Os Barbanzóns

Os Barbanzóns é unha serie de banda deseñada creada no ano 2003 polo debuxante vigués Pepe Carreiro, e publicada pola editorial noiesa Toxosoutos. Os cómics están ambientados na Idade de Ferro, a trama localízase no Castro de Baroña, e os libros describen as aventuras que viven os habitantes do poboado prerromano.

Castro de Baroña, fogar dos barbanzóns.

Sobre a semellanza con Astérix e Obélix, Carreiro dixo que, malia que Os Barbanzóns tamén sofren a ameaza dos romanos, esta non é un serie para nenos, e o tipo de humor é totalmente distinto, xa que os personaxes son tratados dende un punto de vista actual.[1]

A serie Os Barbanzóns compleméntase coa serie Os Pequenos Barbanzóns, protagonizada polos mesmos rapaces do castro que aparecen na serie orixinal. Esta serie é máis axeitada para ser lida por nenos menores de 12 anos.

PersonaxesEditar

Os protagonistas son:

  • Tara. É a matriarca do castro, nai de Con, Bre e Lerankos.
  • Con. O fillo maior de Tara, afeccionado á guerra, cre que é o xefe do poboado.
  • Guinness. A muller de Con. Nada en Irlanda, foi raptada por Con nunha das súas incursións.
  • Son. Fillo de Con e Guinness, ten inquedanzas políticas e filosóficas.
  • Minu. Fillo cativo de Con e Guinness, irmán de Son. É un bebé.
  • Bre. Filla mediana de Tara, irmá de Con e de Lerankos. É ama de casa. O seu home é Bar.
  • Bar. Home de Bre, procede das montañas orientais da actual Galicia. É afeccionado á troula e ó alcohol.
  • Baal. Filla de Bar e Bre.
  • Banza. É un oso que acompaña sempre a Bar. Gústalle a festa.
  • Lerankos. Fillo de Tara, irmán de Con e Bre. É o druída do castro.

O autor dixo dos personaxes:

«Son personaxes cómicos, sarcásticos, paródicos; cunha perspectiva nada historicista e que se contaxian, como ocorre no caso de Con, da neurose dos dirixentes políticos reais, como Aznar, Bush e Blair».[2]

TítulosEditar

Os Barbanzóns
1. Baroña ou morte (2003).[3]
2. No solpor da prehistoria (2004).[4]
3. A noite de samaín (2005).[5]
4. A noite das cacharelas (2010).[6]
Os Pequenos Barbanzóns
1. O ladrón de mel (2007).[7]
2. Castañas con porco bravo (2007).[8]
3. Farrapos de seda (2007).[9]
4. Peito de lobo (2009).[10]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar