PO-264

estrada autonómica galega de Paredes a Arcade (Pontevedra)

A PO-264[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Paredes (Vilaboa) e Arcade (Soutomaior); atravesa os concellos de Vilaboa, Pontevedra e Soutomaior. Ten unha lonxitude de 3,57 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-550 en Paredes (Vilaboa) e finaliza nun cruzamento coa N-550 en Arcade (Soutomaior).

PO-264
Mapa
Estrada PO-264
Inicio da estrada PO-264 en Paredes (Vilaboa)
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Secundaria
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude3,57 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio N-550  Paredes
Fin N-550  Arcade

Percorrido

editar

A estrada é un tramo do antigo camiño real que ía de Tui a Santiago de Compostela. Nalgún tramo coincide coa ruta portuguesa do camiño de Santiago.

Sae desde Paredes, no concello de Vilaboa. Pasa por riba da antiga liña de tren Redondela-Pontevedra, en desuso desde 2013. Logo de entrar no concello de Pontevedra pasa por baixo do Eixe atlántico de alta velocidade. Cruza o regueiro de Cacheiro e o río Ulló na súa desembocadura na enseada de San Simón, e entra na Ponte (Ponte Sampaio) pola rúa dos heroes da batalla de Ponte Sampaio.

Cruza o río Oitavén pola ponte de Ponte Sampaio e chega a Arcade. Atravesa a vila pola avenida de Xosé Solla e prosegue pola rúa do Calvario até enlazar de novo coa N-550.

Galería de imaxes

editar
  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.