Citania de Briteiros
A citania de Briteiros é un sitio arqueolóxico da Idade de Ferro do norte de Portugal. É unha das citanias máis características da cultura castrexa do noroeste da Península Ibérica.
Citania de Briteiros | |
---|---|
Freguesía | São Salvador de Briteiros e São Bento de Donim |
Concello | Guimarães |
Distrito | Braga |
País | Portugal |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | século VII a. C. a século III d. C. |
Data da descuberta | 1875 |
Períodos de escavación | 1875 |
Estado actual | Escavado, visitable. |
Extensión estimada | máis de 4 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Portugal |
As ruínas foron descubertas polo arqueólogo Martins Sarmento en 1875, sendo un dos primeiros castros escavados e estudados con métodos científicos [1].
Situación
editarSitúase no alto do monte de São Romão[2], nun macizo da Serra da Cabreira, na freguesía de São Salvador de Briteiros e parte na freguesía de São Bento de Donim, ambas no concello de Guimarães (a aproximadamente 15 km ao Noroeste desta cidade), no distrito de Braga. Fica tamén preto dos santuarios do Sameiro e do Bom Jesus de Braga. O lugar está a unha altura sobre o nivel do mar de 336 metros
Descrición
editarConsiste, basicamente, nos restos dun poboado amurallado. O sistema defensivo componse de tres murallas, con dous metros de ancho de media, e cinco metros de altura.
A influencia da romanización no poboado, a partir do século I a. C., é evidenciada en numerosos vestixios, como inscricións latinas, moedas da República, do Imperio, fragmentos de cerámica importada (terra sigillata), vidros etc. Revélase nesta cultura trazos da influencia indíxena no dispositivo topográfico do poboado, no trazado das murallas, na planta circular das casas, no proceso da súa construción e na decoración con motivos xeométricos.
Un dos monumentos prerromanos máis curiosos é o coñecido como pedra formosa, un balneario, composto por unha pequena cámara redonda unida a un recinto cuadrangular. Os dous compartimentos dividíanse por unha estela de forma pentagonal, cunha pequena abertura no fondo para poder pasar dun lado para o outro. Unha das cámaras servía para tomar baños de vapor, a outra para baños de auga fría. Durante algún tempo, pensouse que este tipo de edificacións foran algún tipo de edificio de carácter funerario.
Outros monumentos do mesmo tipo foron identificados en diversos castros da antiga Gallaecia, en Barcelos, na citania de Sanfins.
Como testemuño do primitivismo das orixes da citania de Briteiros atopáronse machados de pedra neolíticos ou de bronce inicial. Por outro lado, as mámoas situadas nos arredores da citania e os gravados rupestres dos montes próximos mostran a existencia dunha cultura autóctona anterior á romana. Esta citania debeu ser definitivamente abandonada no século III.
Interpretacións recentes permiten atribuír á Citania de Briteiros o papel de capital política dos Callaeci Bracari no inicio do século I d. C., onde se reuniría o respectivo "consilium gentis" na grande casa circular de banco corrido.
Notas
editar- ↑ A arqueoloxía portuguesa foi unha das pioneiras no estudo científico de ruínas. Cando Sarmento estaba a realizar os seus estudos tamén comezaban os traballos de escavación con métodos científicos noutros lugares, por exemplo de Pompeia e Herculano
- ↑ No alto do monte atópase unha capela, reconstruída no ano 1853, coa advocación de São Romao que daría orixe ao nome toponímico
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Citania de Briteiros |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Bibliografía
editar- Coutinhas, José Manuel - Aproximação à identidade etno-cultural dos Callaeci Bracari. Porto. 2006
- Silva, Armando Coelho Ferreira da - A Cultura Castreja do Noroeste Peninsular. Paços de Ferreira. 1986.
- Cardozo, Mário (1971). Citânia de Briteiros e Castro de Sabroso. Notícia descritiva. Sociedade Martins Sarmento. ISBN 972-8087-36-5.
- Balneario Este da Citânia de Briteiros. Casa de Sarmento
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Citânia de Briteiros: visita virtual Arquivado 16 de outubro de 2007 en Wayback Machine.
- Cardozo, Mário. Citânia de Briteiros e Castro de Sabroso. 11.ª ed., Sociedade Martins Sarmento, Guimarães,1990, pp. 8-57 Arquivado 21 de agosto de 2007 en Wayback Machine.