Partido Animalista co Medio Ambiente
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O Partido Animalista co Medio Ambiente (PACMA, en castelán: Partido Animalista con el Medio Ambiente) e coñecido ata o 15 de novembro de 2022 como Partido Animalista Contra o Maltrato Animal é un partido político español que loita polos dereitos dos animais, o medio ambiente e a xustiza social. Así mesmo, rexeita o especismo e defende a promoción do vexetarianismo e veganismo.[2] Fundouse en Bilbao o 24 de febreiro de 2003 e a súa sede central atópase en Madrid.
Partido Animalista Co Medio Ambiente | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Javier Luna (Presidente) Cristina García (Vicepresidenta) Javier Sanabria (Secretario xeral) Yolanda Morales (Portavoz) |
Filiación internacional | Animal Politics EU[1] |
Historia | |
Fundación | 24 de febreiro de 2003 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Dereitos dos animais Veganismo Ecoloxismo Democracia participativa Feminismo Progresismo |
Posición política | Esquerda / centro esquerda |
Outros datos | |
Na rede | |
pacma.es | |
Historia
editarXurdiu orixinalmente co nome de Partido Antitaurino Contra el Maltrato Animal a partir da unión de diversos colectivos antitaurinos e de defensa dos animais. O 25 de xuño de 2011, na Asemblea Estatal do partido, cambiouse o nome ao actual.[3]
Programa
editarO programa político do Partido Animalista ten por obxectivo a defensa dos dereitos dos animais e avanzar cara a unha sociedade máis xusta para todos, reconsiderando o trato que se dá aos animais. Para iso deféndense medidas para fomentar as adopcións de animais, o endurecemento das penas do Código penal por malos tratos animais, a legalización do acceso dos animais aos transportes públicos e o fin dos espectáculos con animais (circos, corridas de touros e festexos taurinos, festexos populares, zoolóxicos, acuarios...). Outras das medidas defendidas son a prohibición da caza e a pesca deportiva, o peche das granxas peleteiras e fábricas de foie-gras e o desenvolvemento de alternativas á experimentación con animais. Así mesmo, promove a liberdade de elección e o acceso á alimentación vegana mediante unha opción de menú sen alimentos de orixe animal nos comedores dos centros públicos.
Resultados electorais
editarEleccións municipais
editarOs primeiros comicios aos que se presentou o PACMA foron as eleccións municipais de 2003, onde a súa presenza foi practicamente simbólica.
Nas eleccións municipais de 2007, o PACMA presentouse en 12 concellos (Amposta, Barcelona, Camarles, Guadalaxara, León, Madrid, Málaga, Sevilla, Tordesillas, Valladolid, Vitoria e Zaragoza), non conseguindo ningún concelleiro pero obtendo 10.601 votos. Naquelas eleccións, o músico Elliott Murphy realizou un concerto gratuíto en Barcelona como apoio ao PACMA.[4]
Nas eleccións municipais de 2011, o PACMA presentouse en 34 municipios obtendo 26.384 votos (0,12%). Nas eleccións municipais de 2015 duplicou os resultados dos seus anteriores comicios (55.228 votos) a pesar de presentarse tan só en 29 municipios.
Ano | Votos | % | Concelleiros |
---|---|---|---|
2007 | 10 601 | 0 | |
2011 | 26 384 | 0 | |
2015 | 55 228 | 0,25 | 0 |
Eleccións autonómicas
editarNas eleccións autonómicas de 2007, o PACMA presentouse só en dúas autonomías (Comunidade de Madrid e Cantabria) obtendo un apoio de 7.089 votos entre ambas. Nas eleccións autonómicas de 2011, o PACMA obtivo 36.926 votos.
Destacan así mesmo os resultados electorais en Cataluña, onde o Partido Animalista pasou de obter 14.238 votos en 2010 a obter 20.861 votos en 2012 e en Andalucía, onde pasou de 8.781 votos en 2012[5] a 31.735 votos en 2015,[6] triplicando os seus resultados nesta última comunidade.
Nas eleccións autonómicas de 2015, o PACMA concorreu en 13 autonomías e triplicou os seus resultados, obtendo 102.700 votos. En Cataluña as eleccións celebráronse meses despois, en setembro, e a formación obtivo 28.897 votos.
Ano | Votos | % | Deputados |
---|---|---|---|
Cataluña 2006 | 13 730 | 0,47 | 0 |
Autonómicas 2007 | 7089 | 0 | |
Cataluña 2010 | 14 238 | 0,45 | 0 |
Autonómicas 2011 | 36 926 | 0 | |
Cataluña 2012 | 20 861 | 0,57 | 0 |
Andalucía 2012 | 8781 | 0,23 | 0 |
Andalucía 2015 | 31 735 | 0,80 | 0 |
Autonómicas 2015 | 102 700 | 0 | |
Cataluña 2015 | 29 371 | 0,73 | 0 |
Eleccións xerais
editarNas eleccións xerais de 2004, o PACMA presentou candidaturas ao Senado en 16 provincias españolas, obtendo un total de 64.947 votos, sendo a segunda forza extraparlamentaria máis votada. Para as eleccións xerais de 2008, o PACMA presentou candidaturas para o 90% das circunscricións, tanto no Congreso como no Senado. O PACMA obtivo 44.795 votos ao Congreso, sendo a cuarta forza extraparlamentaria; no Senado obtivo 132.077 votos.[7]
Para as eleccións xerais de 2011, o PACMA presentouse en 47 das 52 circunscricións electorais españolas. A falta do reconto do voto de residentes no estranxeiro, o resultado foi de 374.483 votos para o senado e 102.144 votos (0,41%) para o Congreso,[8] sendo un dos partidos que máis mellorou os seus resultados respecto de 2008, converténdose na segunda forza extraparlamentaria en España. Nestas eleccións, por primeira vez, o PACMA ampliou o seu programa electoral a cuestións sociais que afectan os humanos: educación e sanidade pública de calidade, etc.[9]
Nas eleccións xerais de 2015, o PACMA presentouse por primeira vez en todas as circunscricións,16 e duplicou os seus resultados ao recibir máis de 220.369 votos (0.87%) para o Congreso,[10] superando a formacións con presenza previa no Congreso como UPyD e Unió, e converténdose na principal forza extraparlamentaria en España.[11][12] Entre todos os seus candidatos ao Senado acumularon máis dun millón de votos, pero non obtiveron representación na cámara.[12][13]
Nas eleccións xerais de 2016 presentouse novamente en todas as circunscricións[14] conseguindo 286.702 votos para o Congreso e 1.213.871 votos ao Senado,[15] quedando novamente sen representación parlamentaria, superando en votos a outras formacións que si conseguiron representación como EH Bildu e Coalición Canaria e sendo a primeira forza extraparlamentaria de España.[16]
Resultados electorais nas eleccións ao Congreso | |||
---|---|---|---|
Ano | Votos | % | Deputados |
2008 | 44 795 | 0,14 | 0 |
2011 | 102 144 | 0,42 | 0 |
2015 | 220 369 | 0,87 | 0 |
2016 | 286 702 | 1,19 | 0 |
Resultados electorais nas eleccións ao Senado | |||
---|---|---|---|
Ano | Votos | % | Senadores |
2004 | 64 497 | 0 | |
2008 | 132 077 | 0 | |
2011 | 374 483 | 0 | |
2015 | 1 034 617 | 0 | |
2016 | 1.213.871 | 0 |
Eleccións europeas
editarO PACMA presentouse por primeira vez aos comicios europeos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009, nas cales obtivo 41.913 votos (0,27%), sendo a novena forza máis votada e a terceira entre as que non obtiveron representación. Obtivo os seus mellores resultados en Cataluña, co 0,56% dos votos.[17]
Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014, o Partido Animalista cuadriplicou os seus resultados cun total de 177.499 votos (1,13%) sendo a 12ª forza máis votada e a segunda sen representación parlamentaria.[18]
Ano | Votos | % | Deputados |
---|---|---|---|
2009 | 41 913 | 0,26 | 0 |
2014 | 177 499 | 1,13 | 0 |
2019 | 295 546 | 1,32 | 0 |
Notas
editar- ↑ "Animal Politics EU present collective manifesto ahead of EU elections" (en inglés). European Interest. 5 de abril de 2019. Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ "PACMA - Quiénes somos". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2015. Consultado o 28 de xullo de 2016.
- ↑ «O PACMA xa é oficialmente Partido Animalista Arquivado 10 de marzo de 2012 en Wayback Machine.», PACMA.
- ↑ Elliot Murphy apoia ao Partido Antitaurino e actúa gratis contra o maltrato animal 18.05.2007 20 minutos
- ↑ "Resultados provisionais das eleccións ao Parlamento de Andalucía 2012". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2015. Consultado o 28 de xullo de 2016.
- ↑ "Resultados provisionais das eleccións ao Parlamento de Andalucía 2015". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016.
- ↑ BOE 093 de 17/04/2008
- ↑ Resultados electorais para o Congreso 2011, PACMA.
- ↑ "Pacma". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2015. Consultado o 28 de xullo de 2016.
- ↑ "Congreso". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2015. Consultado o 28 de xullo de 2016.
- ↑ 20 Minutos
- ↑ 12,0 12,1 El Confidencial
- ↑ "Pacma". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016.
- ↑ O noso BOE de cada día
- ↑ Resultados Eleccións Xerais 2016
- ↑ Diagonal Periódico
- ↑ Acordo de 23 de xuño de 2009.
- ↑ Resultados provisionais das eleccións ao Parlamento Europeo 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Partido Animalista co Medio Ambiente |