Orquestra Olympus

A Orquetra Olympus é un conxunto musical de Negreira, considerada unha das mellores orquestras galegas xunto con París de Noia, Filadelfia ou Panorama, entre outras.

Conta cun dos escenarios móbiles máis grandes de Galicia. Ten un repertorio variable con merengue e cumbia. En 2007 tocaron durante 24 horas seguidas, obtendo un récord Guinness. No 2008 actuaron 25 horas seguidas con artistas como Marta Sánchez, Nacha Pop, Pili Pampín ou Sabela.

Membros editar

Mar Robaina, Danni Lamas, Peke Moreira e Maythe Leiva (voces); Cristian Piñeiro, Polito, Freddy, Óscar Rodil, Yanko, Karel, Mero, Roberto, Alfonso e Luis Caldas (músicos).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar