Nieves Fariza

mestra e sindicalista galega

Nieves Fariza Alonso, nada en Cambados o 17 de xaneiro de 1911 e finada en Vigo o 28 de setembro de 1975, foi unha mestra e sindicalista galega.

Infotaula de personaNieves Fariza
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Cambados, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de setembro de 1975 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , sindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla do sarxento da garda civil Emilio Fariza San Román e de Teodora Alonso Ríos, irmá de Antón Alonso Ríos. Bacharelato Universitario en Santiago de Compostela en 1929.[1] Creou e dirixiu a academia "Escuela Moderna" na Estrada en 1933.[2] Foi mestra da escola privada do Sindicato de Guimarei que abriu o 5 de abril de 1934.[3] Foi mestra en Xacebáns (Quintela de Leirado), onde amosou a súa oposición á Igrexa católica negándose a impartir clases de relixión.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 conseguiu escapar ao seu seguro asasinato. Agochouse en diferentes faiados da Estrada. Foi sancionada en 1940 con suspensión de emprego e soldo durante dous anos e traslado fora da provincia. Foi destinada a Solduengo (Burgos). Ao rematar o castigo destinárona a Arcucelos (Laza).[4] O seu marido Carlos Martínez, traballador do ferrocarril, morreu de silicose en 1947. Enfrontouse cos empresarios de MZOV para esixirlles o pago de pensións ás viúvas dos carrilanos afectados pola silicose que carecían de seguridade social, polo que foi coñecida por «A desenterramortos». Tamén defendeu aos operarios do ferrocarril conseguindo a mellora das súas condicións salariais ao lograr que se lles aboase o desprazamento ata os seus postos de traballo, gañando o sobrenome de «A dos quilómetros». Foi denunciada por exercer de laboralista sen estar en posesión do título e condenada a prisión. Defendeuna o avogado ourensán Luís Pérez Colemán. Cando saíu en liberdade matriculouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, obtivo o título de Graduado Social en 1953 e abriu o consultorio social Adelante na rúa do Paseo de Ourense co que fora o seu avogado. O bufete tivo continuidade cando remataron as obras do ferrocarril nas sucursais que abriron noutros puntos de Galicia e na conca mineira asturleonesa. Despois foi mestra en Domecelle (San Xoán de Río),[5] Corvelle (Bande) e Aciveiro (Forcarei).

Finou en Vigo o 28 de setembro de 1975.[6]

Vida persoal editar

Casou con Carlos Martínez e foi nai de María Elisa, Carlos e José Emilio Martínez Fariza.

Notas editar

  1. El Eco de Santiago, 29-4-1929, p. 2.
  2. El Emigrado, 7-2-1933, p. 4.
  3. El Emigrado, 7-4-1934, p. 3.
  4. La Región, 12-7-1952, p. 4.
  5. La Región, 3-7-1957, p. 2.
  6. Necrolóxica en Hoja Oficial del Lunes, 29-9-1975, p. 6, 16.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar