Citania de Sanfins
A Citania de Sanfins (en portugués: Citânia de Sanfins) é un sitio arqueolóxico da Idade de Ferro do norte de Portugal. É unha das citanias máis características da Cultura castrexa do noroeste da Península Ibérica. Localízase case na súa totalidade na freguesía portuguesa de Sanfins de Ferreira e a parte suroeste na freguesía de Eiriz, ambas as dúas no concello de Paços de Ferreira, distrito do Porto.
Citania de Sanfins | |
---|---|
Freguesía | Sanfins de Ferreira e Eiriz |
Concello | Paços de Ferreira |
Distrito | O Porto |
País | Portugal |
Id. catálogo | Dec. Nº 35817, DG, 187, 1ª SÉRIE, 20 de agosto de 1946. |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | século V a.C. a século II d.C. |
Data da descuberta | 1944 |
Períodos de escavación | 1946 |
Estado actual | Escavado, visitable. |
Extensión estimada | máis de 15 ha. ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Portugal |
Está clasificada polo IPPAR (Instituto Português do Património Arquitetónico) como monumento nacional (Dec. Nº 35817, DG, 187, 1ª SÉRIE, 20 de agosto de 1946).
Descrición
editarXurdiu por volta do século I a.C. e ocupa unha área de cerca de 15 hectáreas, nun outeiro integrado nunha zona montañosa de afloramentos graníticos, nun lugar estratéxico entre a rexión do Douro e do Miño.
Hai vestixios da ocupación do lugar do castro dende o século V antes de Cristo, aínda que a gran cidade se desenvolveu no tempo dos galaicos, creada entre os séculos II e I a.C.
Nesa época, estímase que alí moraban tres mil persoas, unha poboación que vivía esencialmente de traballar o ferro, con gran vocación guerreira, ficando outras actividades económicas, como a agricultura, a cargo doutros castros dos arredores, dela dependentes.
Era a cidade-sede dunha rexión máis vasta, que abranguía as actuais Valongo, Maia e Penafiel, e onde estaba o poder político e militar. Os romanos acabarían chegando a aló poucos anos antes do nacemento de Cristo, mais con dificultade.
Os primeiros estudos desta citania débense aos historiadores Francisco Martins Sarmento e a Leite de Vasconcelos. As escavacións iniciáronse en 1944 e prolongáronse por máis de cincuenta anos.
Patrimonio
editarMurallas
editarA citania estaba protexida por varias liñas de murallas. As murallas defensivas adáptanse de forma notábel ao terreo, cunha planificación regular e un rueiro ortogonal.
Pedra formosa
editarA sauna castrexa, edificio destinado aos baños públicos, salienta pola súa técnica construtiva e por posuír unha espectacular pedra formosa con motivos celtas.
- “Disque algúns dos pobos das marxes do río Douro viven á maneira dos Laconio (Esparta). Úntanse con óleo dúas veces (por día) en lugares especiais e toman baños de vapor, feito con pedras aquecidas no lume e (despois) báñanse en auga fría.” [1]
Núcleo familiar
editarA citania posúe máis de cento cincuenta construcións de planta circular e rectangular, agrupadas en corenta conxuntos de unidades familiares. Recentemente foi restaurado un núcleo familiar.
- “No día a día beben cervexa e, raramente, viño. O pouco que conseguen, a présa o consomen nas festas familiares... neses banquetes séntanse en bancos construídos ao redor dos muros, ocupando os lugares segundo a idade e a dignidade. A comida circula de man en man. Mentres beben, bailan e fan coros ao son da frauta e da gaita, dando saltos no ar e caendo de xeonllos...” [2]
Notas
editarVéxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Citania de Sanfins |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Bibliografía
editar- Paços de Ferreira - As origens do povoamento: do megalitismo à romanização - Estudos Monográficos, Armando Coelho Ferreira da Silva, 1986