PO-546
A PO-546[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Pontevedra e Marín; atravesa os concellos de Pontevedra e Marín. Ten unha lonxitude de 4,22 quilómetros e iníciase no suroeste de Pontevedra e finaliza no nordeste de Marín. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da antiga estrada comarcal C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas. É coñecida polo nome de estrada vella de Marín, dado que era o traxecto habitual antes da construción da autovía urbana PO-11. Atópase en bo estado e ten abundante tráfico.
PO-546 | |
---|---|
Estrada PO-546 ao seu paso por Mollavao (Pontevedra) | |
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Básica |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 4,22 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | Pontevedra (suroeste) |
Fin | Marín (nordeste) |
Concellos que atravesa
|
Percorrido
editarA estrada comeza en Pontevedra, por baixo da liña férrea do acceso ao porto de Marín desde a estación ferroviaria de Pontevedra. Continúa por Salcedo pasando pola Ruibal.
No quilómetro 1,5 atópase o desvío á urbanización Pontemuíños e no quilómetro 2 a entrada ao complexo da papeleira de Pontevedra, onde están as factorías de ENCE e Elnosa. Atravésanse os lugares da Igrexa e o Rozo en Lourizán, e chégase aos Praceres onde a estrada se une coa PO-11, rematando en Estribela con límite municipal de Pontevedra e Marín.
Notas
editar- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.