Pablo Quintana

etnógrafo galego

Pablo Quintana López, nado en Vilanova de Ozcos en 27 de marzo 1956, é un músico, investigador e divulgador do patrimonio cultural galego.

Pablo Quintana
Data nacemento27 de marzo de 1956
Nado enVilanova de Ozcos
Ocupaciónetnógrafo e músico
Na rede
Youtube: UCDZToQoy0BVjNFp_RPQ_Fvg Dialnet: 1891735 Spotify: 2Q1Ks9q0hafbgyEMryTa6j iTunes: 1161463258 Discogs: 3870161 Deezer: 10533579 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Orixinario da comarca do Eo-Navia, realizou os seus primeiros estudos en Vilanova de Ozcos, a súa vila natal. En 1972 trasladouse a Ribadeo para estudar o Curso de Orientación Universitaria, e nesta vila comezou a dar pequenos recitais musicais, acompañado da guitarra clásica. O seu repertorio compúñase de pezas propias, cancións populares e temas de cantautores e grupos como Miro Casabella ou Voces Ceibes.

Rematado o COU pasou a estudar arquitectura na cidade da Coruña. Alí continuou a súa actividade musical, colaborando agora con outros músicos como Xico de Cariño[1] ou Carlos Díaz "O Xestal". Nesta etapa adquiriu a súa primeira zanfona, obra do artesán Manuel Iglesias de Carballo, e aprendeu a tocar a gaita, empregando un instrumento que pertencera ao seu avó. En 1978, esgotadas as prorrogas por estudos, marchou facer o servizo militar á cidade vasca de Vitoria, onde se incorporou como gaiteiro á banda de música da unidade.[2]

Rematada a "mili" retornou a Coruña, conseguindo un emprego na Radio Nacional de España. Nesta emisora conduciu os programas Hoxe domingo e Garmalleira, ao tempo que colaboraba con outras radios, sempre en temáticas ligadas á música tradicional galega. No ano 1982 publicou, no selo discográfico Ruada, o seu único disco: O cego andante.[3] Para esta mesma discográfica, coordinou Recolleita, unha serie de discos con recollas de músicos populares, da que só chegou a aparecer o primeiro volume, con Florencio, o cego dos Vilares, e a pandeireteira de Muxía Eva Castiñeira. Dirixiu tamén por estas datas diferentes documentais audiovisuais sobre o patrimonio cultural galego: Tocar pechado na gaita;[4] Bombos e bombeiros[5] e unha serie de vídeos sobre danzas procesionais.

En 1985 aprobou unha oposición, entrando definitivamente no cadro de persoal da RNE como técnico de son. Este feito, unido ao nacemento da súa primeira filla, fixo que fose deixando apartadas paulatinamente a música e os traballos de investigación.

Non foi até finais da década de 2000 cando, xa pre-xubilado, reiniciou as súas actividades, encetando colaboracións con asociacións como a Sociedade Galega de Antropoloxía[6] ou a Asociación de Gaiteiros Galegos.[7] Retomou daquela a súas antigas indagacións sobre a zanfona, chegando a asistir ao obradoiro-escola da Deputación de Lugo para aprender a súa técnica construtiva. En 2008 constituíu a Editorial Canela, unha editora de temas relacionados coa cultura popular galega da que é director na actualidade.[8]

Foi galardoado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega como Mestre da Memoria no ano 2019.[9]

Obra editar

Notas editar

  1. Carballa, Xan (2019-06-13). "Xico de Cariño, a melodía continua do músico militante". A Nosa Terra. Consultado o 2023-02-06. 
  2. Axenda cultural AELG. "Polafías Polavida, inicios coa gaita, memoria de Pablo Quintana". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 2023-02-09. 
  3. "Pablo Quintana - O Cego Andante" (en castelán). Consultado o 2023-02-07. 
  4. 4,0 4,1 Quintana López, Pablo (1984). "Tocar pechado na gaita". Consultado o 2023-02-08. 
  5. 5,0 5,1 Quintana López, Pablo (1986). "Bombos e bombeiros". Consultado o 2023-02-08. 
  6. Sociedade Antropolóxica Galega (07/2013). Conferencia de Pablo Quintana na "I Xornada sobre Música Tradicional" da SAG (Youtube). 
  7. Asociación de Gaiteiros Galegos (03/08/2013). Pregón da XX Mostra de Instrumentos Tradicionais Pardiñas 2013 a cargo de Pablo Quintana (Youtube). 
  8. "Pablo Quintana". Editorial Canela. Consultado o 2023-02-09. 
  9. "A AELG premia Pilar Pallarés, Dorothé Schubarth, Pablo Quintana e María Teresa Horta". Sermos Galiza. 9 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  10. "Eva Castiñeira, Florencio - Recolleita Vol.I". Consultado o 2023-02-09. 
  11. "Pablo Quintana - O Cego Andante". Consultado o 2023-02-09. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar