Orquídea de esporón enchido
Orquídea de esporón enchido | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inflorescencia | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
Orchis coriophora L. (1753) |
A orquídea de esporón enchido, Orchis coriophora,[1] L. (1753), é unha especie terrestre da familia das orquídeas.
Descrición editar
É unha especie herbácea de pequeno a gran tamaño, terrestre, que prefire o clima frío. Ten un robusto talo de cor verde pálida con 4 a 10 follas basais, lineares a linear-lanceoladas e follas caulinas case na cima do talo. Florece na primavera e verán nunha inflorescencia cilíndrica ou oblonga de 45 a 135 cm de lonxitude con moitas flores (15 a 25) fragantes e de cor variable.[2]
Hábitat e distribución editar
Atópase en España, Italia, Francia e Grecia, Turquía, Chipre, Libia, Tunisia, Alxeria, Marrocos, Portugal, Illas Baleares, Córsega, Sardeña, Bélxica, Holanda, Alemaña, Checoslovaquia, Austria, Hungría, Suíza, Iugoslavia, Albania, Bulgaria, Romanía, Polonia, Bielorrusia, Ucraína, Rusia, Irán, Iraq, Xordania, Israel e Líbano en lugares asollados, claros de piñeirais e matogueiras en alturas sobre os 2500 m s. n. m. en chans lixeiramente acedos.
Taxonomía editar
Orchis coriophora foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 940. 1753.[3]
Estas orquídeas reciben o seu nome de xénero do grego όρχις "orchis", que significa testículo, pola aparencia dos tubérculos subterráneos nalgunhas especies terrestres. A palabra 'orchis' usouna por primeira vez Teofrasto (371/372 - 287/286 a. C.), no seu libro "De historia plantarum" (A historia natural das plantas). Foi discípulo de Aristóteles e está considerado como o pai da Botánica e da Ecoloxía.
coriophora: epíteto latino que significa con flores coriáceas.
- Anacamptis coriophora (L.) R.M.Bateman 1997, Pridgeon & M.W.Chase 1997
- Anteriorchis coriophora (L.) E.Klein & Strack 1989
- Anteriorchis coriophora subsp. martrinii (Timb.-Lagr.) Jacquet 1997
- Orchis cimicinus Crantz 1835
- Orchis coreosmus St.-Lag. 1880
- Orchis coriophora subsp. carpetana (Willk.) Malag. 1968
- Orchis coriophora subsp. martrinii (Timb.-Lagr.) Nyman 1882
- Orchis coriophora var. dolichoceras Maire 1939
- Orchis coriophora var. elongata Maire 1940
- Orchis coriophora var. lusciniarum Maire 1939
- Orchis coriophora var. major E.G.Camus 1900
- Orchis coriophora var. polliniana (Spreng.) Pollard 1824
- Orchis coriophora var. sennenii A.Camus 1928
- Orchis coriophora var. subsancta Balayer 1986
- Orchis coriophora var. symphypetala Brot. 1827
- Orchis fragrans var. elongata (Maire) Raynaud 1985
- Orchis fragrans var. polliniana (Spreng.) Pollard 1824
- Orchis martrinii Timb.-Lagr. 1856
- Orchis polliniana Spreng. 1815
Notas editar
- ↑ Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
- ↑ Jay Pfahl. "Orchis coriophora". Internet Orchid Species Photo Encyclopedia (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2013.
- ↑ "Orchis coriophora". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 6 de abril de 2013.
Ligazóns externas editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Orquídea de esporón enchido |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Orquídea de esporón enchido |