Orquestra Panorama

Orquestra galega

A Orquestra Panorama é un conxunto musical galego, unha das orquestras máis importantes da escena,[Cómpre referencia] cunha media de 200 actuacións anuais. Ten a súa sede en Caldas de Reis.

Orquestra Panorama
Orquestra Panorama Barrantes.jpg
Orquestra Panorama en directo.
OrixeCaldas de Reis, Galicia Galicia
Período25 de decembro de 1988 (34 anos)
Xénero(s)Orquestra
Selo(s) discográfico(s)Panoevents SL
MembrosVoces masculinas: Lito Garrido, Cibrán Insua Arufe, Mario Álvarez, Diego Moreira Villanueva. Voces femininas: Fátima Pego Vilas, Aroxa Ruana. Bailarinas femininas: Blanca Nunes, María Mediero, Rayssa Cunha, Tania Zapata. Bailaríns masculinos: Blast Arts, Daniel Bolaños del Moral (D-Low), Héctor Bordón (Thor). Guitarristas: Ismael Segura, Ivis Reyes. Baixista: Jorge Ramilo Longa (Giorgio). Teclista: Carlos Oubiña. Batería: Alexandre Vázquez Roca. Trompetistas: Roberto Ángel Hernández, Darien Polo Salgado ("Polito"). Saxofonista: Joseph Ludwing Ruiz Zuluaga, Edgar Campos Conde. Trombonistas:Kotwey Marval, Edward Machado Cabrera.
Na rede
orquestapanorama.es
Facebook: orquestapanorama Twitter: Orq_Panorama Editar o valor em Wikidata

HistoriaEditar

A Orquestra Panorama naceu o 25 de decembro de 1988 actuando no Rosal. O seu nome débese a un programa da TVG que existía por aquelas datas. Na súa primeira actuación, pintaron o logotipo da orquestra no pano que foi secando durante o transcurso do concerto.

Esta banda fundouna Ángel Martínez Pérez (Lito), que sen saber nada de música, coñecía as claves do éxito neste sector.[Cómpre referencia] Nesa época comezou con oito integrantes masculinos (el nunca formou parte dos compoñentes do grupo), cunha furgoneta Mercedes 406 e cun equipo de son de 500 watios.

Lito Martínez é o representante deste conxunto e de 84 orquestras máis das 200 que existen en Galicia, entre as que se encontran a Olympus, a París de Noia, ou o Combo Diminicano.[Cómpre referencia]

En 2017 a orquestra estivo a piques de desaparecer. O anterior propietario estaba a vender o equipo. Carlos Somoza Fouces, empresario de Monforte de Lemos e outros tres socios formaron Panoevens para levar a representación da Panorama.[1]

EvoluciónEditar

Nos seus inicios, este grupo musical tocaba cumbias, pasodobres, rancheiras, merengues e rumbas. Estaba dirixido a un público maior e tradicional.[Cómpre referencia]

Na actualidade con Lito Garrido como director revolucionou o ambiente musical das verbenas[Cómpre referencia] innovando cos éxitos musicais máis actuais, introducindo novos estilos e cancións do verán, así como actuacións novidosas con performance, acróbatas, disfraces, técnicas punteiras en luz e son… Con isto conseguiu atraer a un público xove e introducilos na cultura das verbenas.[Cómpre referencia]

Esta evolución influíu nos músicos, nos que agora xa non conta que teñan boa voz[Cómpre referencia], senón que teñen que ser actores e bos bailaríns.

O cambio foi tal que comezou cunha soa furgoneta onde viaxaban todos os músicos e instrumentos, e agora conta con sete tráileres para o escenario e instrumentos e un microbús para os músicos.

O grupo ten un público mozo que o segue, con páxina web, Facebook, club de fans cos que teñen unha cita semanal vía chat e diversos produtos de merchandising, así como varios discos gravados.

A orquestra ten participado dende 2008 en sete galas contra o cancro nos concellos de Cambados, Ordes, Vilagarcía de Arousa e León coa colaboración de Merche, David Bisbal, Mónica Naranjo, Carlos Baute e outros.[Cómpre referencia][2]

A día de hoxe, viaxan por toda España e é considerada unha das mellores orquestras de todo o país.[Cómpre referencia] O seu éxito en Galicia levounos a actuar en Valencia, Madrid, León ou Asturias.

CompoñentesEditar

Voces masculinas: Lito Garrido, Cibrán Insua Arufe, Mario Álvarez, Diego Moreira Villanueva.

Voces femininas: Fátima Pego Vilas, Aroxa Ruana.

Bailarinas femininas: Blanca Nunes, María Mediero, Rayssa Cunha, Tania Zapata.

Bailaríns masculinos: Blast Arts, Daniel Bolaños del Moral (D-Low), Héctor Bordón (Thor).

Guitarristas: Ismael Segura, Ivis Reyes.

Baixista: Jorge Ramilo Longa (Giorgio).

Teclista: Carlos Oubiña.

Batería: Alexandre Vázquez Roca.

Trompetistas: Roberto Ángel Hernández, Darien Polo Salgado ("Polito").

Saxofonista: Joseph Ludwing Ruiz Zuluaga, Edgar Campos Conde.

Trombonistas:Kotwey Marval, Edward Machado Cabrera.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar