consérvase no castro de Borneiro, en Cabana de Bergantiños, e outra en Campo do Castro, península do Sarridal, Cedeira, a máis antiga de Galicia.[4]

En PortugalEditar

 
Citania de Briteiros (Guimarães, Portugal).

A pedra formosa da Citania de Briteiros, localizada na freguesía de Salvador de Briteiros (Guimarães), está exposta na Sociedade Martins Sarmento. É un monólito de granito, traballado hai uns tres mil anos. Mide case tres metros de ancho e máis de dous de altura, con aproximadamente cinco toneladas de peso. É a peza principal dun conxunto arquitectónico prerromano de baños (vapor e auga) construído no período castrexo. Foi referenciado a comezos do século XX polo historiador Martins Sarmento.

 
Castro das Eiras (Vila Nova de Famalicão, Portugal).

A pedra formosa do Castro das Eiras, na freguesía de Pousada de Saramagos (Vila Nova de Famalicão) foi identificada en 1880 por Martins Sarmento. En 1990 o Gabinete de arqueoloxía do concello de Vila Nova de Famalicão retomou as escavacións baixo a dirección do arqueólogo Francisco Queiroga. Pertencía a un complexo de baños.[5][6]

 
Citania de Sanfins (Paços de Ferreira, Portugal).

Hai outra pedra formosa na Citania de Sanfins, unha das principais estacións arqueolóxicas da península Ibérica, localizada na freguesía de Sanfins de Ferreira (Paços de Ferreira). Nela destaca o edificio destinado aos baños públicos pola súa técnica e aparato. Os primeiros estudos desta Citania débense a Martins Sarmento e Leite de Vasconcelos.

A pedra formosa de Tongóbriga sitúase nos restos dunha cidade romana situada na freguesía do Freixo (Marco de Canaveses), a carón das antigas termas romanas.[7]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar