Parque Natural do Montgrí, les illes Medes i el Baix Ter

Montgrí, les Illes Medes i el Baix Ter
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 21 de maio de 2010
Superficie: 8.192,19 ha
Lexislación: Lei 15/2010 publicado no DOGC
Datos de interese
País: España España
Provincias: Xirona
Concellos: Bellcaire d'Empordà, L'Escala, Fontanilles, Gualta, Pals, Palau-sator, Torroella de Montgrí, Ullà
Ríos: Río Fluvià, Río Ter
Picos Montgrí
Direccións de interese: Passeig del Port, s/n. Espigó de Llevant, 17258 L'Estartit
Teléfonos: 972 75 17 01

O parque natural do Montgrí, les Illes Medes i el Baix Ter (parque natural do Montgrí, as Illas Medes e o Baixo Ter, en tradución literal ó galego) está situdado en Cataluña, na pronvicia de Xirona. Esténdese polas comarcas do Baix Empordà e do Alt Empordà.

Características editar

O parque natural está formado por elementos sense conexión aparente. Porén a conectividade ecolóxica entre eles é patente, sendo as relacións entre eles observables e estudadas cientificamente. A paisaxe está fortemente humanizada, e ten sido testemuña das civilizacións máis antigas. A presenza deste legado cultural e histórico fai imposible concibir o parque natural cun enfoque puramente ecoloxista[1].

Illas Medes editar

As illas Medes son conformadas polas illas a Meda Gran, a Meda petita e os Illotes Els Tascons, Les Ferranelles e Carall Bernat.O terreo é de tipo cárstico, sendo erosionado polos ventos do levante e a tramuntana. A orografía é irregular e agreste, e serve de hábitat a diversas especies, tales coma o corvo mariño cristado ou a gaivota patiamarela, coa maior colonia do mar Mediterráneo. Outras aves, máis peláxicas son as pardelas, os mascatos e as mobella[1]. Mais a riqueza biolóxica das illas radican nos fondos mariños. Alí existen importantes colonias de coral, gorgonia e esponxas. Entre as pradeiras de posidonia pódese atopar o nácar, meros, a corvina, o golfiño común ou o dentón. A pesca está prohibida no parque natural e regulada nas zonas limítrofes[1].

Macizo do Montgrí editar

A orixe do Montgrí ven dos Pireneos. A xeoloxía explica que o macizo é unha illa calcárea en medio dunha chaira deltaica formada pola influencia dos ríos Fluvià e Ter[1]. Jaume II erixiu o castelo entre o 1294 e 1301, para vixiar o condado de Empúries, daquela independente e conflitivo. O castelo ficou inacabado[1].

Baixo Ter editar

A plana do río Ter foi maioritariamente drenada a finais do século XX e agora ten un uso puramente agrícola. Aínda así aínda existen diversas zonas anegadas e lagoas litorais tales coma o Ter Vell, Fra Ramón, La Pletera e Les Basses d'en Coll[1]. Constituíndo unha importante reserva de biodiversidade. Así, pódese atopar importantes colonias de ammophila arenaria e matthiola Siruata, representantes da importante flora dunar presentes nos areais[1].

Patrimonio editar

A maioría das vilas da zona son de orixe medieval e contan cun importante patrimonio artístico[1]. Salientar a ermida de Santa Caterina, as igrexas de Sant Pau de Fontclara e de Sant Julià de Boada (con importantes pinturas románicas) ou a vila de Palau-Sator (cunha arquitectura de renome)[1]. Hoxe en día porén, moitas vilas desenvolven unha grande actividade turística, especialmente no verán[1].

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 S. Coll, A. Lorente, M. P. Carabús, A. Roviras. Viena, ed. Parc natural del Montgrí, les illes Medes i el Baix Ter. ISBN 978-84-8330-649-9. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar