Nicolás de Castro Bolaño

militar galego

Nicolás de Castro Bolaño, nado en Vilalba[1] foi un tenente coronel galego que participou na insurrección xacobita de 1719 en Escocia, liderando o Rexemento Galicia composto por 300 galegos.[2]

Infotaula de personaNicolás de Castro Bolaño
Biografía
Nacementoséculo XVII Editar o valor em Wikidata
Vilalba Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XVIII Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militartenente coronel Editar o valor em Wikidata
ConflitoBatalla de Glen Shiel e Toma do castelo de Eilean Donan Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O tenente Castro Bolaño participou no apoio militar á insurrección xacobita de 1719 en Escocia. Os levantamentos xacobitas foron unha serie de insurreccións nas illas británicas entre 1688 e 1746. Tiveron como finalidade devolver o trono a Xacobe II de Inglaterra e, con iso, aos seus descendentes da Casa de Estuardo.[3] As potencias europeas que rivalizaban con Inglaterra apoiairon estes levantamentos, incluíndo o rei Filipe V de Borbón. En 1719, organizouse unha expedición militar supervisada polo cardeal Alberoni, conselleiro militar de Filipe V, composta de dous grandes continxentes militares enviados dende a península.[4] O maior deles, foi unha frota que partiu de Cádiz con 7000 soldados españois e 27 navíos que se dirixía a Gales ou Cornualla para tomar Londres, aínda que naufragou fronte Fisterra. O outro continxente, composto por 300 galegos, era o Rexemento Galicia,[1] cuxo obxectivo era mobilizar as tropas do pretendente en Escocia. O Rexemento Galicia foi liderado polo tenente coronel Nicolás de Castro Bolaño e partiu dende o porto guipuscoano de Pasaia con destino as Hébridas.

 
O castelo de Eilean Donan serviu como cuartel do Rexemento Galicia de Castro Bolaño.

Os 300 galegos de Castro Bolaño acamparon o 7 de abril de 1719 en "Steòrnabhagh", na illa de Leòdhas. Por mor do baixo número de tropas xacobitas rexeitouse a idea de atacar directamente Inverness e o 13 de abril desembarcaron en Kyle, preto da illa de Skye. Alí, o Rexemento Galicia usou o castelo de Eilean Donan como cuartel xeral e para gardar armas e municións.[2] Nicolás de Castro Bolaño e o sarxento maior Alonso de Sanatrem desprazáronse cara ao sur na procura do apoio doutros clans xacobitas, deixando un continxente gardando o castelo.

O 10 de maio, unha frota británica desembarcou fronte ao castelo, mais foi rexeitada polo continxente de soldados galegos que o gardaban. Os soldados ingleses abriron fogo cos seus canóns contra o castelo provocando a rendición. Cando menos un soldado galego morreu ese día no lugar,[4] e os demais foron capturados xunto a un irlandés e un escocés. Os galegos foron levados prisioneiros ao castelo de Leith, mentres que o escocés e o irlandés foron condenados a morte.

As tropas de Castro Bolaño sumaron 1600 homes logo de lograr o apoio de varios clans escoceses, como os Mackenzie, os Mackintosh de Borlum, os Cameron, os Mackinnon, os Murray, os Keith e os MacGregor, liderados por Rob Roy MacGregor.[4] Logo dun mes de movementos na zona, os galegos enteráronse os primeiros de xuño que os reforzos nunca chegarían.

Batalla de Glen Shiel editar

Artigo principal: Batalla de Glen Shiel.
 
A batalla de Glen Shiel, por Peter Tillemans.

O día 5 partiu de Inverness un exército inglés co fin de bloquear a marcha galego-xacobita cara á cidade e acabar coa insurrección escocesa na zona na batalla de Glen Shiel. Estaba ao mando do general Joseph Wightman e compoñíase de 850 infantes, 120 dragóns de cabalaría e catro baterías de morteiros. Despois de que o exército cruzase o río polo chamado dende entón «Paso dos hipanos» (Bealach-na-Spainnteach), ambos exércitos atopáronse en Glenshiel, a carón dos outeiros Cinco irmás. Os galego-xacobitas contaban inicialmente con vantaxe, xa que os galego ocuparon o cumio dun dos outeiros (chamada hoxe no día “Sgurr nan Spainteach”, o outeiro dos hispanos),[4] mentres que os seus aliados escoceses se apostaban aos lados e montaban algunhas barricadas.

O primeiro choque foi relativamente adverso para Wightman, mais serviu para comprobar que os escoceses, malia que formaban máis de dous terzos do exército galego-xacobita, eran o inimigo máis débil pola súa peor organización. Por iso, ordenou á maior parte das súas tropas que atacasen os flancos do inimigo, mentres os morteiros disparaban contra todo o grupo e mantiñan aos galegos nas súas posicións.[5] Nese momento, Rob Roy resultou gravemente ferido e o clan McGregor abandonou a batalla para salvalo.[4] Pouco despois, varios clans máis seguiron o exemplo, deixando aos seus aliados estranxeiros en gran parte sós, que se retiraron costa arriba. Ás 21.00 horas rendéronse, tres horas despois do inicio dos combates, mentres os poucos escoceses que aínda os acompañaban aproveitaban a néboa para fuxir e así escapar da execución. Descoñécese o número exacto de vítimas mortais, mais non puido ser de grande importancia. Segundo os historiadores británicos, estes non superarían os 100 homes mortos entre ambos bandos.

Os 274 soldados galegos que sobreviviron tiveron unha saída honorable, permitíndoselle conservar o seu estandarte coas armas do Graal galego[4] e baixar en formación ao son das caixas. Foron levados a Edimburgo, onde se reuniron cos que foran prisioneiros en Eilean Donan. En outubro as negociacións entre España e Gran Bretaña permitiron o seu regreso ao seu país natal.

 
Monumento da batalla de Glen Shiel.

Tempo despois, Benito Xerónimo Feijoo velou polo tenente coronel Nicolás de Castro Bolaño para a súa restitución á fronte do rexemento de infantaría de Compostela, lembrando o seu valor anos na insurrección escocesa.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Loureiro, Manel (10 de xaneiro de 2019). "Los 300 gallegos que 'invadieron' las islas británicas". El Mundo. Consultado o 13 de xuño de 2023. 
  2. 2,0 2,1 de Santos, Ángel Luis (12 de xaneiro de 2022). "El último intento de España de invadir Reino Unido en 1719 con 300 gallegos". La Razón. Consultado o 13 de xuño de 2023. 
  3. "A Jacobitism for the 21st Century". Jacobite (en inglés). 2017-06-10. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2022-03-01. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "A aventura Galaico-Escocesa de 1719". Nós Diario. 21 de xullo de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  5. Historic Environment Scotland & BTL10.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar