Nikolai Roerich

(Redirección desde «Nicholas Roerich»)

Nikolai Konstantinovich Rerikh (ruso: Никола́й Константи́нович Ре́рих), tamén coñecido como Nikolai Roerich e Nicholas Roerich, nado en San Petersburgo o 9 de outubro de 1874 e finado en Naggar (India) o 13 de decembro de 1947, foi un pintor, escritor, arqueólogo, teósofo e filósofo ruso, que na súa mocidade foi influído por un movemento na sociedade rusa arredor do espiritual. Interesouse pola hipnose e outras prácticas espirituais e dise que as súas pintoras teñen expresións hiptónicas.[1][2]

Nikolai Roerich
AlcumeRerich, Nikolaj Konstantinovič, Rerih, Nikolaj Konstantinovic, Rerikh, N. K., Rerikh, Nikolaĭ, Roehrich, Nikolay Konstantinovich, Roerich, Nicolas, Roerich, Nikolaĭ Konstantinovich e Roerich, Nikolaj Konstantinovic
Nacemento27 de setembro de 1874
Lugar de nacementoSan Petersburgo
Falecemento13 de decembro de 1947 e 1947
Lugar de falecementoNaggar, Himachal Pradesh e Kulu
NacionalidadeImperio Ruso
EtniaPobo ruso
Alma máterImperial St. Petersburg University e Higher Art School at the Imperial Academy of Arts
Ocupaciónfilósofo, pintor, coreógrafo, escritor, arqueólogo, poeta, diplomático, historiador, explorador, escenógrafo, diseñador de vestuario, deseñador, artista gráfico, ilustrador, muralista, místico, ocultista e traveler
PaiKonstantin Roerich
NaiMaria Vasiljevna Rerich
CónxuxeHelena Roerich
FillosSvetoslav Rjorich e George de Roerich
IrmánsBoris Konstantinovič Rerich e Vladimir Roerich
PremiosOrder of St. Vladimir, 4th class, Cabaleiro da Lexión de Honra, Order of Saint Stanislaus, Ordem de Santa Ana, Order of St. Sava e Ordem da Estrela Polar
Na rede
http://www.roerich-museum.ru/
Musicbrainz: a04ec394-b65c-40b9-bc8a-2ad2b8def276 Find a Grave: 105420902 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Fillo dun notario público de orixe báltica xermana e de nai rusa,[3] viviu en varios lugares do mundo ata a súa morte en Naggar,[4] Himachal Pradesh, India. Formouse como artista e avogado, mais os seus principais intereses foron a literatura, a filosofía, a arqueoloxía e especialmente a arte. Roerich foi un activista na causa da conservación da arte e da arquitectura en tempos de guerra e foi candidato en varias ocasións ao premio Nobel da Paz.[5] O pacto Roerich foi convertido en lei polos Estados Unidos e moitas outras nacións da Unión Panamericana en abril de 1935.

Legado cultural editar

 
Altai. Picos e pasos en honra da familia Roerich.
  • O vicepresidente dos Estados Unidos Henry A. Wallace foi un seguidor e defensor das ensinanzas de Roerich. Wallace foi atraído pola idea da Unión Sagrada do Leste, unha utopía espiritual e xeopolítica que Nikolai e Helena Roerich comtemplaban establecer no corazón de Asia. Baseada en ideas espirituais que os Roerichs dicían que recibiran de mestres doutros mundos, esta utopía mostraba á humanidade un proxecto de sociedade ideal. Como secretario de estado de agricultura, Wallace interesouse no proxecto e decidiu patrocinar a segunda expedición de Roerich a Asia en 1933–1934. Mentres tanto, Helena Roerich carteábasse co presidente Franklin D. Roosevelt, que estaba intrigado polas súas "exaltadas cartas". O proxecto acabou de forma desastrosa e resultou en enérxicos esforzos por Wallace e Roosevelt para cortar as súas ligazóns cos Roerich. O incidente reapareceu en parte máis adiante e provocou controversia cando Wallace se postulou como presidente en 1948 e se publicaron parte da correspondencia por parte do columnista Westbrook Pegler, que foron coñecidas como Guru Letters ("Cartas do gurú").[6]
 
Planeta menor 4426 Roerich no Sistema Solar

Galería editar

Notas editar

  1. Nicholas Roerich: In Search of Shambala by Victoria Klimentieva, стр. 31
  2. "Nicholas Roerich Museum". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 10 de marzo de 2019. 
  3. Andrei Znamenski, Red Shambhala: Magic, Prophecy, and Geopolitics in the Heart of Asia, Quest Books (2011), p. 157
  4. "Nicholas Roerich - Russian set designer". Consultado o 14 de xuño de 2016. 
  5. Nobel Prize Nomination Database
  6. "Andrei Znamenski, "Utopian in Power: Henry Wallace, Roerich, and the Sacred Union of the East". .
  7. "Dust throws a blanket over prized paintings". .
  8. Nicholas Roerich: the Messenger of Zvenigorod (vol. 1: The Great Plan, vol. 2: The New Country) (2002–2004) [resumo dos libros en inglés en "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2013. Consultado o 9 de agosto de 2012. ]; Alexandre Andreyev, Gimalaiski mif i ego tvotry [Himalayan Myth and its Makers] (St. Petersburg: St. Petersburg University Press, 2004) (en ruso)]; Andrei Znamenski, Red Shambhala: Magic, Prophesy, and Geopolitics in the Heart of Asia (Quest Books, 2011) fragmento; Ernst von Waldenfels, Nicholas Roerich: Kunst, Macht und Okkultismus (Osburg, 2011)
  9. "Bonhams : Nikolai Konstantinovich Roerich (Russian, 1874-1947) Madonna Laboris". Consultado o 14 de xuño de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar