Abrir o menú principal

Pavel Nedvěd

futbolista checo
(Redirixido desde "Pavel Nedved")

Pavel Nedvěd, nado en Cheb o 30 de agosto de 1972, é un ex-futbolista checo que foi internacional polo seu país. O seu derradeiro club foi o Juventus FC. Anteriormente xogara para o Dukla Praga, Sparta Praga e Lazio. A nivel individual, gañou o Balón de Ouro no ano 2003 e tamén aparece na lista dos 125 mellores xogadores vivos feita por Pelé.

Nedvěd
Pavel Nedvěd.jpg
Información persoal
Nome completo Pavel Nedvěd
Nacemento 30 de agosto de 1972
  Cheb
Nacionalidade República Checa
Altura 1,77
Posición Mediocampista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nedvěd aparece na escena internacional cando a selección checa chega á final da Eurocopa de Fútbol 1996. Perderían este encontro por 2-1, levándose a Alemaña o triunfo cun gol de Ouro de Oliver Bierhoff. O torneo, porén deu a coñecer ós grandes futbolistas daquela selección, entre eles, o propio Pavel. Así, ese mesmo ano ficha pola Lazio, escadra italiana da Serie A, coa que conseguiría unha Copa de Italia (1998) e unha Recopa de Europa (1999).

No ano 2001 marcha cara a Juventus, que paga á Lazio 41,2 Millóns de Euros. Ao longo destes anos, foi unha peza imprescidible da escadra turinesa, sendo determinante nos scudettos que conseguíu nos anos 2002,2003,2005 e 2006.

Nas competicións europeas, chegaron ata a final da Liga de Campións do 2003, perdendo nos penaltis contra o AC Milan. Pavel non puido disputar este encontro por unha amoestación recibida nas semifinais contra o Real Madrid. Ese ano outorgaríanlle o Balón de Ouro, premio que recibe o mellor xogador europeo do ano segundo o xornal France Football.

Chequia non xogou os mundiais de Mundial de fútbol Francia 1998 e Mundial de Fútbol Corea e Xapón 2002, pero si estivo notablemente presente nas Eurocopas de 2000 e 2004. Nesta última caeron en semifinais contra a Grecia grazas a un gol de Prata nun saque dende o curruncho. Nedvěd resultou mancado neste encontro e tivo que ser suBstituído. Esta lesión fixo que decidira o seu retiro da selección, cun total de 73 encontros xogados e 18 goles anotados.

De tódolos xeitos, este retiro non foi definitivo. En novembro do ano 2005 Pavel volta á selección para xogar a repesaca da fase de clasificación para o Mundial de Alemaña no 2006. Enfrontáronse a Noruega, vencendo os dous encontros por 1-0, tanto en Oslo coma en Praga. Así, Chequia participa nun mundial despois da separación de Checoslovaquia. Desgraciadamente, e tras gañar 3-1 ós Estados Unidos de xeito abraiante, as lesións ceibáronse ca escadra e perderon contra á Italia e Ghana. Chequia non foi quen pasa-la primeira rolda.

Nedvěd retírase definitivamente pouco despois, nun encontro contra Serbia.

TítulosEditar

Véxase taménEditar