Pacios de Veiga, A Ferreirúa, A Pobra do Brollón
Pacios de Veiga é un lugar pertencente á parroquia da Ferreirúa, no concello da Pobra do Brollón, provincia de Lugo. Contaba en 2008 con 78 habitantes (34 homes e 44 mulleres), repartidos en tres lugares: O Corral, O Lugar e Pigüeiro.
Pacios de Veiga | |
---|---|
![]() Igrexa de Pacios de Veiga | |
Parroquia | A Ferreirúa |
Concello | A Pobra do Brollón |
Poboación | 51 hab. (2017) |
Pacios de Veiga está atravesado polo río Cabe e aínda se conservan numerosos muíños antigos de moer cereais.
HistoriaEditar
Do seu pasado importante quedan vestixios na Casa Prior. O Mosteiro da Madalena de Sarria, tivo nesta aldea unha granxa e un convento da orde dos Cóengos Regulares de San Agustín, frades que se dedicaban a producir viño.
Segundo aparece nun dicionario de 1850[1], a aldea pertencía á parroquia de Santalla de Rei, así como as súas dúas serras: a de Pacios e a de Portocabe.
Patrimonio artísticoEditar
FestividadesEditar
- Festas de San Froilán, celébranse o primeiro domingo de outubro.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares da FerreirúaEditar
Lugares da parroquia da Ferreirúa no concello da Pobra do Brollón (Lugo) | |
---|---|
A Barxa | O Corral | A Ferreirúa de Abaixo | Marcón | Pacios de Veiga | O Pumar | Valdolide |