Ángel Martínez Pérez

empresario galego

Ángel Martínez Pérez, nado en Vigo e finado en Poio o 24 de febreiro de 2022[1], foi un empresario e representante musical galego, coñecido como Lito.[2]

Infotaula de personaÁngel Martínez Pérez
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de febreiro de 2022 Editar o valor em Wikidata
Poio, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A finais da década de 1980 comezou no negocio da representación de orquestras e eventos musicais. En 1985 fundou Espectáculos Lito con sede en Caldas de Reis. Foi fundador ou representante de orquestras como Panorama, París de Noia, Sintonía de Vigo, Philadelphia ou Olympus.[3] O grupo de empresas Lito está formado por Soner Sonido e Iluminación SL, Emuli SL, Escena Rent SLU e Producciones Artísticas Lito SL.

A súa empresa chegou a mover 25 millóns de euros ao ano. Controlando a 60 orquestras en Galicia con 70 axentes comerciais que vendían os contratos coas orquestras que representaba ás comisións de festas. Foi condenado pola Audiencia Provincial de Pontevedra en marzo de 2018 a 12 anos de cárcere e ao pago de 36 millóns de euros por delito fiscal. Posteriormente o Tribunal Supremo anulou esta sentenza e, trala repetición do xuízo, a pena de cárcere foi reducida en xuño de 2021 a dous anos e tres meses.[1]

Os seus problemas coa Xustiza neses seus últimos anos acompañáronse de problemas de saúde física e mental. Finalmente, faleceu o 24 de febreiro de 2022, tras precipitarse ao baleiro dende a ponte da Barca (Poio), sobre a autoestrada AP-9.[4]

Notas editar