Carlos Díaz Gestal

humorista e cantante galego

Carlos Díaz Gestal, máis coñecido como O Xestal, nado en Monte Alto (A Coruña) o 8 de agosto de 1933 e finado na mesma cidade o 4 de xaneiro de 1993, foi un humorista e cantante galego.[1].

Carlos Díaz Gestal
AlcumeO Xestal
Nacemento8 de agosto de 1933
Lugar de nacementoMonte Alto (A Coruña)
Falecemento4 de xaneiro de 1993
Lugar de falecementoA Coruña
SoterradoRazo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhumorista e cantante
Na rede
Discogs: 6306742 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

A súa actividade como contador de contos, moitos deles rexistrados en gravacións discográficas, tróuxolle unha gran popularidade na Galicia dos anos sesenta e setenta. Algúns dos títulos das súas gravacións foron “Contos de Bergantiños”, “Contos que van pra a feira” etc. A pesar de que o personaxe do Xestal, que usaba a ironía para manter un ton reivindicativo, estaba caracterizado como un home do medio rural, Carlos Díaz naceu no seo dunha familia obreira do barrio de Monte Alto, na Coruña.

Paralelamente á súa carreira de humorista, colaborou e formou parte de numerosos coros e agrupacións folclóricas, como Cántigas da Terra, Follas Novas, Toxos e Froles ou Aires de Bergantiños, da que foi fundador en 1985.

Triunfou na radio no programa Desfile de Estrellas (RNE) e en 1964 o Ministro de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne condecorouno coa Medalla ao Mérito Turístico.

Despois de pasar a súa infancia entre Oleiros e Sada, e percorrer o mundo para actuar en diversos centros galegos da emigración, Carlos Díaz asentouse nas parroquias carballesas de Lema e Rebordelos. A súa vinculación coa comarca de Bergantiños fixo que participase activamente nas loitas contra a privatización do areal e lagoa de Baldaio.

Tras o seu pasamento, foi enterrado no cemiterio parroquial de San Martiño de Razo (Carballo).

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar