Norman Bethune

doutor e innovador canadense

Henry Norman Bethune, nado en Gravenhurst, Ontario o 3 de marzo de 1890 e finado en Tang, provincia de Hebei, China, en decembro de 1939, foi un doutor e innovador médico canadense. É coñecido polos seus servizos en tempo de guerra, coa intervención das súas unidades médicas a favor da Segunda República Española durante a Guerra Civil Española e cos aliados comunistas da República da China durante a Segunda Guerra sino-xaponesa. Habitualmente está considerado como o creador do primeiro servizo móbil de transfusión de sangue en 1936,[1] aínda que outras fontes suxiren que este mérito foi para o doutor Frederic Durán-Jordà uns meses antes.[2]

Infotaula de personaNorman Bethune

(1922) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1890 Editar o valor em Wikidata
Gravenhurst, Canadá (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte12 de novembro de 1939 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Tang County (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Sepse Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaNorth China Military Martyrs Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Toronto
Owen Sound Collegiate and Vocational Institute (en) Traducir
Faculdade de Medicina da Universidade de Toronto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCirurxía torácica e battlefield medicine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico , mestre , cirurxián Editar o valor em Wikidata
EmpregadorGreat Ormond Street Hospital (en) Traducir
Royal Victoria Hospital, Montreal (en) Traducir
Wayne State University School of Medicine (en) Traducir
Hôpital du Sacré-Cœur de Montréal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista do Canadá (pt) Traducir (1935–)
Partido Comunista de China Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarBrigadas Internacionais Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial, Segunda guerra sino-xaponesa e guerra civil española Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
ParentesNorman Bethune (en) Traducir (avó) Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Bethune-116 Find a Grave: 4624 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Orixe editar

Norman Bethune procedía dunha destacada familia canadense de orixe escocesa. O seu tataravó, o reverendo John Bethune (1751 - 1815), foi o patriarca da familia e estableceu a primeira igrexa presbiteriana en Montreal. O seu bisavó, Angus Bethune (1783-1858), pertenceu á Compañía do Noroeste, e viaxou extensamente a través dos territorios do noroeste, explorando e comerciando con peles.

O seu avó, tamén chamado Norman (1822-1892), foi educado como médico en Toronto e asistiu en Londres ao King's College e ao Guy's Hospital, formándose en 1848 como membro do Real Colexio de Médicos, e foi un dos fundadores da Escola Superior de Medicina do Canadá, que se incorporou ao Trinity College e finalmente á Universidade de Toronto.[3]

O seu pai, o reverendo Malcolm Nicolson Bethune, levou unha vida tranquila como pastor en Gravenhurst coa súa muller, Isabel, e ambos inculcaron a Norman os valores que o fixeron destacar na súa vida adulta.[3]

Xuventude editar

Naceu en Gravenhurst, na provincia de Ontario, o 3 de marzo de 1890. Tiña unha irmá, Janet e un irmán, Malcolm.

En setembro de 1909 matriculouse na Universidade de Toronto, pero en 1911 interrompeu os seus estudos durante un ano para incorporarse como profesor voluntario do Frontier College en remotos campamentos madeireiros e mineiros de todo o norte da provincia, ensinando aos traballadores inmigrantes a ler e escribir en inglés. En 1914, cando estalou a primeira guerra mundial, suspendeu de novo os seus estudos de medicina para servir como padioleiro na Fronte Occidental. Alí resultou ferido por metralla e estivo tres meses recuperándose nun hospital do Reino Unido. Cando se recuperou das feridas regresou a Toronto para completar o título de médico, que recibiu en 1916.

Coa guerra aínda en curso, uniuse á Royal Navy como tenente cirurxián no hospital de Chatham, ao sur de Londres. Ao finalizar a guerra, comezou unha práctica especializada en enfermidades infantís no Great Ormond Street Hospital de Londres. Máis tarde marchou a Edimburgo, onde obtivo a súa cualificación profesional no prestixioso Royal College of Surgeons.[4]

Despois de contraer e superar a tuberculose, en 1929 uniuse ao equipo do pioneiro en cirurxía torácica, o doutor William Edward Archibald, cirurxián xefe do Hospital Royal Victoria de Montreal, onde perfeccionou as súas habilidades neste campo e desenvolveu e modificou máis dunha ducia de novas ferramentas cirúrxicas. O seu instrumento máis famoso foron as "tesoiras de costela Bethune" (en inglés Bethune rib shears), que aínda se usan hoxe en día.[5] Publicou 14 artigos describindo as súas innovacións na técnica do tórax.

Actividade política editar

Bethune desinteresouse cada vez máis polos tratamentos cirúrxicos e preocupouse máis polo aspecto socioeconómico da enfermidade. Exerceu como médico en Montreal durante os anos da Gran Depresión, asistindo con frecuencia aos máis desfavorecidos da cidade, aos que prestaba atención médica gratuíta. Desafiou aos seus colegas profesionais e apertou sen éxito para que o goberno levase a cabo reformas radicais de coidados de saúde e asistencia sanitaria no Canadá.

Bethune foi un dos primeiros defensores da medicina socializada, que formaron o Grupo de Montreal para a Protección da Saúde. En 1935 viaxou á Unión Soviética para coñecer de primeira man o seu sistema sanitario. Durante ese ano converteuse nun comunista comprometido e uniuse ao Partido Comunista do Canadá.

España editar

 
O doutor Bethune, darredor de 1937, xunto cunha enfermeira e a súa unidade de transfusión de sangue co lema Unidad Canadiense de Transfusiones, durante a Guerra Civil Española nun punto indeterminado de España.
 
Bethune, xunto con soldados chineses, en 1938 durante a segunda guerra sino-xaponesa.
 
Monumento a Norman Bethune no castelo de Wanping, en Pequín (China).
 
Estatua e praza de Norman Bethune en Montreal (Canadá).

En 1936, ao estalar a Guerra Civil Española, Bethune aceptou unha invitación da Comisión de Axuda á Democracia Española encabezando a Unidade Médica do Canadá en Madrid. Uniuse ao batallón Mackenzie-Papineau, que estaba formado por comunistas e outros esquerdistas canadenses, e marchou a Madrid o 3 de novembro de 1936.

Unha causa común de morte no campo de batalla era o choque circulatorio causado por perda de sangue, o que causaba a morte instantánea dun combatente cuxas feridas non parecían graves. Bethune concibiu a idea da administración de transfusións de sangue in situ e desenvolveu a primeira unidade médica móbil. A unidade contiña 500 apósitos para feridas e subministracións e medicamentos suficientes para 100 operacións. Tamén organizou un servizo para recoller sangue dos doadores e trasladalo á fronte de batalla, salvando así numerosas vidas. O traballo de Bethune en España no desenvolvemento de unidades médicas móbiles foi o modelo para o desenvolvemento posterior das unidades do Mobile Army Surgical Hospital (MASH).

Unha das súas intervencións máis dramáticas produciuse durante o masacre da estrada Málaga-Almería, cando viaxou expresamente de Valencia a Málaga para axudar á poboación civil que estaba a ser masacrada durante a fuxida da cidade, que fora tomada polo bando sublevado, cara a Almería. Durante tres días el e os seus axudantes Hazen Sise e Thomas Worsley rescataron aos feridos e axudaron no traslado de refuxiados á capital almeriense.[6] Esta traumática experiencia levouno a escribir a súa historia El crimen de la carretera Málaga-Almería.[7]

Regresou ao Canadá o 6 de xuño de 1937, comezando unha xira para recadar fondos e voluntarios para a loita contra o fascismo en España.

China editar

En 1938, viaxou a Yan'an, na provincia de Shaanxi, na China. Alí uniuse aos comunistas chineses dirixidos por Mao Zedong na súa loita contra os xaponeses na segunda guerra sino-xaponesa. No campo de batalla, realizou operacións cirúrxicas de urxencia a vítimas de guerra e dirixiu a formación de médicos e enfermeiros. Destacou por non facer distinción entre as vítimas, dando o mesmo trato aos prisioneiros xaponeses feridos que aos combatentes chineses.[8]

No verán de 1939 foi nomeado asesor médico en Shanxi, Chajar e Hebei, baixo a dirección do xeneral Nie Rongzhen. A finais de ano sufriu unha ferida nun dedo mentres levaba a cabo unha operación de urxencia, o que lle provocou unha infección no sangue que se propagou por todo o corpo e produciu a súa morte, vítima de sepsis, o 12 de novembro de 1939.[6] O mesmo Mao escribiu en 1939, nun ensaio sobre el: "Todos debemos aprender do seu desinterese absoluto. Quen posúa este espírito pode serlle moi útil ao pobo".[6]

Legado editar

 
Placa dedicada a Norman Bethune no Paseo dos Canadenses, Málaga.

Practicamente descoñecido na súa terra natal durante a súa vida, Bethune recibiu recoñecemento internacional cando o presidente da República Popular da China, Mao Zedong, publicou o seu ensaio titulado "En memoria de Norman Bethune" (en chinés : 纪念 白求恩),[9] que documentou os últimos meses da vida do doutor na China. O ensaio converteuse en lectura obrigatoria nas escolas primarias chinesas durante a Revolución Cultural chinesa, entre 1966 e 1976.

Bethune é un dos poucos occidentais aos que se lle dedicaron estatuas en China. Está enterrado no Cemiterio dos Mártires Revolucionarios da cidade de Shijiazhuang, na provincia de Hebei, fronte á tumba de Dwarkanath Kotnis, un médico indio tamén galardoado pola súa contribución humanitaria ao pobo chinés.

Noutras partes da China, varias institucións e hospitais levan o seu nome. No Canadá atópanse o Bethune College da Universidade de York, e o Dr. Norman Bethune Collegiate Institute (unha escola secundaria) en Scarborough, Ontario, que levan o seu nome. En Andalucía atópase o centro de formación profesional específica da Cruz Vermella "Norman Bethune", situado en Almayate (Málaga).[10] Tamén na cidade de Málaga nomeouse unha rúa como "Paseo dos Canadenses", en homenaxe á axuda prestada por Bethune aos habitantes da cidade.[11] Na mesma cidade existe a rúa "Doctor Norman Bethune", na barriada de Soliva Leste.

O goberno do Canadá comprou en 1973 a mansión na que naceu Norman Bethune en Gravenhurst, tras unha visita do entón primeiro ministro canadense Pierre Trudeau á China. O ano anterior o doutor Bethune fora declarado "persoa de importancia histórica nacional". En 1976, trala restauración do edificio, abriuse ao público como Casa Memorial Bethune, clasificada como Sitio Histórico Nacional do Canadá.

A cidade de Montreal, no Quebec, creou unha praza pública e erixiu unha estatua na súa honra, situadas preto da estación de metro Guy-Concordia. En marzo de 1990, para conmemorar o centenario do seu nacemento, o Canadá e a China emitiron selos postais co mesmo deseño na súa honra.

Obras editar

  • Bethune, Norman. Las heridas. Pepitas de Calabaza, Logroño, 2012. Prólogo e tradución de Natalia Fernández. ISBN 978-84-940296-3-9
  • Bethune, Norman; Majada Neila, Jesús. El crimen de la carretera Málaga-Almería (febreiro de 1937). Caligrama Ediciones, Benalmádena, 2004. ISBN 84-95783-24-X

Notas editar

  1. "Henry Norman Bethune". Encyclopedia of World Biography (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2021. 
  2. "Reivindicación de Duran Jordà". El País (en castelán). 11 de febreiro de 2006. Consultado o 8 de outubro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "The early years of Norman Bethune". CBC (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2021. 
  4. MacLean, Lloyd D.; Entin, Martin A. (2000-11-01). "Norman Bethune and Edward Archibald: sung and unsung heroes". The Annals of Thoracic Surgery (en English) 70 (5): 1746–1752. ISSN 0003-4975. doi:10.1016/S0003-4975(00)02043-9. 
  5. "The Innovative Dr. Norman Bethune" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2009. Consultado o 8 de outubro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "El solidario Norman Bethune" (PDF). El País (en castelán). 26 de abril de 2004. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 6 de xaneiro de 2012. Consultado o 8 de outubro de 2021. 
  7. "Extracto de El crimen de la carretera de Málaga-Almería" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de marzo de 2016. Consultado o 8 de outubro de 2021. 
  8. Taylor, Robert, America's Magic Mountain, Boston: Houghton Mifflin, 1986. ISBN 0-395-37905-9
  9. "Fragmento do ensaio". marxists.org (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2021. 
  10. "Centro de formación profesional específica de la Cruz Roja "Norman Bethune"" (en castelán). Consultado o 8 de outubro de 2021. 
  11. "Inauguración del Paseo de los Canadienses en homenaje a Norman Bethune en Málaga" (en castelán). 2 de febreiro de 2006. Consultado o 8 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar