Georg Ossian Sars

Georg Ossian Sars, nado o 20 de abril de 1837 en Kinn, Noruega, e findo o 9 de abril de 1927 en Oslo, foi un biólogo mariño e de auga doce noregués.

Georg Ossian Sars
G-O-Sars.jpg
Profesor Georg Ossian Sars, ca. 1865
Nacemento20 de abril de 1837
Lugar de nacementoKinn, Noruega (hoxe parte de Flora)
Falecemento9 de abril de 1927
Lugar de falecementoOslo
SoterradoCemiterio de Noso Salvador de Oslo
Nacionalidadenoreguesa
Alma máterUniversidade de Oslo
OcupaciónBiólogo mariño, biólogo de auga doce, profesor universitario, zoólogo, carcinólogo e ilustrador
PaiMichael Sars
NaiMaren Sars
IrmánsErnst Sars, Eva Nansen
Linguafrancés, inglés, noruegués
OrganizaciónUniversidade de Oslo
PremiosComendador da Ordem de Santo Olavo, Medalla linneana, Doutor Honoris Causa da Universidade de Uppsala e Honorary Fellow of the Royal Society of Edinburgh
editar datos en Wikidata ]
Lámina con debuxos de Sars no seu libro Contributions to the knowledge of the fresh-water Entomostraca of New Zealand. (1894)

TraxectoriaEditar

Georg Ossian Sars naceu o 20 de abril de 1837 en Kinn, Noruega, e era fillo do pastor Michael Sars e da súa esposa Maren Sars; o historiador Ernst Sars era o seu irmán maior, e a cantante Eva Nansen era a súa irmá pequena. Pasou a infancia en Manger, Hordaland, onde o seu pai era o cura local. Estudou de 1852 a 1854 na escola da Catedral de Bergen, e desde 1854 na escola da Catedral de Christiania, pasando despois á Universidade de Christiana (hoxe Universidade de Oslo) en 1857. Desenvolveu o seu interese pola historia natural mentres estudaba medicina; despois de recolectar pulgas de auga nos lagos locais, con Wilhelm Lilljeborg, descubriu novas especies, o que deu lugar á súa primeira publicación científica. Georg Ossian Sars tiña boa memoria e excelentes habilidades de debuxo, e ilustrou algunhas das obras zoolóxicas do seu pai.[1]

Sars foi un investigador pioneiro e fundador dos estudos sobre o ictioplancto. En 1864, fue encomendado polo goberno noruegués para investigar os caladoiros pesqueiros da costa norueguesa. Un dos seus primeiros descubrimentos foi que os ovos de Gadus morhua eran peláxicos, isto é, que se encontraban en columnas de auga abertas.[1] Continuou recibindo o patrocinio do goberno ao longo de toda a súa carreria.[2]

O campo principal das investigacións de Sars foi sobre os crustáceos e a súa sistemática. Describiu moitas novas especies, especialnte na súa obra mestra, An Account of the Crustacea of Norway.[1]

Georg Ossian Sars non casou, falecendo o 9 de abril de 1927 en Oslo.​[1]

Algunhas publicaciónsEditar

  • Historie naturelle des Crustacés d’eau douce de Norvège, Christiania: Chr. Johnsen. 1867.
  • An Account of the Crustacea of Norway¡¡. 1897, publicado en partes entre 1890 e 1928.
  • Bidrag til kundskaben om norges arktiske fauna. I. Mollusca regonis arcticae Norwegiae. Oversigt over de i norges arktiske region forekommende bløddyr. Christiania: Brøgger / Universidade de Oslo. 1878.
  • An account of the Crustacea of Norway, with short descriptions and figures of all the species. Cammermeyers Forlag. v. 1: Amphipoda, 1895; v. 2: Isopoda, 1899; v. 3: Cumaceae, 1899; v. 4: Copepoda. Calanoida, 1901; v. 5: Copepoda. Harpacticoida, 1911; v. 6: Copepoda. Cyclopoida, 1913; v. 7: Copepoda. Supplement, 1919; v. 8: Copepoda. Monstrilloida & Notodelphyoida, 1921; v. 9: Ostracoda, 1922–1928.
  • Fauna Norvegiae, Band 1: Phyllocarida and Phyllopoda. Christiania. 1896.
  • An account of the Crustacea of Norway, with Short Descriptions and Figures of all the Species, 9 Bände, veröffentlicht vom Bergen Museum, Bergen, im Verkauf beim Cammermayer-Verlag, Christiania & Kopenhagen. 1895–1928.
  • "Copépodes particulièrement bathypélagiques provenant des campagnes scientifiques du Prince Albert Ier de Monaco". En: Résult. Camp. scient. Prince Albert I 69: 1–408. 1925.

HonoresEditar

DistinciónsEditar

  • 1910. Galardoado coa Medalla linneana.[1]
  • 1892. Cabaleiro da Orde de San Olaf.[3]
  • 1911. Comandante Cabaleiro da Orde de san Olaf.[3]

Sociedades científicas das que formou parteEditar

EponimiaEditar

O profesor Sars é recordado nos nomes científicos dunha serie de invertebrados mariños, así como na revista Sarsia, do Centro Internacional Sars de Bioloxía Molecular Mariña, e máis no buque oceanográfico insignia noruegués RV G.O.Sars.[1]

AbreviaturaEditar

A abreviatura Sars emprégase para indicar a Georg Ossian Sars como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Geir Hestmark. "G. O. Sars". En Norsk biografisk leksikon (en noruegués). Consultado o 3 de marzo de 2022.
  2. Helen M. Rozwadowski (2008): "Dredging the moon". En Fathoming the Ocean: The Discovery and Exploration of the Deep Sea. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. ISBN 978-0-6740-2756-5, pp. 133–174.
  3. 3,0 3,1 Frank Truesdale (1993): History of Carcinology. Boca Ratón, Florida: CRC Press. ISBN 978-9-0541-0137-6, p. 152.
  4. Georg Ossian Sars na web da Leopoldina.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar