Abrir o menú principal
En laranxa, os pleópodos do camarón norteamericano Litopenaeus setiferus.

Nos crustáceos malacostráceos denomínanse pleópodo[1] a cada un dos cinco apéndices abdominais, é dicir, os apéndices do pleon. Case sempre birrámeos, están provistos de guedellas de sedas, ou ben de lobos, para adaptárense á natación.[1][2]

Outras funciónsEditar

Ademais de seren principalmente patas para a natación, tamén se utilizan para a incubación dos ovos (excepto nos camaróns e nas gambas), para a captura de alimentos (que despois desprazan cara á boca) e, ás veces, poden levar tamén branquias.[1]

Nalgúns taxons, o primeiro par ou dous primeiros pares de pleópodos especializáronse nos machos para a fecundación,[1] coñocéndose daquela como gonópodos.[3]

EtimoloxíaEditar

O termo pleópodo, empregado desde 1855, está formado polos elementos ple- e -podo derivados das voces do grego antigo πλέω pléō 'navegar', e πούς, ποδός poús, podós 'pé', elementos unidos por un -o- epentético para facilitar a pronuncia. Literalmente: 'patas para nadar' ou 'patas natatorias'.[4]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Definición de pleópodo no Dicionario de Galego.
  2. pleópode (Artropoda:Crustacea), ou pleópodo, en Garrido, Carlos (1977).
  3. gonópode Arthropoda, 4ª acep., ou gonópodo, en Garrido, Carlos (1977).
  4. pleópodo Arquivado 01 de xuño de 2017 en Wayback Machine. en dicciomed.eusal.es Universidad de Salamanca.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
  • Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
  • Garrido, Carlos (1977): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal.. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2.

Outros artigosEditar