Narcissus bulbocodium

especie de planta

Narcissus bulbocodium é unha especie botánica da familia das amarilidáceas.

Narcissus bulbocodium

Narcissus bulbocodium subsp. bulbocodium
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Asparagales
Familia: Amaryllidaceae
Tribo: Narcisseae
Xénero: Narcissus
Sección: Bulbocodii
Especie: N. bulbocodium
Nome binomial
'Narcissus bulbocodium'
L.
Distribución na Península Ibérica.
Distribución na Península Ibérica.

Distribución na Península Ibérica.
Narcissus bulbocodium subsp. graellsii no Val de Amblés.
N.Bulbocodium entre as follas de Cyclamen.

Descrición editar

É unha planta pequena con flores grandes e solitarias. Follas de cor verde escura de 1,5 a 4 mm de ancho, ascendentes. Talo cilíndrico de cor verdosa, de 10 a 25 cm de altura. Raíz bulbácea. Flores de cor amarela clara, espata visible e papirácea. Corola obcónica de 8 a 25 mm de longo, tépalos pequenos puntiagudos, estames longos cos filamentos curvados que non sobresaen do bordo e estilo longo. Froito en cápsula con 3 valvas.

Hábitat editar

En prados e pastos de outeiros e montañas, areais en alta montaña. Distribúese por Francia, Portugal e norte de África. En España na Cordilleira Cantábrica e no Sistema Central.

Taxonomía editar

Narcissus bulbocodium foi descrita por Carl von Linné e publicada en Sp. Pl.: 289 (1753).[1]

Citoloxía

Número de cromosomas de Narcissus bulbocodium (Fam. Amaryllidaceae) e taxóns infraespecíficos: 2n=22 2n=35, 42[2][3]

Etimoloxía

Narcissus nome xenérico que fai referencia ao mozo narcisista da mitoloxía grega Νάρκισσος (Narkissos) fillo do deus río Cephissus e da ninfa Leiriope; que se distinguía pola súa beleza.

O nome deriva da palabra grega: ναρκὰο, narkào (= narcótico) e refírese ao cheiro penetrante e embriagante das flores dalgunhas especies (algúns sosteñen que a palabra deriva da palabra persa نرگس e que se pronuncia Nargis, que indica que esta planta é embriagadora).

bulbocodium: epíteto latino que significa "bulbo lanoso".[4]

Sinonimia
  • Corbularia bulbocodium (L.) Haw.
  • Narcissus bulbocodium var. genuinus Cout.
  • Narcissus bulbocodium subsp. vulgaris Cout[5].
  • Narcissus aureus DC., non Loisel.
  • Narcissus bulbocodium subsp. bulbocodium
  • Narcissus bulbocodium subsp. obesus (Salisb.) Maire
  • Narcissus graellsii Graells
  • Narcissus nivalis Graells
  • Narcissus obesus Salisb.
  • Narcissus tenuifolius Salisb[6].
Subespecies e variedades
  • Narcissus bulbocodium subsp. bulbocodium
  • Narcissus bulbocodium var. pallidus (Gattef. & Weiller) Maire & Weiller
  • Narcissus bulbocodium subsp. praecox Gattef. & Weiller
  • Narcissus bulbocodium subsp. quintanilhae A.Fern.

Notas editar

  1. "Narcissus bulbocodium". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 18 de abril de 2013. 
  2. Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955)
  3. Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955)
  4. En Epítetos Botánicos
  5. Sinónimos en Catalogue of life
  6. Sinónimos en Real Jardín Botánico

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar