Abrir o menú principal

Dipluros

(Redirixido desde "Diplura")

A dos dipluros[2] (Diplura) é unha clase de artrópodos hexápodos moi próximos aos insectos verdadeiros (clase Insecta).

Son animais de pequeno tamaño, membros abundantes do edafón (a biota do solo), que reciben o seu nome ("os de cola dupla") porque presentan dous cercos patentes ao final do seu corpo.

Coñecense unhas 800 especies.[3]

CaracterísticasEditar

Son de dimensións pequenas (dun poucos milímetros) ainda que algún puede alcanzar os 50 mm. Como é común na fauna intersticial do solo, non presentan pigmentación apreciábel. A súa superficie corporal aparece máis ou menos densamente cuberta de sedas (como pelos). O seu corpo é deprimido, esvelto e flexíbel.

A cabeza porta dúas antenas moi características, moniliformes (en forma de rosario) con artellos moi recoñecíbeis e musculado cada un independentemente, un rasgo evolutivamente primitivo que se observa tamén nos colémbolos, pero que se perdeu nos insectos.

 
Diferencias anatómicas entre Campodea (Campodeidae) e Japyx (Japygidae).

Non teñen ollos, e son entognatos, é dicir, coas pezas bucais encaixadas en posición inferior dentro dun suco da cabeza, rasgo co que coinciden cos outros hexápodos non insectos (proturos e colémbolos).

O tórax está formado por tres tagmas ou segmentos, como nos demais hexápodos, que, neste caso, se articulan de maneira especialmente flexíbel, o que contrasta coa relativa rixidez do tórax dos insectos.

O abdome está formado por dez segmentos, contando o telson (último segmento), que levan en posición ventrolateral pequenos apéndices sen articular chamados estilos, que pode que sexan residuos evolutivos de antigas patas locomotoras.

Tamén están presentes neles vesículas pares, evaxinábeis, que teñen que ver coa regulación hídrica, facilitando a absorción da rosada ou orballo. Ao final do abdome hai dous apéndices, cercos, como os que se observan en certas ordes de insectos verdadeiros, e que son os que dan nome o grupo. Na familia dos Campodeidae os cercos son longos e moniliformes, pero nos das familias dos Japygidae e os Anajapygidae evolucionaron cara a pezas breves e duras que, nos primeiros, son verdadeiras pinzas.

EcoloxíaEditar

Os dipluros son parte da fauna do solo, onde chegan a presentarse con densidades considerábeis. Algúns son habitantes das covas.[4] Os Campodeidae son hábiles corredores que ademais escavan galerías no solo; os demais son especialistas en forzar o seu paso a través de gretas preexistentes e son marchadores pouco competentes. Os campodeidos realizan a autotomía dos seus cercos, ao estilo dos lagartos, desprendéndoos cando son atrapados por un depredador. Os Japygidae usan as súas pinzas posteriores como arma defensiva, aínda que se presta pouco crédito á interpretación que algúns fan de que tamén lles valen para capturar as súas presas.

Os dipluros teñen pezas bucais mastigadoras, e aliméntanse dunha gran variedade de presas vivas e de materia orgánica morta. Son esencialmente omnívoros que devoran residuos orgánicos, fungos do solo e pequenas presas animais.[5]

Reprodución e desenvolvementoEditar

Non existe apareamento. Os machos liberan pequenos espermatóforos (paquetes sólidos de esperma) que as femias localizan e manipulan, inserídoos no seu gonóporo (poro xenital). A posta consiste en conxuntos de ovos pedunculados. Nalgúns casos observouse coidado parental dos xuvenís. Os dous primeros estadios (fases entre mudas) son larvas sen capacidade para alimentarse, que se alcanza, como a morfoloxía adulta típica, coa terceira muda. Os adultos seguen mudando ao longo da súa vida, o que facilita a rexeneración dos órganos, e poden seren moi lonxevos (até dous anos) dado o seu pequeno tamaño.

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

A orde foi desscrita en 1904 polo entomólogo e botánico alemán Carl Julius Bernhard Börner en "Zur Systematic der Hexapoden". Zoologischer Anzeiger, vol. 27, pp. 511–533.

EtimoloxíaEditar

o nome científico Diplura (substantivo neutro plural) está formado polos elementos do latín científico dipl- e -ura, tirados dos termos do griego διπλός diplós, 'dobre' e οὐρά ourá, 'cola' (de animal). Literalmente: 'os que teñen dúas colas'.

Clasificación e parentescosEditar

Existen unhas 800 especies que se clasifican en tres ordes e oito familias. Distribúense por todo o mundo, agás nas rexións de clima ártico.

Os dipluros clasificáronse adoito nun taxon chamado Entognatha, cos Ellipura (Protura+Collembola), baseándose na posición escondida das pezas bucais, que contrasta coas visíbeis que teñen os insectos verdadeiros (Insecta, chamados por iso Ectognatha). Porén, ese carácter es seguramente unha simplesiomorfía e o grupo que define é parafilético. É máis probábel, pero non seguro, que os dipluros sexan o grupo irmán dos insectos. As relacións entre os catro grupos de hexápodos non están aínda ben dilucidadas, pero os estudos máis recentes están en contra dun grupo monofilético Entognatha.[6]

O rexistro fósil dos dipluros é escaso, pero un aparente dipluro data do carbonífero.[7]

O máis antigo dipluro coñecido, Testajapyx, tiña ollos compostos, e piezas bucais que se asemellaban máis ás dos insectos verdadeiros que ás dos dipluros modernos.

NotasEditar

  1. Hoell, H. V., Doyen, J. T. & Purcell, A. H. (1998). Introduction to Insect Biology and Diversity, 2nd ed. Oxford University Press. p. 320. ISBN 0-19-510033-6. 
  2. dipluro -ra 1 adx Relativo ou pertencente aos dipluros. 2 s m ANIMAL/ENTOM Insecto (sic) da orde dos dipluros. 3 s m pl AIMAL/ENTOM Orde de insectos (sic) ápteros de corpo alongado que presenta pequenos apéndices en gran parte dos esternitos abdomianais, ademais de dúas grandes sedas no extremo do abdome. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
  3. Comunidad Virtual de Entomología - ¿Cuántos insectos existen en la península Ibérica?
  4. Order Diplura McMaster University, 1999.
  5. Diplura Guide to New Zealand Soil Invertebrates. Massey University, Palmerston North, New Zealand.
  6. A. Carapelli; F. Nardi; R. Dallai; F. Frati (2006). "A review of molecular data for the phylogeny of basal hexapods". Pedobiologia 50 (2): 191–204. doi:10.1016/j.pedobi.2006.01.001. 
  7. David R. Maddison (1 de xanerio de 2005). Diplura en Tree of Life.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Börner, C. (1904): "Zur Systematic der Hexapoden". Zoologischer Anzeiger, vol. 27, pp. 511–533.
  • A. Carapelli; F. Nardi; R. Dallai; F. Frati (2006). "A review of molecular data for the phylogeny of basal hexapods". Pedobiologia 50 (2): 191–204. doi:10.1016/j.pedobi.2006.01.001. 
  • Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Graening, G. O.; Shcherbanyuk, Y. & Arghandiwal, M. (2014): "Annotated checklist of the Diplura (Hexapoda: Entognatha) of California". Zootaxa 3780 (2): 297–322.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar