Notostráceos

Notostráceos
Notostraca

Rango fósil: Fameniano (Devónico superior) - Actualidade
LepidurusApus.jpg
Lepidurus apus

Triops australiensis
Triops australiensis

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Branchiopoda
Subclase: Phyllopoda
Orde: Notostraca
Sars, 1867
Familia: Triopsidae
Keilhack, 1909
Xéneros
Véxase o texto

A dos notostráceos,[1] Notostraca, é unha orde de crustáceos branquiópodos.

Coñécense fósiles de notostráceos de máis de 200 millóns de anos de antigüidade.[2]

Na actualidade compende unha soa familia, a dos triópsidos (Triopsidae), con tan só dous xéneros.[3]

As súas especies coñécense como camaróns cágado.

TaxonomíaEditar

DescriciónsEditar

A orde foi descrita en 1867 polo biólogo mariño e de auga doce noruegués Georg Ossian Sars.[4][5]

A familia describiuna en 1909 o xeólogo alemán Konrad Keilhack, [6] nun traballo publicado en Brauer's Süsswasserf. Deutschl., 10: 7.[7]

EtimoloxíasEditar

O nome científico Notostraca está formado pola unión dos elementos not- e -ostraca, tirados dos termos do grego antigo νῶτος nōtos "costas", e ὄστρακον ‎óstracon, "cuncha" (de molusco, de tartaruga).[8]

En canto Triopsidae está formado pola adición ao nome do seu xénero tipo, Triops, o sufixo do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.

XénerosEditar

A familia Triopsidae comprende dous xéneros:[6]

CaracterísticasEditar

Os notostráceos son animais que viven en xeral en aguas doces e que presentan unha serie de trazos que permiten distinguilos claramente do resto dos branquiópodos.[2]

As especies dos dous xéneros actuais están considerados fósiles viventes, e non cambiaron significativamente desde o Triásico.[9]

Teñen o corpo formado por tres tagmas: céfalon, tórax e pleon; os dous primeiros e parte do pleon están cubertos por unha casca dorsal en forma de escudo.[10]

Esta casca fai inconfundíbel a esta orde, e recorda un pouco aos cangrexos de ferradura (orde dos xifosuros, da clase dos merostomados), animais mariños de moito maior tamaño.[2]

Posúen un ollo naupliano e dous ollos compostos sésiles. O segundo par de antenas e as maxilas están reducidas ou faltan por completo.

O tórax consta de 11 segmentos, cada un cun par de apéndices (toracópodos) de tipo filopodial, é dicir, aplanados, foliáceos e lobulados. O pleon consta de 13 a 33 segmentos, con 29 a 52 pares de apéndices (pleópodos), de estrutura similar aos toracópodos. O telson posúee un par de cercos anelados moi longos.

Ciclo de vidaEditar

Nas poboacións dos notostráceos do hemisferio norte dase con frecuencia un fenómeno de partenoxénese, segundo o cal, de ovos non fecundados nacen unicamente fembis, sendo os machos case inexistentes. Mentres que, a medida que se avanza cara aos trópicos, os machos poden chegar incluso a superar en número ás femias.

O macho adhírese ao cacho da femia e xunta seu 11º par de patas coas da femia. Tanto os ovos fecundados, como os que non o son, almacénanse nun compartimento que se encontra en 11º par de patas.

NotasEditar

  1. notostráceo en Digalego.
  2. 2,0 2,1 2,2 García de Lomas & Jordi Sala 2015.
  3. Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid et al.: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-8789-3097-3.
  4. Notostraca Sars, 1867 no BioLib. Consultado o 3 de marzo de 2022.
  5. Notostraca Sars, 1867 no WoRMS. Consultado o 3 de marzo de 2022.
  6. 6,0 6,1 Triopsidae Keilhack, 1909 no WoRMS. Consultado o 3 de marzo de 2022.
  7. Triopsidae no GBIF. Consultado o 3 de marzo de 2022.
  8. Notostraca no Merriam-Webster Dictionary.
  9. Luc Brendonck, D. Christopher Rogers, Jorgen Olesen, Stephen Weeks & Walter R. Hoeh (2008): "Global diversity of large branchiopods (Crustacea: Branchiopoda) in freshwater". Hydrobiologia 595: 167–176.
  10. Denton Belk (2007): "Branchiopoda". En Sol Felty Light & James T. Carlton. The Light and Smith Manual: Intertidal Invertebrates from Central California to Oregon (4th ed.). Oakland, California: University of California Press. ISBN 978-0-5202-3939-5, pp. 414–417.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Fryer, G. (1988): "Studies on the functional morphology and biology of the Notostraca (Crustacea: Branchiopoda). Philosophical Transactions of the Royal Society London Series B 321: 27–124.
  • García de Lomas, Juan e Jordi Sala, Miguel Alonso (2015): "Clase Branchiopoda, Orden Notostraca". Revista IDE@ - SEA', 71: 1–10. Ver en liña.
  • Longhurst, Alan L. (1955): "A review of the Notostraca". Bulletin of the British Museum (Natural History) Zoological Series 3 (1): 3–57.
  • Martin, J. W. & G.E. Davis (2001): An Updated Classification of the Recent Crustacea.