Limulus polyphemus
Limulus polyphemus Rango fósil: ordovícico - actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Limulus polyphemus (Linnaeus, 1758) |
Limulus polyphemus é unha especie de artrópodo quelicerado da orde dos xifosuros, unha das catro aínda viventes destes aniamis, e a única do xénero Limulus.
Vive ao longo da costa leste de América do Norte e de América Central, principalmente en augas pouco profundas, en fondos brandos areosos ou lamacentos.
Na bibliografía internacional coñécese, entre outros, co nome vulgar de cangrexo de ferradura do Atlántico. Pero, a pesar deste nome, a especie está máis próxima aos arácnidos (arañas, carrachas e escorpións) que aos cangrexos, cos que non garda ningunha relación.[1]
Características
editarRendezvous with a Horseshoe Crab, agosto de 2011, 4:34, WHYY-TV NewsWorks. | |
The Horseshoe Crab Spawn, xuño de 2010, 5:08, HostOurCoast.com | |
Horseshoe Crabs Mate in Massive Beach "Orgy", xuño de 2014, 3:29, National Geographic. |
Ten un corpo segmentado en tres lóbos divididos por sucos lonxitudinais e patas ventrais das que xorden apéndices e ollos compostos. Pode alcanzar os 50 cm de lonxitude.
Non se coñecen moito os seus hábitos. Pero sábese que pasa gran parte da súa vida enterrado na area ou na lama, en augas superficiais, onde captura ás súas presas, xa que é un deprerdador que se alimenta de moluscos, vermes e outros invertebrados (vivos ou mortos: tamén é necrófago).
Hábitat e distribución
editarEste cangrexo de ferradura se encóntrase comunmente no golfo de México, ao longo das costas do atlánticas de Norteamérica. Realiza migracións, sendo o seu principal desprazamento, cara ao norte, a baía de Delaware, aínda que algúns individuos de cando en vez achéganse até as costas europeas.[2]
O número de individuos desta especie está diminuíndo de forma lenta pero constante. Un recente estudo realizado polo Servizo de Estudos Xeolóxicos dos Estados Unidos de América sinala como culpábel deste declive ao cambio climático que está ocorrendo no noso planeta desde o final da era glaciar e que se está acelerando coas emisións de gases de efecto invernadoiro que facemos os humanos. Porén, estudos anteriores aseguran que a sobrepesca e as capturas para a industria farmacéutica tamén contribúen en gran medida á mingua das súas poboacións.[Cómpre referencia]
Taxonomía
editarDescrición
editarXénero
editarO xénero Limulus foi descrito en 1785 polo naturalista danés Otto Friedrich Müller,[3] na súa obra Entomostraca seu Insecta Testacea, quae in aquis Daniae et Norvegiae reperit, descripsit et iconibus illustravit.
Especie
editarEn canto á especie, fora descrita en 1758 polo naturalista sueco Carl von Linné (Linneo), na 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Monoculus polyphemus.[4]
Etimoloxías
editarXénero
editarO nome Limulus é un diminutivo do adxectivo latino līmus, -a, -um, que significa "oblicuo", "torto", "atravesado" (limis [oculis] spectare = "mirar de esguello"). Literalmente: "un pouco birollo".[5]
Especie
editarO epíteto específico, polyphemus, fai referencia ao máis famoso dos ciclopes da mitoloxía grega, Polifemo (en grego antigo Πολύφημος Polýphēmos, "de moitas palabras"), que adoita representarse como un xigante barbudo cun só ollo na fronte. Isto debeuese á idea errónea que se tiña no século XVIII de que o animal tiña un só ollo.[5] Por iso tamén Linneo, cando describiu a especie, deulle ao xénero o nome de Monoculus, é dicir, "dun só ollo".
Sinónimos
editarXénero
editarAdemais de polo nome actual, o xénero coñécese tamén polo sinónimo Xiphosura Gronovius, 1764.[3]
Especie
editarAdemais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[4]
- Limulus albus Bosc, 1802
- Limulus americanus Leach, 1819
- Limulus cyclops Fabricius, 1793
- Limulus occidentalis Lamarck, 1801
- Limulus sowerbii Leach, 1815
- Monoculus polyphemus Linnaeus, 1758 (basónimo)
O sangue desta especie e os seus usos médicos
editarO sangue ou hemolinfa dos cangrexos de ferradura contén unha proteína chamada hemocianina, na que dous átomos de cobre fan a función de transporte do oxíxeno a través do organismo do animal, función que nos vertebrados realiza a hemoglobina, proteína que contén un átomo de ferro. A hemocianina é incolora cando non contén oxíxeno, mentres que se volve de cor azul escura cando si o transporta, ou cando o animal sangra a a hemolinfa queda exposta ao aire.[6][7]
Ademais, este sangue contén unhas células sanguíneas chamadas amebocitos, semellantes aos leucocitos dos vertebrados, as cales reaccionan ante as endotoxinas bacterianas, coagulando. O extracto do sangue deste animal, o Limulus amebocyte lysate ou LAL, úsase para verificar a presenza en inxectábeis parenterais destas endotoxinas, particulamente os lipopolisacáridos (LPS) que se encontran na membrana exterior das bacterias gramnegativas, os piróxenos máis importantes.[8]
Este método úsase como alternativa ao Rabbit Pyrogen Test ou RPT, que consiste en inocular a un coello a substancia de ensaio e verificar posteriormente se o conello desenvolve un proceso febril. Fronte ao método LAL, o RPT é máis lento, non ofrece resultados cuantitativos e, ademais, poden existir outros factores que alteren o estado do coello, aínda que o seu espectro de aplicación sexa maior.[8]
Outro novo uso do sangue deste animal é un test rápido de detección de posíbeis infeccións en astronautas para o seu tratamento inmediato. O dispositivo, chamado LOCAD-PTS (Lab-On-A-Chip Application Development Portable Test System), foi probado na Estación Espacial Internacional.[9][10]
Galería
editar-
Esquemas da morfoloxía.
-
Vista superior.
-
Vista inferior.
-
Macho enganchado é femia para a desova.
-
Fósil de cangrexo de ferradura.
Notas
editar- ↑ Chliboyko, J. (2008): "Crabby Ancestors", Canadian Geographic Magazine, p. 25.
- ↑ "NEAT Chelicerata and Uniramia Checklist" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de outubro de 2006. Consultado o 5 de decembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 Limulus O.F. Müller, 1785 no WoRMS.
- ↑ 4,0 4,1 Limulus polyphemus (Linnaeus, 1758) no WoRMS.
- ↑ 5,0 5,1 "Coast by Willie Heard" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de febreiro de 2017. Consultado o 05 de decembro de 2016.
- ↑ Fraile, Ruth; Montiel, Luis; González de Pablo, Ángel; De Armas, Isabel (2004). De la sangre. pp. 11–12.
- ↑ Shuster, Carl N; Barlow, Robert B; Brockmann, H. Jane (2004). The American Horseshoe Crab. pp. 276–277.
- ↑ 8,0 8,1 "Endotoxin Detection Methods for Pharmaceuticals and Medical Devices" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2013. Consultado o 5 de decembro de 2016.
- ↑ "Cangrejos herradura y viajes espaciales" (en castelán). 23 de novembro de 2006. Consultado o 5 de decembro de 2016.
- ↑ NASA, ed. (6 de febreiro de 2009). "Astronauts Swab the Deck" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 5 de decembro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Limulus polyphemus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Limulus polyphemus |
Bibliografía
editar- Brusca, R. C. & G. J. Brusca (1990): Invertebrates. Sunderland, MA, USA: Sinauer Associates. Tradución ao castelán en 2005, por McGraw-Hill Interamericana de España, Madrid. ISBN 978-84-486-0246-8.
- Owen, Richard (1873). Anatomy of the king crab (Limulus polyphemus, Latr.). London: Taylor and Francis.
- Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology, 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole ISBN 0-03-025982-7.