Cerco (artrópodos)
Os cercos son apéndices localizados na extremidade do abdome dalgúns artrópodos,[1][2] sobre todo nos insectos (aínda que tamén os presentan algúns miriápodos).[3]
Normalmente existe un par de cercos laterais, que ás veces van acompañados dun cerco central denominado paracerco.
Etimoloxía
editaro Termo cerco deriva da palabra do grego antigo κέρκος kérkos, 'cola'.[4]
Porén, moitas veces na bibliografía internacional adoita usarse a súa adaptación ao latín, cercus (plural cerci).[4]
Formas e funcións
editarA súa morfoloxía é variada: poden seren longos, delgados e con función sensorial (Ephemeroptera), ou curtos, robustos e defensivos (Dermaptera). Nos Dermaptera e nos Japygidae están transformados en pinzas.[3]
Os cercos frecuentemente serven como órganos sensoriais,[3] pero tamén ás veces úsanse como armas, como axudas na copulación, ou simplemente son estruturas vestixiais.[5]
Ordes de insectos que teñen cercos en estado adulto
editarNotas
editar- ↑ cerco2 no dicionario da RAG
- ↑ cerco 4 s m ZOOL Apéndice terminal que moitos artrópodos teñen ao finaal do corpo. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Garrido, Carlos (1977): cerco (Myriapoda+Insecta), en: Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.
- ↑ 4,0 4,1 cercus no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ Pilon, J. G. e D. Lagacé (1998): Les Odonates du Québec. Entomofaune du Québec. ISBN 2-9802763-2-4,
- ↑ En realidade son hexápodos que non son verdadeiros insectos.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerco |